Sari Alabau e Rafael Pillado na sede do Faiado da Memoria.
Con motivo do 40 aniversario das primeiras elección demócráticas celebradas neste país, tanto ao Congreso e Senado como as administracións locais, O Faiado da Memoria realizou unha exposición que ocupaba todo o local da Praza de Ravella. A exposición que recibía o nome xenérico de TEMPOS [de] GRISES, contou con un apartado para a fotografía xornalística do tempo da transición, tanto a nivel local como galego, diversas vitrinas con material (orixinal na súa maior parte) cedido por diversas organizacións políticas, sociais e sindicais así como de coleccións privadas, tanto de revistas, documentos, panfletos, manifestos etc. Unha sección de cine gravado por distintas personas, a nivel estatal e galego, que nos mostraban as incidencias e loitas que se levaron a cabo naquela transición que non era, precisamente de cor rosa. Culminando todo realizáronse unha serie de charlas e debates con personas que foron protagonistas naqueles anos deses movimentos. Estes debates estaban divididos por zonas xeográficas: Sari Alabau e Rafael Pillado, presentados por Olalla Bouza, falaron do finais do franquismo e das loitas que tiveron lugar en Ferrol en 1972.