lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O 27 de Septembro

Estreamos documental en Vigo, no auditorio do concello, estreamos a Volta dos Nove, estreamos unha chea de soños, de traballo. En dous mil seis cando Antonio e mais eu nos coñecemos A Volta xa iba avanzada, por unha chea de razons se quitaron outros traballos adiante, a Volta quedou parada. Pois agora vai. Seria importante para nos sentirnos acompañados. Estades TODOS-AS invitados.

Coa última frase deste poema de Fran Alonso, comenza o noso novo documental de A VOLTA DOS NOVE que se vai a estrear en Vigo (Auditorio Municipa, Praza do Rei, 1) o 27 de setembro, sábado, ás 20:30 horas

Avoa, que son esas cruces?
Sonche fillo, a marca do crime, da infamia e a luz
taquigráfica que levanta acta para o auditorio
da historia. Ah, que baixo falas, avoa.
Non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Tanto ten, avoa, agora sei;
é unha historia covarde de horror e de espanto
co silencio do mar, testemuña de cargo, batendo
sobre as rochas e as penas, entre a brétema dun cabo:
cabo castigo, cabo tristura, cabo rocha cun
exército necrófago, oficiando na estrada as cunetas
da Bombardeira. As cruces son as cicatrices
da terra, o berro anónimo que se converte en rapsoda
da traxedia desde aquel mencer de outubro do 36,
cando unhas mans riscan o chan e serigrafían
a lembranza que agora se abraza na árbore dos heroes.
E quen as fai, avoa? A xente, que disque non se fan soas
e non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Ah, son as pegadas da rabia,
da rebelión que perpetúa ao vento a memoria coma
unha zanfona. As cruces, nove; unha por cada corpo sen vida:
nove na Volta dos Nove. Nove para esconxurar a infamia e
convocar as vítimas: o Manuel, o Felicísimo, o Ghonda,
o Lijó, o Rei Chiquito, o Fidel, o Pelonio, o Ferreiro
do Burgo, o Generoso. E a música, avoa? Son as
voces dos presos de Oia, que cantan coa tripa e
non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Son nove, avoa, nove imborrables
cruces con nomes de goma, nove pingas con que
a acordanza grava a metraxe inmedible dun crime
impune. Escoita, avoa, son as cruces as que levantan
a voz, e o seu eco de sangue érguese máis alá da dor,
máis alá do medo, máis alá do mar, máis alá do tempo.

Poema de Fran Alonso cuio texto final abre o documental de A VOLTA DOS NOVE
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2014 07:43
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 "A VOLTA DOS NOVE"...
---------------------------------------------------------------------
Me encantóu o poema que figura nesta páxina do FAIADO. E si temos en conta o que representa, a cousa é moi triste, como triste e recordar todo cánto pasóu na vella España por aquéles tempos... Por éso, moita xente non quere "revolver" todo aquélo, para non ter que vivir de novo fases dun tempo que non desean volver a vivir... Pero como todo esto forma parte da Historia dos povos, non todos temos os mesmos sentidos. Na miña familia non houbo casos como os que se relatan no guión da película, dónde hai nove persoaxes que a película os desgranará...

E tamén pode que haxa persoaxes xa desaparecidos que vai quedar "co cú ao aire", como decimos na nosa aldea. Persoas que tiveron outro modo de vivir é que hoxe vai sendo hora de que todos sepamos quén mandóu facer "todo aquélo"... Sí, ¡que o sepan!, para que non vivamos toda a vida enganados. Aínda hai xente por ésas terras que siguen anclados no ano 1936, cando José Antonio "aterrizóu" por esas terras, coa camisa azul é bordados no seu peito os diversos símbolos falangistas que adornaban a prenda.

Sólo deseo que todo sea tan bonito como os que estades a vivir.
Pero pensar que non sempre se enterróu todo "aquélo". Sabedes de aquél refrán qu#blgtk08#e decía... (máis ou menos): "DONDE HOUBO LUME, CASI SEMPRE HAI CINZA", que pode volver a ser lume, si soplas un pouco na cinza. E con esto, queda todo dito, ¿non si? Pero... ¡moito ollo!

Xa me enteraréi polas páxinas do FAIADO que todo saléu coma vos queríades. Con esto, me chega. Porque detrás do éxito de público ven sempre acompañado polo éxito da crítica, como tan ben sabedes cántos estades metidos no mesmo barco. ¡Moita sorte en todo, é adiante!!!
Eu sempre trato de animar, como tamén vos animaría si estivérades remando nunha traíña, nas regatas do Carme, na Praia Compostela...
Porque sodes do noso equipo. Do meu, claro... Bicos a montes...
*********************************************************************
"MIÑA TERRA, MIÑA TERRA,
TERRA DÓNDE ME EU CRIÉI;
HORTIÑA QUE QUERO TANTO...
FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI...
........
PRADOS, RÍOS, ARBOREDAS,
PINARES QUE MOVE O VENTO;
CAMPANIÑAS TIMBRADORAS,
DA IGRESIÑA DO LUGAR"...
...............
Rosalía de Castro
..........
Parabéns para os que tiveron o acerto de incluir
o texto de este Poema na película "A VOLTA DOS NOVE".
Me gustóu moitísimo. E despóis falan dos directores
do cine que hai en USA. É logo aos de aquí ¿quéééé?
Comentario por E. García - Santiago (28-08-2014 11:30)
2 Gracias por todo Eduardo.Moitos #blgtk08#agradecementos e un forte abrazo
Comentario por Margarita e Antonio (28-08-2014 14:33)
3 hola a todas-os.
Eu dende logo, non teño nin idea de poesia, pero esta, eche ben triste, e o peor, e que fala de cousas terribl#blgtk08#es que pasaron, non hai tanto tempo, pero facemos como o avestruz, a cabeza vaixo a terra, e así, non nos enteramos de nada. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (30-08-2014 17:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0