lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A historia do nacemento de Vilagarcía rexurde no local do Faiado da Memoria O filólogo e edil da Corporación, Gaspar González Somoza, foi o encargado de ler o documento. |
|
 Artigo de Fatima Frieiro no DIARIO DE AROUSA
Fotografia de Monica Ferreiros
A historia do nacemento de Vilagarcía cobrou onte vida no local do Faiado da Memoria. Fíxoo na voz do licenciado en Filoloxía e edil da Corporación, Gaspar González Somoza, que foi o encargado de ler un documento cuxa única edición data do 1965 e é obra do ilustre Fermín Bouza Brey.
O certo é que moito se ten especulado sobre cal foi a data exacta da fundación de Vilagarcía como tal e incluso moitos historiadores apostan por unha ou outra data. Gaspar González Somoza explicaba onte durante a súa intervención no Faiado que o documento, escrito en galego, non deixa lugar a ningunha dúbida. A súa lectura di que Vilagarcía se fundou no ano 1471 e que foi a partir daí cando este enclave arousán empezou a coñecerse como tal.
O documento, a única edición que se conserva, foi doada ao Concello de Vilagarcía no ano 1996 pola viúva de Fermín Bouza Brey. Sumerxirse neste documento escrito a man é unha forma única de adentrarse nas arterias de Vilagarcía e, a partir daí, ir tirando do fío. Foi precisamente iso o que se fixo onte no local do Faiado no que se agochan historias de diferentes épocas da capital arousá e donde se segue a traballar na recuperación da memoria viva e oral.
A ?Carta Puebla? foi onte a protagonista da xornada de recordo e de divulgación e unha ocasión perfecta para os amantes da historia para coñecer de preto cales son os orixes de Vilagarcía.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|