lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

TAL DÍA COMA HOXE

O día 4 de Agosto de 1958, as once da noite, o vapor Cabo Razo desatracou e abandonou o porto de Vilagarcía. Unha vez mais, o barco levaba mais de vinte anos facendo visitas comerciais ao noso pobo. O seu capitan, de Cartagena, era Andres Peña Nieto. Nada mais sair recibeuse a orden de "a toda maquina" cun determinado rumbo.

As xentes de Vilagarcía, querémoslle o mar. Non é nada raro atoparse na praia ou no muelle a personas que estan "vendo o mar", pendentes del... e si esta saindo un barco ou entrando...pois ¡quieto, parado!. Por iso aquela noite crara de Agosto, sin unha brisa, sin unha bruma, todos os que viron sair o barco dixeron aquelo de...¡Vai mal!, ¡Leva o rumbo equivocado!, ¿A donde Vai?

Pois si foi mal, foi directo ao Chazo. Alí atopouse coa rocha da Barxa e... ¡unha verdadeira traxedia!. Trece mortos, trece familias desfeitas, trece pesadelos.

Xente como Teresa, vasca, non quere nin lembrar. Iñaki Iturri, co que estivemos o ano pasado, era o tercer oficial e tiña daquela vintecatro anos. Iñaki comentounos: "Los errores de los marinos los pagan los propios marinos".... Nos pensamos que isto non é de todo certo... ou non é certo. Neses trece mortos estaba Amadeo Paulos que tiña un neno de meses... desgraciadamente non coñeceu a seu pai... Ou José Caamaño que levaba seis meses casado. Non lle deu tempo ter fillos.

Para nos, os do Faiado, é moi emocionante estar rematando o documental "DESDE DENTRO DO CORAZON". Emocionante por que, sen telo pretendido, rematamos hoxe co capítulo do afundimento do Cabo Razo, no dia que fai cincuenta e catro anos que Vilagarcía quedou conmocionada.

Porque sentímolo mar, as cousas que pasan no mar, o pobo de Vilagarcía acompañou como ninguén as familias, e ainda, no día de hoxe temos na memoria un anaquiño destinado ao barco que unhas extranas razóns levárono a rematar as súas travesías na ría de Arousa, na nosa ria.

Coma homenaxe daquel día e daquela xente, pomos a imaxen de Manolo Garcia Piñeiro, dos Duráns, deixou tres fillos, foi o primeiro dos enterros.

CON TÓDOLOS SENTIDOS E CORAZÓN DO FAIADO DA MEMORIA.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2012 08:55
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0