lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Queremos ser agradecidos |
|
 Porque na casa nova a dia de hoxe temos cento coarenta e duas persoas rexistradas, non falamos de visitantes, eso podedelos comprobar cada un de vos foto a foto si tendes curiosidade, en cada foto sae o numero de visitantes que tivo. Nunha de onte entraron trescentas trinta e duas persoas...nun dia non esta mal. Por eso queremos dar as gracias. Dentro de mes e medio, o dia doce de Agosto fara un ano da presentacion publica da nosa casa nova e o balance e bastante positivo, non se traballa para un desierto, podia millorar en comentarios pero vendo o que hai arredor, etamos vivos, existimos. Bo dia, moitas gracias |
|
|
|
8 Comentario(s) |
|
1 |
Si no ocurre nada imprevisto esta vez parece que me funciona el ordenador....me lo han prometido. Recoj#blgtk08#o la indirecta y prometo estar más atenta....No siempre está el tiempo bueno...Felicidades. Un abrazo |
|
|
Comentario por Marité Montesinos Castro (26-06-2014 14:29) |
|
|
2 |
Gracias a vosotros por el trabajo que haceis,escanear,or#blgtk08#denar etc,etc.etc.Yo disfruto un montón.
|
|
|
Comentario por Rita Garrido (26-06-2014 16:01) |
|
|
3 |
Yo tambien os lo agradezco todo lo que haceis,yo que estoy fuera de Vilagarcia, me hace mucha ilusion de ver t#blgtk08#odas estas fotos, me gustaria comentarlas con mas frecuencia pero ultimamente no tengo mucho tiempo. Un saludo |
|
|
Comentario por Margarita Mosquera Porto (26-06-2014 20:40) |
|
|
4 |
Gracias siempre por vuestro buen hacer, pero ya sabes Marga que en este pueblo reconocimientos pocos, lo q#blgtk08#ue queda es el disfrutar de un trabajo hecho con cariño que a unos les gustará y a otro no. Animo
|
|
|
Comentario por Mila Cuervo (26-06-2014 21:26) |
|
|
5 |
A casa da esquerda era o bar Názara,a seguir,a carpintería de Quintáns,i á deréita Iris de Paz..Un anaco do barrio do Castro que o povo de Vilagarcia non sóupo, -ou non quixo- conservar...Mágoa pois xa non ten arranxo posible..Só nos queda lóitar, pra que o póuco que queda, saibamos mantelo polo ben de todo-los que amamos a arquitectura dos nosos abós ,que sin tantos médios coma hoxendia, tiñan #blgtk08#uns coñecementos extraordinarios do que era una arquitectura -como sempre eu digo- armonizada..Esperemos que as reformas da fonte i praza do Castro teñan un remate de agrado pra tod@s, i que políticos i técnicos váian da man,-hata si e necesario consultando @s cidadáns- consensuando calquera reforma que teñan a ben acometer no futuro...Polo benestar, incluso mental, de tod@-l@s vilagarciáns |
|
|
Comentario por Roberto Ocaña (26-06-2014 23:58) |
|
|
6 |
A BARRIADA DO CASTRO PARECE "OS RESTOS DA II GUERRA MUNDIAL"
··············································································
Tuvo que ser o amigo e compañeiro do FAIADO, Roberto Ocaña, que lle puxo nome a ésa foto. Non sei de qué época é o retrato, pero seguro que xa era un barrio de vivendas protexidas pero... para ratas. Non creo que pudera vivir xente no noso Castro. Esta é a miña opinión, claro está...
Houbo un tempo que eu fixera un comentario para O FAIADO e xa dixen que había que meter as máquinas e tirar todo abaixo. Non sei cómo a xente non protestóu
de una situación como ésta. Non se pode vivir no medio de tanta pobreza e con tantos bichos roedores que se multiplican cando a xente abandona unha casa dónde vivéu hai a tira de anos. Teño estado de neno, no Bazar de Telma, porque esta señora, era a esposa do meu xefe, o da Imprenta J. Paz, da Rúa da Baldosa, 31. Identifiquéi o local, porque Ocaña fixo de guía, do contrario, ¡nada!
