lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SOLTAMOS AMARRAS |
|
Xa está no aire!
Centos de amigos e amigas (cuios correos electrónicos temos) están recibindo nestes momentos este texto:
Estimados AMIGOS e AMIGAS:
Desde fai un ano, O Faiado da Memoria leva preparando e gravando un documental sobre Vilagarcía que leva como nome xenérico Desde dentro do corazón.
Ata agora íamos resistindo como podíamos pero agora, cando chega o momento de rematar a edición, colocar o son, a música e distintos efectos, temos que pedirvos AXUDA.
Axuda en forma de pequenas (ou mais grandes) aportacións económicas, dependendo das posibilidades de cada quen. A cada aportación, desde a mais pequena a mais grande, nos corresponderémoslle cun agasallo de agradecemento.
Por iso, a partires de hoxe, xoves 3 de abril, no enlace www.verkami.com/projects/1878-o-Faiado-da-Memoria, podes realizar a túa aportación se consideras que o traballo que estamos a desenvolver é do teu agrado e merecente do teu apoio.
Pedimos a vosa axuda, por favor.
Gracias pola atención e perdona molestias.
Un saudo.
O Faiado da Memoria.
P.D. O tempo para as aportacións remata o día 12 de xuño. Para calqueira aclaración ou pregunta rogamos que o fagades ben a través deste mesmo correo ou aos teléfonos 672 705 738 (Antonio) ou 986 186 893 (Margarita ou Antonio).
A través das redes sociais tamén estamos enviando mensaxes para tratar de chegar este mensaxe e poder obter a colaboración (pequena ou grande, depende de cada un, pero todas necesarias) para que o noso proxecto chegue a bó porto agora que soltamos as amarras.
De todos vos depende. De antemán, gracias. E se non podedes, gracias tamén. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|