lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MOMENTO IMPORTANTE |
|

Para nós, os do Faiado Da Memoria, emocionalmente é un momento importante. Tocóunos facer o documental da nosa vila, había que facelo e o facemos vocacionalmente, encantados da vida.
Somos un pouco osados porque xa queda moi pouca xente que nos poidan falar dalgunhas cousas... por exemplo da Escuadra Inglesa. Non falamos de HISTORIA con maiuscula, esa sería moi fácil, tirar de arquivos, hemerotecas... Nos queremos relatos personais, de xente que convivise cos ingleses... bueno... conseguímolo, estamos ledos.
O Ouro nejro do Carril, da Vilagarcia que bañaba o mar, do fundimento do Cabo Razo...
Precisamente o domingo pola noite sae disparado o Antonio a grabar a maqueta do Cabo Razo a Bilbao, como quen di, ahí ao ladiño mesmo. E logo a seguir montando.
Na colecta para o documental imos ben, moi ben, pero nos gustaría que o comercio, as empresas que viven en, e de, Vilagarcía, colaborasen un pouquiño co documental da vila da que eles viven.
Por Orgullo, por dignidade e xustiza.
A os blogueiros...¡GRACIAS¡ Mellor imposible...
Ahí, a vosa esquerda deste monitor podedes ver as personas, comercios e empresas que a día de hoxe, 12 de maio, levan aportando algo a este proxecto. Gustaríanos velo nome de moitísimas mais personas nel. Queda un mes xusto para o remate da campaña.
Pero, ao marxen de toda esta información, de todo este traballo que estamos a realizar, non deixamos de subir, como cada semana, unha nova serie de fotografías. Onte xa fixemos un aviso creando unha carpeta nova para Guillán. Hoxe o facemos nas Galerías de:
A Vilagarcía de Onte (3)
Familia (7)
Gaudeamus Igitur (1)
Os Amigos (4)
Vilaxoán (9)
Agora a disfrutar. E tamén podedes sair que o tempo fora da casa, en Vilagarcía, é moi agradable. Os que vivan fora pode que sexa doutra maneira. Pero sempre se pode disfrutar. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|