lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Apostolo...arrasou |
|
 Nos premios Mestre Mateo. E un orgullo para nos, porque é unha pelicula feita por vilagarcians, enche de ledicia o noso corazon.A película de animación 'O Apóstolo' se convirtiu na noite do sábado na gran triunfadora dos premios Mestre Maestro que concede a Academia Galega do Audiovisual alzouse con seis galardons dos vintecinco en xogo.
"Se cadra, non hai demasiado que celebrar". O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, comezou deste xeito o seu discurso na gala da undécima edición dos premios Mestre Mateo. Coas industrias culturais azoutadas pola crise a festa do audiovisual galego non foi allea ás dificultades económicas e sociais, se ben a entrega de galardóns distou moito de ser un acto de vocación reivindicativa. Reivindicativo, aínda que cun aquel optimista, si estivo Mourelos, quen amosou a vocación de "saír adiante" nunha noite que tivo ao filme O Apóstolo, con seis distincións -mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, música orixinal, son e dirección de produción-, como gran triunfador da noite.
"Somos conscientes do momento polo que estamos pasando" pero "queremos seguir estando aquí" e iso "non sempre foi así", subliñou Mourelos ante a platea do Pazo da Ópera da Coruña, na que sentaban o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o novo director da AGADIC, Jacobo Sutil. "Sabemos que temos moito que mellorar, pero o que está en xogo é demasiado importante como para deixalo morrer", explica o presidente da Academia. O que está en xogo, di, non é outra cousa que "a nosa propia imaxe" como país, pero tamén a "riqueza" a través dun sector "plenamente capacitado para xerar valor engadido e riqueza".
"O que está en xogo é demasiado importante como para deixalo morrer", di Mourelos
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Hola a todoas -os:
Por fin, algén decatóuse do enorme traballo que ten ó facer unha película de animación con plastilina, e, dirónlle os premios que se merecen.
Pra que logo di#blgtk08#gan que en Vilagarcía, non pasa nada interesante, menudo montón de xente estupenda, que, como ós do Faiado, loitan contra vento e marea, para sacar adiante, unhas ideas estupendas.Un saudo. |
|
|
Comentario por Mari Patiño (10-04-2013 14:05) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|