lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As fotos son de Jose Luiz Oubiña |
|
 Onte no concello inauguramos a Exposicion ECOS DE CORTEGADA, que e a entrega o homenaxe noso a aquela xente que lles quitaron as suas pertenencias e tiveron que calar a boca porque vivian unha epoca en que non podian facer outra cousa.
A inauguracion foi un exito, exito en primeiro lugar de xente, coma sempre os do Faiado sentimonos arropados, queridos, exito de que tecnicamente nada fallou, a xente gustoulle, saiu encantada as veces chorando os sentimentos de ver nos paneis a un pai a unha nai e forte...Xa sabedes que estara aberta mañan e tarde hasta as nove e media da noite todolos dias hasta finais de Agosto.
Onte mentras todo o mundo disfrutaba de ese primer impacto ca exposicion, duas amigas Maria Dolores Mariño e Esperanza Alcalde ultimaban os pinchos que ofrecemos e que foron colaboracion de Los Peperetes de Carril e Corporación Alimentaria Peñasanta antigua Larsa, pois ben eses pinchos que hubo que quentar etcetera o traballo de poñer as mesas...o fixeron as miñas amigas as que desde aqui mandamoslle un bico.
Na ultima parte de recollida agradecer e mandar outro bico a Mari Patiño que foi a ultima en sair do concello.
A todos moitas gracias pola vosa presencia, a Sonia concelleira de Cultura e a Juan Antonio concelleiro de Turismo o noso agradecemento por entender a recuperacion da memoria dos poboadores da illa de Cortegada. Bos dias saude. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Hola a todas-os. Dende logo como era sabido, a innaguración da exposición sobre Cortegada, foi todo un éxito. Espero que durante éstes días, a xente vaia a vela con calma. Onte fun tomar unha ca#blgtk08#ña a Baldosa, e levaba na man un programa da exposición, e un señor preguntoume en onde era, póis él vira un, pero non poñía onde estaba a exposición, e parece ser que lle interesaba. Un saudo. |
|
|
Comentario por Mari Patiño (05-08-2016 10:13) |
|
|
2 |
Tamén eu son un máis para decir que todo éso me gusta moito, pero o que non sabemos entender é que eu non podo andar máis de 100 kms. e chegar á miña casa cando os mouchos empezan a celebrar o seu botellón dos venres de agosto. E moi diferente si vivo ahí.
Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, ahí está ésa foto que o di todo. Non podo ser coma aquél monaguillo que axudaba#blgtk08# á Misa é repenicaba, ao mesmo tempo. Eu xa fai moito que D. Francisco Chantada me dou a Primeira Comunión, unha barriña de pan, unha onza de aquél chocolate para pobres e paremos de contar, que xa está ben... FELICIDADES
a todos cantos participaron no traballo de montaxe.
O traxe de Margarita, moi bonito. Ése roxo sempre me gustóu moito. Por algo será...
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (05-08-2016 23:30) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|