A taberna de Názara era un sitio-refuxio de xente "rara". Freían o bacallau é o poñían para bocadillos. Estaban moi ricos, porque tamén a fame era moita. Pensar que daquéla o bacallau non tiña ése precio que agora vemos en comercios do ramo. Tomabas un bocadillo é un vaso de viño de Valdepeñas, que era dinamita pura, e todo costaría sobre dúas pesetas das de Franco... O pescado estaba rebozado con algo que tiña o color amarillo das iemas dos hovos, pero non era auténtico. Era un producto de Gallina Blan#blgtk08#ca. Pero a fame non entende de certas cousas para distinguir esto que estóu a falar. Os martes era un día de Mercado naquéla zona e entre outros platos, se servían os callos, ben preparados. Claro que a taberna non estaba para moitas cousas, pero, ¡alí estaba!
O caso da fonte do Castro, todo o mundo sabe que cando se fixo, a xente, casi sempre mulleres, facían cola para encher o balde que traían as amas de casa,
porque a Traída de Augas tardaría un pouco máis. E cando nos instalaron a auga na casa, aquélo era unha bendición de Dios... Eso de abrir o grifo e coller una pota do caldo chea de auga en dous minutos, aquélo era de botarse a chorar...
¡Tantos esforzos para levar a auga pra a casa! Deixaron de verse as reunións de veciños arredor da fonte... certos mozos que se encontraban alí coa súa parexa.
¡Algunhas mulleres deixaron de ir ó río Con, porque xa na casa había auga en abundancia! En pouco tempo se deron conta que a roupa era para lavala no Río...
Todo estaba relacionado. E tiñan razón as amas de casa, como casi sempre...
Eran tempos moi difíciles, porque no ano 1939 acabóuse a nosa Guerra é ese mesmo ano comenzóu a II Guerra europea. Que máis tarde trasladóuse a Japón...
...............................................................................
"FIXENCHE UN VESTIDO NOVO,
PENSANDO QUE TE CASABAS;
AÍNDA CHE HEIDE FACER OUTRO,
E AS DE QUEDAR COMO ESTABAS".... (Popular)
.....................
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (27-06-2014 21:58) |
|
|
7 |
SEGUIMOS NO BARRIO DO CASTRO...
················································································
Supoño que todos os de aquél tempo, bos acordaredes de que cando había función de cine (no Fantasio), é sobre de todo, cando entraban moitos "cinéfilos", aquélo se poñía de un modo "macanudo", porque se perfumaba o local, para que a xente que viña á nova función sentira ésa sensación de que parecía que entraba en outro mundo. Tendes que supoñer que antes non se usaban os perfumes. Moi pouco, porque si a xente non tiña para cousas máis importantes, os perfumes, ou auga de colonia, a xente non gastaba nada en esto. Ou máis ben, pouco...
Sin embargo, cando ibas ó barbeiro, cortabas o pelo e afeitado, era aquí dónde o barbeiro "daba o seu punto", con colonias que compraba a granel na Droguería do señor Emilio Pérez Salgado. Quero decir que o barbeiro, por veces, "se pasaba" botando perfume, creo que para quitarche outros cheiros que salían do teu corpo. Porque os cuartos de baño, sólo se "vían" nas películas americanas. Quén máis, e quén menos, usaba unha bañera con auga quentada na pota do caldo. E así quitabas aquéles cheiros corporais.
Pero antes, había certos barbeiros que lle complicaban a vida dos seus clientes; cando éstos chegaban onde a súa muller... Porque como o seu home cheiraba tan ben, había algunha que pechaba a súa habitación para que o seu home non pasara porque creía que o perfume que traía o seu home llo botaran nunha casa moi famosa que había cerca do Concello, coñecida como a "Casa da Dominga"... Creo que a xente veterana de Vilagarcía, sabrá entender esto, perfectamente. Tamén había homes que non aceptaban ningún tipo de perfume para evitar de falar na casa do asunto, que motivóu máis de un problema matrimonial. Ou tamén, nas parexas de mozos, que non se escapaban destos asuntos. É que aquél perfume, era moi "pegadizo" e cheiraba moi ben. ¡Palabra!
