Fai case dez anos que O Faiado da Memoria viu a luz por primeira vez. A data de cumplimento está posta no 9 de maio de 2008, ainda que antes xa estábamos argallando o espazo de interactividade que deu lugar ao proxecto que hoxe coñecemos e que nos primeiros meses do ano que entra se vai a consolidar totalmente.
Dez anos onde, a falta dun espazo físico, creamos este blog que estás a leer agora para poder mostrar e identificar as fotografías que íamos conseguindo, primeiro timidamente e logo a chorros. Espacio que tivemos que abrir a unha páxina nova que sigue día a día crecendo sen parar.
Pero nada disto serviría de nada se non contásemos coa vosa presencia a nosa beira. Iso é o que lle da ánimo a Margarita patra levantarse moi temprán cada mañán e colocar na páxina nova a súa ración de fotografías diarias para que sempre teñades unha excusa para facerlle unha visita.
E dentro de pouco, a cousa pode ser mais personal, simplemente tedes que seguir atentos a esta pantalla.
De momento deixámosvos aquí a tarxeta coa que os queremos dalas gracias pola vosa presenza e darvos a benvida ao ano do décimo aniversario.