Estimadas Amigas e Amigos, ante todo moitas gracias polas vosas colaboracións para poder facer que este proxecto de LOLA poida sair adiante cunha certa tranquilidade ao saber apoiado por vos.
Acabamos de sobrepasalo límite mínimo esixido desta campaña de micromecenado e estamos alborozados posto que o fixemos a dez días do final.
Logo vai seguir para ver si se chega ao óptimo, pero o básico xa está logrado.
Xa estamos preparando as gravacións que nos quedan por facer, ainda que agora temos un problema de tempo, non só atmosférico que tamén, senón de tempo de luz para poder facelas viaxes dunha forma cómoda e que nos rinda o día.
Pero o mais importante, nestes momentos, é agradecervos por este esforzo que acabades de facer que suple, en grande medida, todo aquelo que as institucións non logran facer, por medo, ignorancia ou desidia.
E como estamos sempre ben acompañados de amistades deixámosvos un pequeno vídeo das excavacións que realizou a ARMH en Ponteareas, a petición nosa, para intentar sacar o corpo do irmán de LOLA que estaba soterrado alí xunto a sete personas mais. Ao final sacáronse 13 corpos entre dúas fosas. A música que sona é a canción de Víctor Manuel "como me voy a olvidar" e que formará parte da banda sonora do documental gracias ao altruismo do cantante que nos la cedeu para ese fin.