lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIDA VIVIDA |
|
 Ante todo, dárvolas gracias por estar aquí presentes con nós, dalas gracias a Cespón, Dopazo bebés, Farmarosa e a ferretería Sobrino por cedernos os seus espazos para expoñer esta memoria e ao concello de Vilagarcía por facilitarnos os soportes para facer visible esta exposición, especialmente a Rocío, por solucionarnos os problemas tan rapidamente.
Dar a benvida a os que estades fora e chegades, como cada ano, en agosto. Benvidos as festas, xa que fai falla moita festa para tratar de esquencer o que esta pasando, tristuras abondo, crisis, crisis e crisis.
De crisis xa nos poden decir a nos que estamos intentando rematar un documental sobre esta vila e que gracias a boa parte de vós, coa vosa aportación, estase levando a cabo.
Reivindicamos o dereito dos pobos a cultura. Reivindicamos o dereito da xente a facer cultura. O dereito da xente a recibir cultura.
O Faiado da Memoria vai camiño dos seis anos de vida. Seis anos intensos, marabillosos. Temos un arquivo que esta chegando as oitenta mil imaxes, que é o noso/voso orgullo. Este é o fruto do traballo diario e da colaboración dos veciños e veciñas. Dos que están aquí e dos que están fora.
Esta exposicion nace coa vontade de participar das festas do pobo de Vilagarcia e dos vilagarciáns, porque o merecemos.
E, chegados aquí, vouvos a contar unha historia. Fai anos que Marcelo Pérez, irmán de Luisa, tío dos nosos blogueiros Marcelino e Luis Carlos Penide, colleu a súa maleta e, como outros centos de miles, partiu desta vila, coñecida como o porto da emigración, xunto coa Coruña e Vigo, e colleu camiño cara a Arxentina.
Xa ía casado e con fillos.
Polas terras de gardel criáronse e tiveron unha vida razonablemente boa. Sempre botando de menos aos daquí, e os daquí botando de menos aos dalá.
Un día, un mal vento chegou a Arxentina en forma de dictadura. Levouse a un fillo e a unha nora de Pérez... e, para sempre, xa nada foi igual.
Hoxe, temos aquí, entre nos, expresamente vidos para esta presentación, a tres dos fillos de Che Marcelo, Magda, Lito e Luisa, os que lle damos a nosa benvida.
Lito escribe no noso blog de vez en cando desde a Arxentina. Para a familia Pérez, un cachiño da nosa exposición e tamén do noso corazón. Gracias por estar aquí, por non esquencer as raices, por non esquencer Vilagarcía.
E ampliamos as gracias a todos e todas os que levades colaborando con nos durante estes anos e aos que o farede3s a partires de hoxe.
Como di o fado VIDA VIVIDA que inspira o título desta exposición:
Meu deus, como o tempo pasa
Decimos de cando en cando
Ao final, o tempo queda
É a xente a que vai pasando
Aquí remata esta presentación xa que o importante non son as palabras, que tamén, o importante, hoxe, son as imaxes e para iso vamos a por a exposición en marcha.
moitas gracias por asistir. |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Foi un placer, gracias a vos por tanto traballo#blgtk08# que non volo agradecemos o bastante.¡ NORABOA ! |
|
|
Comentario por lolita camiño (12-08-2012 10:22) |
|
|
2 |
Me suscribo a lo que dice Lolita, porque s#blgtk08#e puede decir mas alto, pero no mas claro |
|
|
Comentario por Luisa (13-08-2012 11:28) |
|
|
3 |
Enhorabuena Margarita,Antonio, por vuestro maravilloso trabajo,siento muchisimo no poder verlo,como sabéis un problemilla #blgtk08#de salud me impide viajar a Villagarcia,no se si podéis ponerlo en el blog,pues me encantaría verlo.Gracias por todo.Besos |
|
|
Comentario por Margarita Coello Nuñez (13-08-2012 17:36) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|