lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe Festival Primavera do Cine, 2014
xa sabedes de que o libro PEDALEANDO POR VILAGARCÍA xa está na rúa e pódese adquirir tanto na LIBRERÍA NOBEL(de Vilagarcía e outros lugares do país), onde tamén atoparedes o documental, en DVD, DESDE DENTRO DO CORAZÓN.
Así como tamén o podedes conseguir por internet a través da páxina de PHOTTIC (pinchade no nome e levaravos directamente ao sitio) ou, de forma personal, contactando con O Faiado da Memoria.
PEDALEANDO POR VILAGARCÍA é o compendio da exposición que, co mesmo nome, estivo presente no Centro Comercial Arousa durante os meses de xuño e xullo de 2015 e nas rúas da zona peatonal en agosto do mesmo ano.
Como non queríamos que se perdese esa valiosa información que tiñan esas 116 láminas, e aceptando a invitación de PHOTTIC para a realización de un libro de fotografías, dimos en por en valor ese traballo e este é o fruto que agora vos presentamos para o voso deleite e disfrute.
Gustaríanos que o libro tivese unha boa marcha de compra o que nos posibilitaría de que a editora tivese confianza en nos e poidamos sacar algún traballo mais posibilitando o poder acercar estes arquivos gráficos da nosa Memoria a un estado mais alá do virtual de internet e poder telos na casa. Por iso confiamos en vos como sempre o fixemos, dunha maneira cega.
Aquí vos deixamos cun vídeo realizado o día da presentación en sociedade.