lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Arosa empatou |
|
 Pois si empezou marcando o Arosa, nun primer tempo bastante prometedor, logo o segundo tempo non foi tan bo sobor de todo desde que os de Bertamirans marcaron o gol do empate. De todolos xeitos, nada esta decidido, o domingo proximo se vera. O que nos queda e apoiar o equipo por riba de todo, gane ou perda, e o noso, e os fillos non sempre fan as cousas ben...¡Hala Arosa¡ |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
A ELIMINATORIA, ESTÁ NO AIRE
========================================
É moi fácil que pasen estas cousas como lle pasóu o noso Arosiña, xogando na Lomba. equipos que veñen a defenderse e si hai ocasión se botan adiante para marcar algún gol que lles vaia ben.
Non leín a crónica do partido, sólo sei o resultado. Pero foi unha pena porque nun Campo tan grande como o da Lomba, suelen naufragar estos equipos que veñen de pobos como Bartamiráns-Ames, ahí a 10 kms. máis ou menos de Santiago. Bertamiráns non é o concello. Bertamiráns é un puebliño-dormitorio, que vive de xente que traballa en Compostela. AMES é o Concello.
O pior que se vai a encontrar o Arosa vai ser un Campo pequeno dos chamados da aldea. Por tanto, as dimensións non se igualan coas do Campo da Lomba. Creo que para militar en Terceira División, non lles vai ser nada fácil, cando os arosanos tiveron problemas para seguir na categoría perdida, hai uns anos.
Recordo que nos meus anos mozos o equipo do Cambados chegóu a xogar na mesma categoría que nós, e cando íbamos xogar alí, o Campo era moi pequeno e non había modo#blgtk08# de gañar o partido, ante a alegría dos cambadeses e a desolación dos arlequinados de Vilagarcía.
Pero BERTAMIRANS, non é Cambados. A pesar de que o balón iba parar ó mar, cando lle pegaban forte. Falo de Cambados, claro. A cancha non suelen coidala, porque esto, costa cartos. E si non hai socios, e por taquilla non entran cartos... é complicado todo.
O próximo Domingo se van aproveitar dos nosos aficionados con entradas caras, que nunca chegarían a tanto.
Hubera ido a velos desde aquí, pero non vou a poder por razóns familiares.
Quizá tendría ocasión de saludar a xente que fai anos que non vexo. Pero no podo ir. A partir de un empate a dous
é cando empezaremos a subir de categoría. Que pensen que eso de xogar polas aldeas, ten un precio. A Terceira e a categoría que nos vai ben.
HALA AROSA! Vamos á TERCEIRA DIVISIÓN
........................................
"-Cantan os galos pra o día,
érguete, meu ben, e vaite,
-¿Cómo me hei de ir, queridiña;
cómo me hei de ir e deixarte?
........
Rosalía de Castro
|
|
|
Comentario por E. García. Santiago (29-05-2013 19:25) |
|
|
2 |
Xa está o noso Arosiña na categoría de sempre. Porque cando subimos á Segunda División nos demos conta que ésa no era a nosa categoría... ¡Era moito pra nós!
O que non podes é presumir de algo que che está matando económicamente. Penso que desde aquéla se continuaron pagando as débedas habidas pola Segunda División. Cando os gastos superan ós ingresos e éstos se acumulan cada vez máis, se fai insosteníbel para todos. Si non hai cartos para comprar xogadores e tés que defenderte co que tés mal vamos. Porque si a parte económica vai mal, e a parte deportiva, tamén, serás sempre un equipo cativo en todo canto queiras andar...
Había moita pasión nos aficionados do Arosa, cando estrenamos categoría. Pero cos berros animando ós nosos colores, non chega. E si tampouco chegan os goles nosos, imposíble ganar un partido. A diferencia era moi grande. Esa diferencia que había entre o rival de turno e os nosos, non ten parangón.
Nos ganaban casi sempre aquí, alá e tamén acolá. Non había dereito ó empate porque o rival non cho permitía. Viñan a por os dous puntos e os levaban con moita xustiza, porque os nosos, non eran de esa categoría. Esto debéu ser alá polo 49-50. Despóis de estrenar o novo Campo da Lomba. Todo moi bonito, pero si non tés, non vaias a ningures.
Esto sería o máis normal, pero daquela non queríamos entendelo así. Seamos un pouco razonables. A economía do#blgtk08# Arosa, non se podía permitir un gasto como de ir a Lérida, co autocar da Empresa SABAS, saíndo da Vila un venres, para chegar un martes... Pagando Hoteles e todos ésos gastos que sabemos, para 25 persoas, ou por ahí. Os socios éramos poucos e por taquilla entraban poucos cartos. Por tanto, si non tés calzado para ir á romaría, ¡QUEDATE NA CASA! que é o máis axeitado. Xa te reirás despóis dos que foron á festa, sin nada nos pés. Entenderme, por favor...
Tampouco trato de censurar ás persoas que nos meteron neste barullo. Antes, as cousas eran así; agora xa se mira todo con lupa e posiblemente hoxe non chegaríamos tan lexos. Houbo xente na Xunta Directiva que tivo que pasalo mal, vendo que o "enfermo" non andaba e os números roxos non había modo de que algo cambiara. Meu pequeno homenaxe a ésas persoas que puxeron a cara e os cartos do seu bolsillo. Cando nada era de eles. Admirable, para Callón e o resto da Xunta Directiva. Penso que naide llo habrá agradecido. Somos así...
E non te movas da TERCEIRA DIVISION que é a categoría que che pertenece. Vai sempre amodiño, para poder descansar.
Xa me entendedes todos. ¡Suerte, AROSA!
........................................
"Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento;
paxariños piadores,
casiña do meu contento"...
..................
Rosalía de Castro
1837-1885.
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (29-06-2013 11:43) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|