lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Publicación sobre o cine en Galicia.

O libro ten un marabilloso cheiro a tinta a imprenta, é noviño, acaba de sair, os seus autores son:
Fernando Redondo, xornalista e membro da Asociación Española de Historiadores do Cinema, Cibran Tenreiro Uzal, profesor da universidade compostelana na area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Alberte Pagán, nado no Carballiño en 1965, é un cineasta e escritor galego, profesor de Lingua inglesa no IES Espiñeira de Boiro, Antía López Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid, Profesora titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, José Luis Castro de Paz ostenta o cargo de presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, ademáis e historiador de cine. De feito, convirtiuse no ano 2008 en Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Santiago de Compostela. Pablo Suárez Mansilla, Investigador bolseiro do Consello Europeo de Investigación (ERC) no proxecto dirixido por Diana Roig Sanz (GlobaLS, UOC) «Social Networks of the Past. Mapping Hispanic and Lusophone Literary Modernity, 1898-1959», é doutorando pola Université Paris Sciences et Lettres (PSL). Doutora pola USC. Profesora contratada doutora da Facultade de Ciencias da Comunicación (USC), onde imparte materias de Comunicación Audiovisual e Xornalismo. Defendeu a súa tese Modalidades humorísticas na comedia televisiva galega. Humor e ideoloxía na fórmula televisiva da comedia de situación en 2007.
A coordinadora da investigacion e Margarita Ledo Andion, profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991, onde exerce como catedrática de comunicación audiovisual. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM). En 2004 dirixe a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade), ao que seguen outros. En marzo de 2008 é seleccionada para ser membro da Real Academia Galega, e en maio dese mesmo ano recibiu o Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente ós Premios Nacionais da Cultura Galega.
Xa estamos a ver o curriculum impresionante no eido do cine e da investigacion, xente da universidade e do cine que fan un traballo sobre a historia mais reciente do audiovisual en Galicia. Bueno si o fan, agradécese, e si falan de nos agradécese dobremente.
As veces pensamos que todo o que se leva feito vai rodar no esquencemento como outras cousas. Graciñas a todos polo pulo nestes tempos de pandemia tan duros e tristes.
Seguramente que en ese Faiado da Memoria que se menciona no libro, na sua sede podemos cando recuperemos a normalidade falar un pouco de todo, do libro, e do que levamos traballado desde aquel 25X24 no que o Caeiro era un rapaz que escomenzaba cun soño e que na actualidade sigue a traballar empoderado cas imaxenes e poñendo en valor os sonos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2020 21:50
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0