lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O FAIADO NA TVG, na PRAZA GALICIA e en PONTEVEDRA

Estimad@ Amig@s, o Faiado da Memoria estará presente en distintos lugares a vez. Xa nos foi concedido o don da ubicuidade e podemos facer uso del. E da forma que o estamos a facelo vamos a acabar desgastandoo.

Como decíamos nun post anterior, hoxe pasou pola casa un equipo do espacio cultural ZIGZAG da Televisión de Galicia para facer unha pequena entevista e dar a coñecelo documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN con motivo da súa estrena no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela dentro do Festival CINEUROPA. Como sabedes a proxección será o venres, 15, as 20:45 e alí estaremos presentes. E, esperamos, que unha parte de vos tamén estedes por alí.

A intervención na TVG será o xoves, coidamos que a partires das 9. Logo colocarémola nesta mesma páxina.

Pero tamén teremos unha serie de vídeos de O Faiado da Memoria na pantalla xigante da Praza de Galicia, tamén coñecida como a do Obelisco. Alí e coa colaboración coa empresa LEDMON aparecerán distintos clips con montaxes fotográficos que lles fumos facilitando durante estas últimas semanas. Agora xa tedes un valor engadido, cando pasedes pola praza, para levantar a cabeza e ver esa exposición que temos montada para vos.

E seguimos, que isto é un non parar. O día 28 volvemos a Pontevedra onde fumos tan ben atendidos a semana pasada. Esta vez é para proxectar o documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN. Será no mesmo lugar onde estivemos coa xornada sobre as mulleres, na Casa das Campás. Esta vez a actividade comenzará as 19:00 (sete da tarde). esa horario está posto para non rematar demasiado tarde, máxime se falamos un chisquiño.

E ao día seguinte, tamén en Pontevedra, esperamos ter parte dos nosos traballos documentais nun stand da feira CULTURGAL que se inaugura no Palacio de Congresos a beira do Lérez.

Como vedes, en canto actividades non damos parado. Menos mal que xa chega ahí decembro e nos incharemos a turrón, pasteliños, pasiegos e champán (aparte doutras bebidas espirituosas) e que viva o colesterol, os triglicéridos, as transiminasas e a glucosa alta.

Disfrutade con moderación.

O programa onde se vai a emitir será este do que incluimos un anaco onde se fala da película UNE HISTOIRE SEULE do noso amigo Xurxo Chirro, e compañeiro de recuperación de Memoria da Guarda co seu PROXECTO SOCHEO, que estivo con nos o fin de semana pasado.

E este é o adianto do que veremos na pantalla da Praza de Galicia:





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2013 16:50
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0