lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Blanco Mariño

Veciño da rua das Mulatas no entorno entre San Jose e a Caldihuela, Manolo traballou nos talleres da Renfe, como forma de homenaxe, as palabras adicadas a sua figura de Cruz Lopez A familia de Blanco Mariño o noso sentido pesame.
Conservo un par de fotos daquel día, do que xa pasaron máis de 20 anos.
Manuel estaba feliz.
Acompañábao na presentación do seu poemario, o seu admirado Xesús Alonso Montero.
Traballador como carpinteiro nos talleres da Renfe en Vilagarcía, de escasa formación académica, pero amante dos clásicos e autodidacta, publicou a súa obra durante máis de 40 anos nos principais xornais galegos, na revista Galicia da Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, en programas de festas, revistas, folletos…
Foi da man do profesor Alonso Montero pola que eu cheguei á figura de Blanco Mariño, como traballo final de carreira. Espertara a miña curiosidade aquel poeta que, nunhas coordenadas socioeconómicas e culturais tan pouco favorables, teimara en facer da poesía a súa arma de combate fronte a inxustiza social, e tamén, porque a diferenza doutros autores coetáneos, Blanco Mariño escribiu a totalidade da súa obra en galego.
Ese traballo académico foi o alicerce de Sentimentos da alma galega, o libro que, no ano 2000, publicou e presentou o concello de Vilagarcía (as fotografías son dese acto), a raíz dun artigo do profesor Xesús Alonso Montero no que conminaba a recompilar esa obra espallada,.
Con ilustracións de Xaquín Chaves, limiar e edición ao meu coidado, presentamos no verán do ano 2000 unha humilde antoloxía poética que recolle parte do seu poemario, publicado ou inédito, ao longo de máis de 50 anos.
Foron moitas as horas de conversa compartidas, de lectura, revisións de poemas, correccións, apuntamentos, transcrición de textos… e tamén o comezo dunha amizade que se prolongou ao longo da vida.
Asinou varios dos seus poemas como o poeta carpinteiro , ou o poeta proletario. Gustáballe definirse como un poeta de denuncia.
A miña voz cando eu morra
ha de seguir camiñando
ha de vivir entre a xente
contra a inxustiza berrando (…)
Desde novo foi un obreiro da palabra, un artesán da poesía, que converteu na súa principal ferramenta para denunciar a opresión da clase traballadora: labregos, mariñeiros, obreiros, xunto a outros temas como a emigración, o capitalismo feroz, a pobreza, a inxustiza social, as desigualdades… nun momento no que, como o mesmo autor definía, “a verdade na palabra era delicto”. Sen baixar a cabeza perante o franquismo, nin a censura da época, que petou en varias ocasións nos seus versos.
Non lle tremeu a man ao escribir louvas, en plena ditadura, a Fidel Castro ou a Federico García Lorca ou a denunciar o espolio dos nosos recursos como refire no poema de 1966 sobre a represa de Castrelo do Miño:
(…) O camiño do progreso
asulaga a nos aterra
comendo as mellores veigas
e sen deixar rastro delas (…)
(…) Nin que os galegos naceran
para emigrar a outras terras!
Sendo Galicia tan rica
que pobre é quen nos goberna!
Coa súa primeira publicación no ano 1961 en La Noche, este vilagarcián de adopción inicia unha andaina literaria que será recoñecida por intelectuais como Alonso Montero ou Méndez Ferrín, quen na súa obra, De Pondal a Novoneyra, o integra na chamada Promoción de Enlace, constituída por poetas nacidos entre os anos 20 e que constitúen un elo, aínda que feble, entre a xeración do 36 e a terceira xeración do século XX.
Polos seus versos de denuncia nunha longa época de cabezas baixas e silencios, polos poemas moitas veces xostregados pola censura, pola valentía do que non se arredou ante as circunstancias merece que a súa voz non fique no esquecemento.
A historia local debería formar parte do currículo escolar, por iso me gustaría reinvindicar o coñecemento, cando menos na nosa contorna, da figura de Manuel Blanco Mariño, porque, como ben apuntaba o profesor Alonso Montero, xa “facía excelente poesía social en Galicia antes de Longa noite de Pedra (1962)”.
Na súa memoria,
Manuel Blanco Mariño
(Iria Flavia, 1929- Vilagarcía, 2021)
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2021 07:44
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Un besiño enorme para todos de t#blgtk08#oda mi familia con mucho cariño.
Comentario por Mari Carmen Cuervo Morquecho (26-09-2021 15:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0