lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FELICES FESTAS CON SUBIDA |
|

Fai tres días tíñamos preparada unha subida que lembrase o noso pasado que lembrase Vilagarcía e os vilagarciáns. Ía adicada aos nosos no exterior, na emigración, aos de nantronte, onte e hoxe. Aos que xa non están pero estiveron, aos que siguen o blog desde calqueira rincón do mundo, tamén aos que ainda non se enteraron de que existe O Faiado da Memoria. Pero o destino quixo cun dos ordenatas quixera coller unhas vacacións e fastidiounos a rapidez.
Desde unha Vilagarcía ferida pola morte dun traballador no seu porto, saudamos a todolos nosos blogueiros, amigos e seguidores.
Que o novo ano vos traia saude e sorte, unhas institucións que non falen tanto de crisis, nin de recortes no benestar. Que non abusen, crisis as tiñan os nosos avós, crisis de todo, e hasta foron felices.
Amigos durante toda a semana iremos poñendo imaxenes na carpeta de SEMPRE EMIGRANTES para lembrar que houbo outras crisis.
Feliz Ano 2012 |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Sempre é moi doloroso saber que un home morréu no seu posto de traballo, como lle sucede ás veces a aquél centinela que entregóu a súa vida polos demáis... ¡Morrer traballando...! Como lle pode suceder a un aviador que non é capaz de salvar a toda ésa xente que leva con él, por moita valentía que poña no seu empeño... Un camionero, ou ben, un taxista, tamen vale como exemplo...
A morte sempre parece igual en todo-los casos cando se produce. Pero, non é igual morrer na trinchera que cando vimos de madrugada despóis de pasalo ben é "cargados" coma petos. Son o primeiro en lamentar calquera dos casos expostos, pero...¡a quén lle pase! A morte, sempre se recibe con lágrimas e llantos por parte de moitas persoas, sexan da familia, ou non. O negro do luto nos acompaña por un tempo, e sólo cando cambiamos de paisaxe é cando eliminamos ése color, que ven sendo o color que da a tristeza da xente que por uns días, non é capaz de sonreír, porque a situación momentánea tamén é moi triste. Vives con xente que non quere saber nada do mundo que está fóra de ti, pero que é un mundo "vivo".
Cando eu teño o compromiso de asistir a un sepelio, procuro por todo-los medios evitar a última imaxen de aquél ser que está alí exposto. Fixen o mesmo con casi todas aquélas persoas que convivín con élas en algún tempo...Non é o mesmo decir o ultimo adiós a un tío, p.ex., que a un fillo que "cho levaron roubado". ¡Non! Os pais tamén ocupan un lugar preferente, tamén, como ten que ser...
Conocín a un chaval que o seu vello non facía bó dél. O seu pai era carpinteiro coma San José. E sempre foi moi bó en éso é como persoa, tamén cumplía ben. Pai e fillo foron sumando anos, hasta que ao vello se lle agotaron as pilas... e nos deixou a todos igual que cando se marcha un bó amigo. Un mes máis tarde, e#blgtk08#nterramos a un fillo que tamén era un santo. O cáncer, coméuno como fai a polilla coa madeira blanda... ¡O fillo revelde non foi a ningún dos enterros que tivo na familia! Nin a o do pai, nin ao do seu irmán, que se foi un mes despóis... "La Paz del Señor sea siempre con vosotros", diría o cura no funeral de enterro. "¡Y con tu espíritu!"
Responderíamos todos os que acompañamos a estos actos...
Este personaxe maligno que eu citéi máis arriba, foi compañeiro meu nunha empresa-editorial. Nunca o vin coma si fóra un compañeiro calquera, porque a súa vida deixaba moito que desear é motivóu casi sempre no seu cambio de carácter. Desta xente que quere días de 40
horas para emborracharse varias veces no día. Fillos que non sabe si son dél e unha vida de pecado contínuo, como dirían os curas...
Falo de pecado continuo porque este home se fixo con un pequeno harén de mulleres sudamericanas que buscan en él parte da soluccións a seus problemas de todo tipo. E cando o alcohol se coa xunta, droga, prostitución é algún que outro roubo... mellor é que digamos aquélo de... ¡Dios nos colla confesados! Esto é como vivir no inferno, sin pasar polo Tanatorio. ¡Señor, ten piedad!...
....................................................................
C O N S E J O S
"Si foses comer cos poderosos,
coida ben á carón de quén te sentas.
Pexa a túa gula e couta os teus degaros,
pónlle portas á fáme si a tiveras,
pois é pan mintireiro o pan dos ricos,
dulce por fóra, por dentro, amargo"... (sigue).
...................................................................
Celso Emilio Ferreiro
"Longa Noite de Pedra"
...................................
Libro de los Proverbios, cap. 23, vers. 1-9.
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (19-03-2014 12:05) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|