lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Maria a Comadrona |
|

Rompimos cunha tradición: a de colocar as fotos no fin de semana. Pero a veces hai que perdonarnos... menudo fin de semana que pasamos!
Con motivo da celebración dos Encontros en Carril estivemos coa exposición que montamos alí e preparando o pase do vídeo do sábado (ou do domingo, xa que retrasouse tanto por mor das outras actividades que a pasaron despois das doce da noite. Gracias a todos e todas que estivéchedes alí vendoa, que non érades poucos) e a cousa foi agotadora. Pero emocionante. Especialmente ao atoparnos coas caras das personas que saian da exposición, tras escoitar a Lita e Xiné, e ver ese bo millar de fotografías (que a moitos se lles facía pouco, sodes uns abusadores, pero con cariño). As caras eran de felicidade, e os que nos coñecían (quedan poucos que non) dábannos as gracias, sen saber que as gracias témolas que darllas nos polo feito de colaborar da forma que o fan co Faiado.
Pero xa estamos aquí, de volta, e aquí está a subida que non poidemos facer antes. Como xa avisamos abrimos unha nova Galería, a de Sobradelo. Pouco a pouco vamos abarcando toda Vilagarcía, tarefa bastante difícil, máxime nas condicións nas que nos atopamos. Pero faise.
E para que non vos esquenzades de como era a praia Compostela (logo da "fabulosa" reforma) vamos colocando algunha fotografía co fin de manter en pé a súa lembranza.
pasade xa e contemplar esta subida:
A Vilagarcía de onte (12)
Personas inesquencibles (5)
Sobradelo (17)
A praia de Compostela (1)
De barrios (1)
Primeiras comuñóns (1)
E agora disfrutade. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|