lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Proximo Xoves |
|

Seguindo coa apertura a unha normalidade cultural e de que temos que ir despexando de nos ese medo e desfutar pouco a pouco dos actos que antes desenvolvíamos sen problemas, máxime cando xa estamos moitísimos vacunados (aínda que sexa cunha primeira dose), O Faiado da Memoria ofrece este xoves, día 27, ás 20:00 horas, unha charla co xornalista ALBERTO AVENDAÑO no local da asociación, Praza de Ravella, 27-1º.
Alberto Avendaño (Vigo, 1957), escritor e xornalista, retornado da emigración norteamericana, onde traballou -entre outros medios- como director de Tiempo Latino, e no The Washington Post, radicouse en Vilagarcía de Arousa. Licenciado en filoloxía inglesa, foi tamén profesor de inglés en Galicia e nos Estados Unidos de América. Foi gañador de tres premios Emmy.
Na meteda da década de 1970 fundou en Vigo, con Antón Reixa e Manuel Romón, o Grupo de Comunicación poética Rompente, co que revolucionaron a escrita literaria daquel tempo, marcado pola poesía social e a denuncia política, da que non foron alleos, máis avanzando cara o vagardismo. Rompente fixo da cultura literaria un espectáculo visual e auditivo rompedor, modernista, con experimentacións que deixaron un ronsel de seguidores entre as novas xeracións poéticas.
Alberto Avendaño é autor de varias obras, individuais e colectivas, entre as que destacan: Silabario da turbina (1977); Facer pulgarcitos tres (1979); a versión teatral de O mozo que chegou de lonxe (1990); Washington (2017) ou Pandemia (2020).
Dende que desaparece o Grupo Rompente, en 1983, non volverán xuntarse os seus membros, ata que o retorno a Galicia de Alberto Avendaño cohesiona e motiva a refundación deste colectivo que promove nestes días o que será o seu novo libro: Que hostia dín os rumorosos?
E ese será o título da charla, Que hostia din os rumorosos? 40 anos despois.
O Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983) na historia sociocultural de Galicia.
Na mesa estarán presentes, aparte de Alberto, a escritora e profesora, Patricia Arias Chachero e o editor e escritor, Antón Mascato.
Acto: QUE HOSTIA DIN OS RUMOROSOS? Charla con Alberto Avendaño
Lugar: LOCAL DE O FAIADO DA MEMORIA, Praza de Ravella, 27 - 1º
Hora: 20:00 horas
Participan: Patricia Arias Chachero, profesora e escritora
Antón Mascato, editor e historiador
Alberto Avendaño: escritor e xornalista
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|