lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Reivindicando a Romeria |
|
 Onte, domingo 5 de setembro, o Faiado da Memoria celebrou e homenaxeou a romería que se celebraba cada ano na illa de Cortegada na primeira semana de setembro... de fai mais de cen anos.
Foi unha viaxe un pouco movida desde o principio, xa na súa organización, as páxinas que falan da metereoloxía, amenazaban o noso proxecto co que sería o comezo do diluvio universal. Pasaban os días e a cousa foi mellorando.
E xa era a víspera e todo parecía brilar, unha chamada advírtenos de que o barco que nos tiña que levar estropeouse. Parecía que alguén nos puxera dúas velas negras e como íamos superando a proba, ía poñendo algunha mais. Pero Luis de Corticata, que era quen nos tiña que transportar, arranxou todo e alí estaba o domingo pola mañán para sair cara a illa.
Podemos asegurar que a xornada foi inmellorable, quizás un pouco calurosa de mais, claro que eso permitiu que a xente disfrutase do baño, o mar estaba acolledor, coma sempre na Illa mais bonita do mundo, a Illa de Cortegada.
Cando chegamos a Carril esperábanos Sonia García e Santiago Collazo, Arqueologa e Historiador, os dous con intervencións en proxetos na Illa. Sonia contóunos o que se leva facendo na igrexa de Cortegada, falounos minuciosamente de todas e cada un das recuperacións, que cos nosos propios ollos comprobamos. Parecéronos absolutamente acertadas porque sempre nos da un pouco de medo os humanos cando poñemos as mans en algo asi. Todo asoma natural, como foi nos tempos dos nosos avós.
Logo de escoitar a Sonia acercámonos ao poboado, moi preto, baixo o abrigo dunhas árbores, iniciou a súa charla Santiago. Falóunos da Historia de Cortegada, todo moi ameno, xa estábamos metidos de cheo nas catacumbas da Illa de Cortegada o que sempre nos leva a unha marea de sentimentos que a medida que nos acercábamos as casas, facíanos “sentir” as mesmas emocións de sempre, acercábamonos a nosa historia persoal ao noso pasado asumido e querido.
A xente que estaba na visita coñeceu da nosa man uns retazos da vida de Roque Ramos e dos seus fillos, Juan e Pepa, e se pudo ver de moi cerca as ruinas das casas que quedan en pé.
Como xa era un pouco tarde decidimos deixar a camiñata arrededor da illa para despois de xantar. E así o fixemos.
Foise a dala volta a Illa, ao camiño do carro, a escola, os loureiros, a ruta xacobea do mar, as malveiras e toda a paisaxe fermosa que circunda esta nosa illa. E no momento da explicación do mito do Urco e os rapaces da illa fan presencia diante de nos, como contratados exprofeso para o espectáculo, un grupo de arroaces en plena cacería alimenticia que fixeron a ledicia de todos e todas, en fin un día completo que nos fixo dormir plenamente.
Non queremos despedirnos sin dar as gracias a Pepín Fernández, Director de Parques Atlánticos, quen levou da súa man a xestión da nosa viaxe o cual queremos agradecer como se merece.
A Luis e Andrés, propietario e patrón do barco da empresa Corticata, eles fixeron moito mais fácil todo, O FAIADO DA MEMORIA, agradece sin esquencer a Sonia e a Santiago, as mans extendidas, ao noso querido fotógrafo, amigo, chegado de Gondomar, da empresa OLLOMOL, Pablo Banga e sobre todo a nosa xente por acompañarnos unha vez mais.
Bos días, na carpeta de A XENTE QUE FAI FAIADO, atoparedes algunha fotiño de onte.
Gracias e Saude
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Unha vez mais parabens merecidos por a vosa dedicación a poñer en valor parte da histori#blgtk08#a do noso pobo do Carril, gracias ea continuar, vexo que ilusion non vos falta, saudos. |
|
|
Comentario por (06-09-2021 12:03) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|