lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DIARIO DE AROUSA |
|
.jpg)
Por Anton Xil no Diario de Arousa
Antón Xil
Desde o faiado da memoria...
Moitos foron e son as persoas que en Vilagarcía de Arousa fixeron e fan un esforzo ímprobo por recuperar e manter activos moitos dos recordos individuais e colectivos que conforman o noso acervo sociocultural e forman parte da nosa historia contemporánea. Pero tan importante como recopilar ese material, estudialo e interpretalo é tamén poñelo en valor e divulgalo. E aquí quen se leva a palma é, ao meu modesto entender, O Faiado da Memoria, entidade que dirixe un tándem excepcional como é o conformado por Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, tanto monta, monta tanto?
O seu traballo aprol do rescate do esquecemento de persoas, historias, figuras, xestos, heroicidades silenciosas, a cotidianidade do pasado ou a nosa intrahistoria fan desta entidade un elemento en si mesmo digno de toda loubanza e apoio por parte da cidadanía arousá.
Agora están con outra ?historia?, a protagonizada pola memoria individual e colectivas de tres persoas que teñen moito que dicir e que contar de Vilagarcía de Arousa como son José Recuna, Cándido Castro e Enrique Vidal (a orde en que vostedes os poñan dame o mesmo porque neste caso a orde dos factores non altera o produto senón todo o contrario, o resultado é fantástico).
O proceso de catarse vai ter lugar este xoves, unha catarsis transversal da Vilagarcía do século pasado con confidencias relatadas polos seus protagonistas que farán que viaxemos no tempo e na imaxinación da man de José Recuna ata as derradeiras veces en que a escuadra inglesa poñía pé no peirado da localidade e protagonizaba aqueles míticos partidos de balompé. Tamén poderemos rememorar aquel vello voo do zeppelin que mantivo a vista de toda a cidade fixa no ceo facendo un seguemento olliplático do paso ralentizado dese inxenio humano que podía flotar no aire ante a admiración dos veciños e veciñas da capital arousá.
Tamén se poderán revivir momentos tristes e complicados e tamén a dor estará presenta no repaso da nosa memoria con Cándido Castro e o propio comisario Enrique León que se mergullarán en acontecementos luctuosos como a explosión da pirotécnica Valladares ou o negro mundo do narcotráfico na Ría de Arousa.
En fin, que sin o traballo, o esforzo e a constancia de Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro e o concurso do Faiado da Memoria e o coñecemento de transmisión oral que atesouran persoas como Recuna, Castro ou León quizais o acontecer de Vilagarcía sería, por desgraza, outra historia, ou non?
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|