lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Pra os que Vilagarcia lle toca o corazon

Nos gustaria que estiverades con nos o vindeiro venres dia 26 as oito e cuarto da tarde, no Gato Negro do Carril. Xa sabedes que non temos cartos para gastar en publicidade, todo e a base de blog de facebook e algunha cousa mais que se nos ocurre. A rondalla do Gato Negro, tocara un ratiño mentras os ides sentando, teremos outra sorpresa que non se pode decir, soio quedan dous dias, non esquencelo...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2013 08:28
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hola a todas-os:
Gustaríame poder estar con todos os do Faiado, pero estou de "avoa chacha", con un pouco de sorte#blgtk08#, espero facer unha escapada. Que foto tan orixinal, creo que poñían a cor, con acuarela, por riba do orixinal. Un saudo
Comentario por Mari Patiño (24-07-2013 16:21)
2 Eu tamén estaréi fóra de esa xuntanza de carrilexos e tamén dos outros, por razóns que xa expuxen algún día no FAIADO. Margarita sabe que aquí non ai disculpas, porque levo dous meses que comparo a cando operaron do corazón á miña dona. Hubera preferido que aquí o enfermo fóra eu, polo ben de todos.

Pero como non se trata de escoller o enfermo de turno; temos que pensar en facerlle frente a o que veña, porque, decían ai anos aquéles vellos de antes que... "Con chorar non se fai nada", pero así estamos...

Pero temos que pensar en ésas festas de Carril (Día do Patrón) e tamén de España. Que non é pouco. Mañán é desos días que sempre teñen algo para recordar. Os actos relixiosos sempre tiveron moito de respetuoso. Os curas de turno, desde ai moitos anos levaron todo esto, con moita relixiosidade. E os mariñeiros cumpriron sempre co seu.

Mañán, día 25, será o DIA GRANDE DE CARRIL. Irán moitos forasteiros que se poñerán morados papando nas ameixas, producto carrilexo por excelencia. En outro tempo, facía eu outro tanto, porque "éso" non ai quen o prepare mellor. E si, ademáis, o marisco está no seu punto, é como estar no Ceo.

As veces, nunha voda, fi#blgtk08#guran as ameixas de Carril como un plato moi importante no menú, i é unha pena cando probas aquélo e che dan ganas de... Non sigo, para evitar algo peor. Pero sabedes o que eu quero decir...

Si os cociñeiros fan todo así, ¡manda carallo! É un asco pasar por esto, e encima, pagar unha pasta.

Eu conocín a un home que iba a Carril a tomar as ameixas en un Taxi, desde Santiago. Non é broma esto que digo. E resulta que tiña casa propia en Carril, dónde aínda hoxe veranea a súa familia... Pero as ameixas Carril...
---------------
Para terminar direi que deseo un éxito en todo o que teñen programado os meus amigos do FAIADO. A festa xa quedóu atrás e o día 26, xa é un día para o recordo. Vádelo pasar moi ben. Que todo vos salga redondo, amigos...
.......................................
"Patacas asadas,
con sal e vinagre;
que saben a noces,
¡qué ricas que saben!
..............
Rosalía de Castro
1837.1885
--------------
Para os nosos amigos de Carril, vai dedicado este versiño para
que celebren o Día do Apóstol
Santiago, con moita alegría,
cantando e bailando, coma sempre.
Comentario por E. García - 24.07.2013 (24-07-2013 17:33)
3 Esquencéume decir que a foto que está enriba do texto e moi bonita, pero quizá sin "ése" color, hubera estado moito mellor. Os colores coma ése é igual que aquéla muller que non vai ben pintada. ¿Verdade que ó natural, está moito mellor?

Cando a xente fixa moito os ollos en algo así, sempre é porque algo non está ben. Sobre todo, cando os que miran, son mulleres. Chegan a poñer colorado a calquera, con estas cousas.
¡Dios nos colla confesados!
#blgtk08#
Pero si pensamos que ése muelle foi sempre algo moi querido por aquéla xentiña de antes, non o vemos moi ben. Eu creo que cuns tablóns desa madeira que se ve agora nas playas, ése muelle, tiña que ter moita máis vida.

.......................................
"Non sei qué ten a morena,
non sei que a morena ten;
non sei que ten a morena,
que todos lle queren ben"...
................



Comentario por E. García - 24.07.2013 (24-07-2013 21:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0