lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O FAIADO TAMÉN HOMENAXEA A DÍAZ CASTRO

Este ano que esta a discurrir, homenaxea a José Díaz Castro no día das Letras Galegas.

Algúns vilagarcianos o deberon coñecer posto que foi un dos profesores do Colexio León XIII nos anos corenta.

O Faiado da Memoria non podía quedar atrás na súa memoria e uníuse ao proxecto NIMBOS que mostra pequenos traballos de autores audiovisuais galegos, realizados a partir ou sobre os poemas do seu libro de mesmo título.

Para a ocasión escollemos non un poema, se non un só verso do poema Como unha espada. É o que da título a peza audiovisual: A beleza feriume para sempre.

Para elo contamos coa colaboración do pintor de Briallos (Portas), Celso Varela e a súa muller Ángeles que, vencendo o temor a que chegara un tren e nos levara por diante (estaba claro que o seu temor estaba ben fundamentado) logrou pasear pola vía do tren.

Non colocamos o vídeo na páxina senón que colocamos un enlace na páxina de Acto de Primavera onde está aloxado este pequeno traballo para que, o que queira, deixe alí testemuña do que ve.

Disfrutade, que a beleza sempre estará esperando por vos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2014 13:56
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A pesar de que cando eu era neno, nadie sabía de homenaxes, eu sempre admiréi a ésas xentes que se moven sin ningún ánimo de lucro, para homenaxear a aquéla xentiña que movía os fíos necesarios para que os nosos mestres tiveran un día diferente...

Antes, entre os escasos medios que había para todo é a pouca iniciativa que heredamos dos nosos antergos, sempre fumos considerados como xente "sin alma". Naide se manifestaba, porque a todos nos parecía que todo estaba moi ben. Si algún (cousa moi rara), se manifestaba contrario, ao que se expoñía era considerado como COMUNISTA. Aquélo era como un dos desprecios que se lle podía chamar a un dos nosos... Tamén existía a palabra "protestante", non por ser contrario ¡non! Máis ben porque disfrutaba "nadando contra-corriente".

Por éso, pensar que nos anos coarenta p'arriba, na nosa terra podría haber un responsable para facer un merecido homenaxe a aquéles homes (ou mulleres), era como si alguén nos dicía que tres homes habían ido á luna. "Un conto chino", dirían os máis listos... Eu creo que os profesores de agora non son mellores que aquéles que nos deron clase a nenos que hoxe superan os 80 anos. Sólo está nos medios, e nos profesores que éstos tiveron. "E unha cadea"... Hoxe, con medios de información que temos, che fan casi todo o traballo que antes era pouco menos que imposible. Me estóu referindo a os homenaxes...

A xente de agora, non está pola labor de facer algo de esto a os mestres dos nosos fillos. Porque non teñen iniciativas propias, nin están dispostos a gastarse media ducia de pesos. Aquí é dónde a xente falla ó considerar que xa o Estado lles pagóu todo canto tiña que cobrar. Pero falta un día para agradecer a toda ésa xente, que é moita a nosa gratitude dos pais e fillos de aquéles alumnos... Sempre se debe honrar a figura do teu mestre. Para vergonza de quen esto escribe diréi que os homenaxes sólo existen nos colexios privados, po#blgtk08#rque nos outros (as nosas escolas), nin puta idea...

Eu correspondín como directivo das APA'S de Santiago, durante dez anos
de un Colexio de Jesuítas e nunca se fixo nada de esto, cando o profesorado tiña unha calidade exquisita. E pola parte humana tendría que darles matrícula a todo-los profesores do Centro. ¡FENÓMENOS!
Eu era (é o son), amigo de todos aquéles magníficos MAESTROS, que casi parecían Profesores da nosa Universidade Galega.

Esta é unha crítica para todos aquéles pais de alumnos que non sempre saben o lugar que ocupan na sociedade en que vivimos. Por éso non hai iniciativas. Hai pouco amor hacia os demáis. NON TODO SE PAGA CON UN SUELDO. Hai cousas máis importantes. SEMPRE TIVEN UN GRAN RESPETO HACIA MEUS MAESTROS E TAMEN OS DOS MEUS FILLOS. Me encanta falar con eles. Teño unha amistade de 40 anos. Meu fillo ten 46... Me consta que éles tamén me queren como amigo. Eu me sinto moi honrado por éso...
......................................................................
"EL EDIFICIO"
"Se ensució la ciudad de telegramas,
un lunes por la mañana, a las doce horas:
convocatoria urgente,
defensa postulados,
cotización, finanzas, dividendos"... (sigue el texto).
...........................
Celso Emilio Ferreiro
"Longa Noite de Pedra"

Éste é un pequeno HOMENAXE A TODOS OS MAESTROS
da aldea ou da cidade. Aquéles homes que enseñaron
todo canto sabían a uns nenos que, pouco a pouco,
os foi querendo como fillos propios...
A aquéles homes que cada ano lles cambian de nenos,
ou sigue con éles, e tamén sufre os seus problemas...
Os problemas dunha rotura matrimonial, de enfermidade,
de Paro... De todo esto, saben os nosos mestres,
é son problemas añadidos ós que él tamén ten...
Éste é o verdadeiro MAESTRO (con letras grandes). ¡Así!...
Comentario por E. García - Santiago 28.03.14. (28-03-2014 11:36)
2 Hola a todas-os.
Dende logo eu non sabía nada deste MAESTRO - POETA. Supoño que xa non quedará ninguén da etapa na que foi mestre en Vilagarcía, pero haberá fillos e netos, aos que seguro, lles gustará saber que un mestre dos seus antergos, este ano sera homenaxeado no DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Estou da cordo con t#blgtk08#odolos elóxios que fai Eduardo aos mestres , Aos de antes, polas penurias que pasaban para sacar adiante aos nenos e nenas, cos poucos medios que tiñan. E aos de agora, que, por moitos adelantos que teñan, seguen a ter que loitar ca incompresión de moitos páis, póis como ben di Eduardo, non todo se paga con un sueldo. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (28-03-2014 18:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0