lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Benvidos |
|

Margarita Ledo e Xoán Carlos Garrido presentan os seus documentais sobre Manuel María
O poeta Manuel María protagoniza dúas sesións de cinema audiovisual que terán lugar o xoves e o venres, ás 20 horas, na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía. Ambas proxeccións, con entrada libre, dan inicio ás actividades públicas que o Concello de Vilagarcía lle dedica á figura do poeta chairego.
O xoves, día 19, a cineasta, profesora da Facultade de Xornalismo, académica e escritora, Margarita Ledo, presenta a súa obra Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra. Un documental arredor da figura do escritor a quen Galicia lle dedica o Día das Letras de 2016.
Introducida pola concelleira de cultura Sonia Outón e acompañada polo editor Antón Mascato, a actual docente de Comunicación audiovisual da Universidade de Santiago, proxecta esta obra de carácter intimista que se converte nunha homenaxe narrativa e visual ao poeta da Terra Cha co que compartíu amizade, edición e activismo político e cultural.
O venres, día 20, será o profesor Xoán Carlos Garrido, docente e historiador quen ocupará a mesma mesa da Sala de Conferencias do Auditorio, tamén acompañado pola concelleira de Cultura e por Antón Mascato, para presentar o seu traballo sobre as diferentes viaxes protagonizadas polo poeta Manuel María, tanto no interior de Galicia, como no exterior. Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María, é o título da obra, en realidade trátase do legado máis introspectivo da paixón viaxeira do escritor. Este traballo é o resultado das procuras entre os arquivos persoais dos amigos e compañeiros de viaxes do poeta, achegando algúns materiais que teñen varias décadas de antigüidade, o que lles confire un alto valor documentario.
Na fin de semana o Concello continúa cun evento na rúa Covadonga, entre as Prazas de España e de Galicia, na que haberá lecturas de poemas, títeres, exposicións, recitais de música e poesía, un encontro folclórico, Big Band Jazz e unha Feira do libro, na que estaremos presentes cos nosos traballos documentais e música, entre outras actividades. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Hola a todas-os. Interesante semana cultural, con un motón #blgtk08#de actividades. So falta que o sol nos acompañe. Un saudo. |
|
|
Comentario por Mari Patiño (19-05-2016 09:56) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|