lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Á HOMENAXE A RICARDO URIOSTE

Case un centenar de personas déronse cita no cemiterio de Vilagarcía para rendir un sinxelo pero emotivo homenaxe a Ricardo Urioste que, o pasado día 16, cumpliu o seu 66 cabodano. O acto contou coa presencia de varias asociacións sociais, de veciños, culturais, teatrais e musicais de Vilagarcía.

O acto comenzou aos sons da primeira Gnossiennes de Erik Satie. Un pianista e compositor frances moi do agrado de Urioste (hai que ter en conta que Satie estivo traballando de pianista nun cabaret) e que estaba interpretado por Purita Ramos, pianista que fora alumna de Ricardo Urioste e que, con 94 anos, estaba presente na homenaxe.

Beatriz Jamardo, lendo un texto realizado polo seu pai, Vicente, actor dun daqueles cadros dramáticos que dirixía Urioste, foi a primeira persona que lembrou a Ricardo Urioste. Candido Castro, fillo e sobiño de interpretes, loou a Ricardo e fixo relevancia da presencia do artista na súa casa. Continuou Germán Torres lendo un texto enviado por Beatriz Comendador, neta de Manolo Rey, compañeiro de andainas literarias de Ricardo Urioste, e que non poido estar presente no acto. E rematou a serie de lembranzas Serxio, membro do grupo de Teatro Iliria que, en representación das entidades convocantes falou do espíritu de Urioste, o seu traballo cultural, social e periodístico, así como recordou algunhas das súas anécdotas.

O acto rematou cunha chamada a un novo acto (esta vez mais de espectáculo teatro-musical, cabaret, varietes,... A GRAN VELADA!) que se debe preparar e que rinda homenaxe, non só a Urioste, senón tamén aos seus compañeiros culturais, Manolo Rey e Juan Buhigas. Logo disto e baixo unha nova interpretación de Purita Ramos, nesta ocasión coa Gnossienne número tres, levouse a cabo unha ofrenda floral aos pes da tumba que acolle a Urioste por parte dos presentes que, durante todo o acto portaban unha flor ou ramo e que deixaron alí en recoñecemento cidadán ao traballo e a vida dun home a quen as instancias oficiais ainda non superon valorar como debera.

Premendo aquí podedes acceder a unha Galería (O noso recoñecemento a Urioste) con fotos da homenaxe

Tamén podedes ler as noticias que, sobre o acto, apareceron nos periódicos

FARO DE VIGO

DIARIO DE AROUSA


E aquí podemos ver un vídeo gravado pola nosa blogueira Mari Patiño sobre a parte final desta homenaxe.
Temos que agradecer as grandes influencias de Ricardo Urioste que conseguiu un ceo tranquilo de chuvia e con rachas de sol que iluminaron por momentos a homenaxe. E nos que tíñamos preparados unhas carpas por si acaso. Logo pola tarde, en Vilagarcía, xa foi outra cousa... pero xa pasara a homenaxe.

Disfrutade das fotografías e do vídeo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2013 19:19
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0