lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
31 DE XANEIRO DE 2023, MARTES |
|
.jpg)
Subidas en OS VECIÑOS é TRABALLANDO DURO.
En portada unha desas demolicións que merecerían un bó castigo. Unha mansión, casa ou chalé, diseñada e creada por Jenaro de la Fuente, frente a estacion vella, na actualidade Museo do Ferrocarril. Esta fotografia esta datada arredor do ano 1974. A dereita, as dúas casas altas, eran propiedade de Juan Vazquez Herves, un emigrante a Estados Unidos con moita fortuna. A casiña que da a praia, tamén formaba parte da súa propiedade. Nela viviron moitos anos, Candida Bernárdez e os seus fillos, Marisa, Gina, Manolo, Luis e Tarano. O pai andaba embarcado. Si nos fixamos na fotografía, vemos unha especie de caseta anexionada a casa: era o water, nunha forma de vivir moi distinta.
A casa daba a praia, si estaba a marea chea e habia temporal, o mar salpicaba o domicilio da familia Bernárdez. Para pasar, había que mirar o ritmo das olas, aproveitar cando collían impulso e botar a correr.
Co paso do tempo (cando a familia Bernárdez xa se mudara), chegaría Dona Laura, a súa profesión fora a de comadrona en Compostela. Gustáballe moitísimo o mar, quixo pasar a última etapa da súa vida nese lugar.
A continuación, existía outra casa, propiedade da mesma persona, na que residiron un tempo José Luis Vila e Maruja, a súa muller, coas dúas primeiras nenas do matrimonio, Bibita e Marilín. Logo, Maruja Abuín e Andrés Ureba, con Monchita, a súa filla.
Pasando o chalet, chegaba a chamada casa de Pou, durante anos coidada pola familia Gallego, Julio e Mirita, que vivían enfrente, nas Casas da Renfe.
Esto forma parte da miña memoria personal, xa que desde os nove aos vintetres anos, vivimos nese primeiro piso, arrendados, na casa de Juan Vázquez, que lindaba coa mansión marabillosa de Jenaro de la Fuente. Lugar dos meus xogos de infancia. Forma parte desas imaxes prendidas nas retinas e sobre todo, no corazon, de ver un mal día, como as máquinas do horror desfacían parte do espacio, do lugar de xogos e soños, soños de infancia que son os que en realidade marcan as vidas.
É, o mais importante, que fixeron desaparecer unha parte do PATRIMONIO, de tódolos vilagarciáns.
Despedimos Xaneiro, foi bastante duro no climatolóxico, primeiro asoballóunos a choiva e logo o frío. Coma sempre Xaneiro, duramente.
Bos días, moita saude. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|