lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Vacacions

O proximo domingo dia 2 de Xuño non saira o artigo escrito por Olalla Bouza en colaboracion co Faiado da Memoria no Diario de Arousa, non saira por vacacions da periodista, se reanudara o proximo dia nove. Gracias e saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2013 08:09
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Cordiales saúdos a todos, amigos do FAIADO DA MEMORIA
----------------------------------------
Non é necesario que Margarita nos poña o nome do acordeonista que figura en esa foto que temos enriba. Porque os que temos xa uns anos, estas cousas nos fai retroceder ó pasado, un pasado que tiña de todo, como o líquido que sae da coctelera. Si este home hubera nacido nos EE.UU, por exemplo, hubera grabado millóns de discos, como cando nos falan de Frank Sinatra, por dicir algo.

Cando eu o conocín aínda non había esos restroballos que se ven hoxe nas festas e romarías. ¡Así canta calquera! O señor que está co acordeón, ignoro seu nome de pila, e un home que, ademáis de ser un fenómeno da música, engendróu a ése outro mónstruo (ou cómo se chame en galego), SALVADOR CORES. O home que fixo o milagre de poñer a cantar a todo un pobo na praza de Vilaxoán, co difícil que é éso. E sigue. Mezclar homes e mulleres, vellos e novos, nenos e nenas. ¡Todos á unha! A ver quén é o valiente que é capaz de facer éso no seu pobo. Porque o fillo de MANSO e de Vilaxoán. O vello, non sei.

Con frecuencia vexo actuar a MANSO (fillo) no programa grabado que dou a volta ó mundo: "VILAXOÁN CANTA". Ahí está con Máximo Patiño (fallecido) en homenaxe ó noso querido Pantera, tamén un ídolo na súa terra, que tamén é nosa terra, digo eu.

Cando poño esa música de "Vilaxoán
Canta" sólo para mín, disfruto moito, porque ese grupo de xente, cantando a reo, con paisón é alegría, me fai sentir moito de ésa terra, porque sempre tiven un gran sentimento hacia esos mariñeiros de antes. Porque os de agora, é como si non os conocera, porque con casi 60 anos eiquí, son moitos anos. Todo cambióu. Esas luchas por catro berberechos, antes non as había... ¡E unha vergonza que pasen estas cousas! Que eu, en pleno baño, non poida comer catro berberechos, é de asco. E que cada un pense que é millor que os pague...

Si nos tempos de tanta fame, 40/41, hubera estas leyes, morreríamos todos de fame. O mar non é coma unha leira privada, por moito que digan o contrario esos indivíduos de marras.
¡Vinte euros por un kilo de berberechos! ¡Manda carallo! Quién te ha visto y quién te ve!

Sigo falando do vello MANSO. Recordo que hai moitos anos, había unha fábrica de seo (hielo) moi cerca da familia Gallego á veira do río Con. Pois, cando se desmantelóu esta empresa, montóuse alí un "BAILE DE TRANCA", así lle chamaban ós bailes de pago, naquél tempo. Quizá 68 anos, van alá...

Alí actuaba o xoven MANSO, pai do noso director de "Vilaxoán Canta". Cantaba a pleno pulmón con esos aparatos de lata que parecen embudos. En outro lugar, polas festas de San Xoán, amenizaba a festa das "Cachadas", en Cornazo de Abaixo. (Eu vivía nas Bocas, daquela).
E para que a xente poida facer n#blgtk08#úmeros direi que o acordeonista se levaba a friolera de ¡CEN PESETAS!. Eso, si, había viño e sardiñas é eito. Todo era moi alegre, con cantarelas...

Naquél tempo a xente non estaba preocupada polo chalé da praia, ou ben das hipotecas... das Universidade do extranxeiro de fóra, para os fillos, como agora, ou na marca dos coches...
porque, por exemplo, a SEAT, bai ter que pechar, porque os nosos coches, non se venden, nunha terra de "cheirentos".
As vacacións a Cuba, Hawaii, México ou lugares tan éxóticos, como ésas islas africanas donde hai tantos negros...
¡Jesús! Co fácil que é andar polas aldeas galegas, oíndo as nosas gaitas,
tomando unhas nécoras daquélas de antes
e de paso unha botelliña desos viños nosos, fresquiños coma todo o que temos.

Pero, ¿vos dades conta que queremos vivir unha vida con vista ao "que
dirán" as nosas conocencias", se non saímos da nosa terra? Teño falado con amiguetes meus, que non lle vale nada do que temos eiquí. A cerveza non vale nada... Os mariscos, tampouco. En fin. Todo e millor que o noso, según certos "alifáfaros" do país noso... Por eso, á xente, non lle chegan os cartos. ¿Cómo lle van chegar os cartos a un obrero que vai ó outro lado do mundo, a pasar calor, comendo insectos, ou serpiente, ou carne de can, e pagar a precio de ouro? Dormindo mal, cada día en sitios diferentes. Agora, parece que ir ás islas Canarias é como ir a Vilagarcía no tren de Varela. Resulta que máis de catro, van moi lexos e Julio Iglesias,
se ven para aquí... ¡Todo ó revés!
E como os cartos non chegan todo Dios se pon a roubar, porque é a millor Carreira. Calquer día, tamén enseñan esta asignatura, na Universidade. Por eso o famoso Duque en compañía de "xente guapa", o van facer Doctor "Honoris Causa" pola Universidade do Barcelona. E o que non valga para roubar
que o metan nun convento, p.e. Igual que fixeron co Papa vello.

Tamén é boa idea meterse na Política, porque se traballa pouco (ou nada) e os beneficios suelen ser moitos, e bós. Agora os políticos compiten cos cantantes esos que sempre teñen que estar reíndo, con dentes moi blancos.
Cando vexades un chalé, con finca e todo non preguntar. E de un político ou un cantante. Ou un futbolista famoso... Estos non queren veciños así, porque sempre están cos cartos "B".

Así nos miran por Europa. Uns, todo, e o morto de fame non ten ni para sal.
Habrá xente que me criticará, polo que digo e penso. Non me arrepinto do dito.
........................................
"Solo media me deixaron,
Os que d'aló me trouxeron,
Os que d'aló me roubaron"...
..........
Dedicamos estas letras
o noso paisano MANSO.
E letra de Cantares
Gallegos. Rosalía.



Comentario por E. García - Santiago (31-05-2013 11:08)
2 Amigo Eduardo.O acordeonista da foto non é pai de Salvador Cores Robado;e un irmán, que coma el, era un amante do acordeón-espello onde se mirou Salvador- ,e que formou nalgunhas das orquestras da zona.Dous grandes acordeonistas sin lugar a dúvidas.Dicir tamén que Máximo Patiño non faleceu.Si q#blgtk08#ue ten unha enfermidade que desgraciadamente pra el,- i pros amantes da música coral-non lle permite exercer a paixón da sua vida que non era outra que ensinar á xente a cantar....pero a cantar ben,como el sabia facelo.Salvador e Máximo,dos grandes persoaxes da música das Rias Báixas.Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (01-06-2013 01:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0