O sabado, día once de Agosto, as seis da tarde, inauguramos a exposición visual "VIDA VIVIDA", sobre Vilagarcía e a súa xente, dos nosos pais, dos nosos avós...
Estará colocada en catro escaparates da rúa do Río, hoxe de Rey Daviña. Son Cespón, Dopazo Bebes, Farmarosa e ferreteria Sobrino, esta última xa na Praza de Galicia.
Son mais de mil fotografías en homenaxe ao noso pobo e as súas xentes, tamén a súa historia xa que comenzamos a celebralo centenario daquela fusión entre os concellos de Vilaxoán, o Carril e Vilagarcía.
Queremos e desexamos que nos acompañedes na inauguración, porque o FAIADO somos TODOS.