lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Benvidas as festas

As persoas necesitamos alegrias, empeza o tempo de festas, alguns dos nosos barrios e parroquias xa disfrutaron parte delas, Bamio, A Xunqueira, Guillan, Faxilde, Vilagarcia, dentro dunhos dias sera o Carmen, que a festexan as xentes do mar, os do Faiado non entendemos de relixions, pero a nosa memoria lembra...a procesion polo mar, estrea das millores galas, o noso barco pintadiño para ese dia, a salve mariñeira que nos fai chorar...DISFRUTADE DAS FESTAS
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2013 08:08
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Unha foto preciosa. Un recordo dunha vila vivo como é unha banda de música. Deberíanse apoiar máis estas #blgtk08#cousas. Non deixan de ser cultura. Hai cousas que tamén son chamadas "cultura" e son bastante máis caras.
Comentario por E. García - Santiago (26-06-2013 18:22)
2 ¡Cántos anos van alá, desde que o señor Director tomóu posesión do seu cargo!. Creo que o anterior foi o sobriño de Bernardo del Río, de sobra coñecido na nosa Vila. Quizá a plaza non estaba adxudicada a este home e por eso chegóu Don Marcelo González García, hai moitos años de todo esto. Este home deixóu unha pegada que non é fácil de borrar.

Cando este home chegóu, había unha Banda de Música ben posta. Os músicos, nativos ou non, formaban un conxunto moi formidable que sonaba moi ben. Os Conciertos facíanse na Rúa da Baldosa, cerca do Banco de La Coruña. No palco da música da Alameda, sólo se poñían nas Festas do Verán. En Concertos.

Entre os anos cuarenta (final) e principios do cincoenta, creo que o noso paisano Don Bernardo levóu a batuta dest#blgtk08#a Banda hasta que se foi a dirixir a Banda Municipal de Santiago. Donde obtuvo moitos éxitos, seguido dos éxitos do Coro Cantigas e Agarimos, de Santiago. Quizá foi a mellor época deste Coro que xa cumpléu máis de 100 anos, cosechando éxitos, incluso fóra de Galiza, alá en Buenos Aires...
-------------
Margarita: Desearía que falaras con Tucho, o noso Tucho do FAIADO, para ver si podes conseguir algo acerca do accidente ferroviario do Ramal. Creo que é a persoa idónea, pola súa idade.
E xa sabes que non é negado para nada.
........................................
"Probiño e todo, son rico,
que non feixe de naide;
e moitos, que moito rumban,
non poden d'eso gabarse...
...............
M. Leiras Pulpeiro
Comentario por E. García - Santiago (26-06-2013 18:54)
3 Co noso Tucho xa falamos e coma sempre esta botando unha man. Grac#blgtk08#ias Eduardo por eses comentarios teus de aquel pasado do noso pobo
Comentario por Faiado (26-06-2013 18:58)
4 Esta Banda de Música que temos á vista, é a Banda Municipal da nosa Vila. Parece a Banda Infantil de Taragoña, fundada por un componente da Orquesta "Os Tamara", que era natural de ésa zona. A Banda ésa sonaba moi ben. Pero non. Eu recordo cando don Marcelo chegóu ó noso pobo para facerse cargo da Banda Municipal.

Antes, creo que era dirixida polo sobriño de Bernardo del Río, que se chamaba coma o seu tío. E chegóu a ter amores cunha hirmán de Rogelito. Creo que ela se chamaba Katy. Moi juapa e moi simpática, como corresponde a esta xente "fora de serie". Pero coma o seu futuro parecía que estaba alá en Caracas, se marchóu para alá, nos primeiros anos da década dos cincoenta. E se marcharon as dúas hirmáns xuntas. Esto tivo que ser un pau moi grande para a familia Vázquez. Si de tres fillos se marchan dous, é moito, moito. Por meu amigo Rogelio supen algo do que se lle viña enriba. Era unha familia moi unida, moi feliz, toda ela...

Pero houbo un tempo que a nosa Banda tiña xente moi completa. Os hirmáns Tubío e o seu pai. Os hirmáns Tatilla, Manolo e Luis. Había dous hirmáns nos Duranes, un sastre (coxo) e o outro, repartidor de Telégrafos... O señor Restituto, Casás e outros que non tiñan nome para mín. Pero era moi boa Banda de Música, para un pobo tan pequeno.

Eu creo que Don Marcelo veu polos anos coarenta e moitos. E sempre actuaba como Director na rúa da Baldosa, diante dos Calzados "Nogüegues", antes de chegar ó núm. 31, que era a Imprenta de J. Paz. Todo-los Domingos se poñía alí para gozo d#blgtk08#os melómanos de aquél tempo. Entre doce e doce e media, era a hora indicada para comenzar. Os aficionados á boa música, o pasaban como ananos.

A calle da Baldosa, ou Héroes del Alcázar, como queiran chamarlle, apenas tiña movimento como calle. Era unha calle sen tráfico rodado... E a xente apenas a frecuentaba. Excepto clientes de La Palomita i El Bodegón, non había outra cousa, para poder ir por alí.
Hoxendía non dan feito todos aquéles bares que viven nesa Rúa da Baldosa. E por moitos anos, digo eu. Porque alí hai moita vida nos días clave. E un lugar de encontros... Me gusta moito.

Fóra xa do lugar da Baldosa, estaba a Taberna chamada "As 3 Portiñas", que era taberna, taberna. Cos clásicos bocois á vista de todos. O Ribeiro era a súa especialidade. Coa reforma desta calle, desaparecéu todo esto, como desaparece todo o que é vello... Pero xa non é igual. En Santiago, temos centos de Tabernas, Bares, Cafeterías, todo o da hostelería. Tamén Restaurantes... Porque aquí hai unha población flotante de máis de 50.000 persoas que viven temporalmente aquí, a nivel estudiantil, sin contar agora co persoal da Xunta, que son miles... E aquéles outros que veñen a consultas de Medicina e Hospitales... Aeroporto...
........................................
"Tiven tan fondos amores,
e tan fondas amarguras;
que era fonte de dolores,
nacida entre penas duras"...
............,......
Rosalía de Castro
1837-1885






Comentario por E. García - Santiago (05-09-2013 22:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0