Decía antes, que cando o Cine Fantasio tiña unha entrada boa de xente, se abrían as portas de atrás, que tiñan enfrente a Casa Názara, precisamente. Era un tempo que nos coñecíamos todos. Sólo che faltaba saber o nombre, do resto, non facía falta nada. Era como ter o Xusgado na casa. Henchíamos a boca decindo que éramos de Vilagarcía... Pero ¿qué era o teu povo? Media ducia de persoas con corbata, todo-los días, é para de contar. ¡Meus pobres! Conste que eu me sinto como o mellor vilagarcián que houbo desde que nacín... Nosoutros éramos como un pedazo do barrio de Castro. Todo era labia, pero do "outro", ¡nada!
Conocín a un home novo, que presumía moito. Corbata, traxe, camisa de "Pepe Pelos", e moitas cousas máis. Tiña uns Za#blgtk08#patos que lle compróu a "Cachito" e como non lle daba descanso, os zapatos "tiñan ollos nas suelas, por debaixo".
Cando chovía, mollaba os pés... Os zapatos brillaban, que parecía que viñan do escaparate daquéles comerciantes: "Cachito", "Comprendes" e "La Madrileña"...
Pero, todo era fame, por dónde pasaba este home. Presumía sin ter "con qué".
ÉSE ERA O SEU MAIOR ENGAÑO. E morréu creendo que había sido algo. ¡Meu pobre!
Cando a casa da familia Prego se véu abaixo, ¿qué lle pasaría a outras familias que non tiñan os ingresos da familia xa citada? Eu non quero profundizar en esto, porque non son partidario de sembrar malas noticias. Eu teño unha relación moi boa, dende hai moitos anos, co fillo máis novo, LUIS PREGO CARREGAL
somos moi amigos. Cos outros irmáns, non tiven a oportunidade. Pero, para mín,
eran do mellorciño que había no noso povo. Hoxe, non podo opinar, porque o meu sitio de Vilagarcía ocupóuno outro, é si queredes, preguntamos. Pero cando vin a casa paterna dos Prego, tirada no chán, me sentín mal. Pero... ¡Ésa é a realidade! Porque todo está á vista. E cada un, que pense o que queira...
¿Recordades que no Barrio do Castro había unha taberna que lle chamaban...
"EL CHUT ELÉCTRICO"? Creo que o dono tiña relación coa FENOSA de hoxe... Porque que antes lle chamaban "ELECTRA", ubicada diante do Taller Tres Hermanos... Non sei si sigue alí.
Non teño idea dos clientes que iban a esta taberna... Habría que preguntarlle ó señor Virgós, ou señor Tardáguila, moi coñecidos en Vilagarcía porque "eran da Secreta", e esto era moito decir. Pero vivían moi ben no medio dos nosos paisanos. Se repetaban mútuamente. Traballaban cerca da Casa da Dominga é por veces, os chamaban alí, porque había xente que non sabían comportarse, ou non sabía beber, unha de dúas. Despóis todo era normal. Un povo pacífico...
Presinto que as obras do Castro van para largo, porque ¿quén compra hoxe unha propiedade nun barrio que tivo a súa historia? Pero facía falta que todo fóra o máis rápido posible. Que non vaia no mesmo tren da fonte do Castro. Que leva a tira de anos sen auga é seguirá por moitos anos. Esta fonte nos enterrará a todos os que bebimos dela é seguirá así por moitos anos. Eu, xa non o verei...
Pero dende alá arriba estaréi vendo esta obra, todo-los días...
...............................................................................
ROSALÍA DE CASTRO
"Si o mar tivera varandas,
fórate ver o Brasil;
máis, o mar, non ten varandas,
amor meu, ¿por ónde hei de ir?
...........
"Cantares Gallegos"
|
|
|
Comentario por (28-06-2014 12:13) |
|
|
8 |
Gracias por todo el trabajo que nos hace sentir tan felices y tan ilusionados cuando vamos cada#blgtk08# día a ver nuevas fotos.
Estamos encantados, gracias por tanto esfuerzo.
Un beso, |
|
|
Comentario por Beatriz (29-06-2014 22:15) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|