lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ADICADO AOS GALEGOS QUE VAGAN POLO MUNDO |
|
 Hoxe, 17 de maio, é o día das Letras Galegas, e decir: un día importante para Galicia, para os galegos de dentro e de fora.
Galicia é case sinónimo de emigración, porque de Galicia, por emigrar, emigraron: traballadores, intelectuais, enerxía eléctrica e capitais.
Aos da Europa, de ahí o lado, a que comparte moneda con nos, e a da diáspora, Arxentina, Perú, Venezuela, Uruguay, Colombia, Brasil, México, Chile,... A todos eles vai adicada esta subida, co noso abrazo desde Vilagarcía, cheo de desexos positivos para a nosa xente que se foi polo mundo adiante en busca dunha vida mellor.
Por iso a única Galería na que vamos a colocar fotografías é na de SEMPRE EMIGRANTES. E van a ser vintecatro novedades.
Disfrutade e ser vós mesmos sempre. |
|
|
|
MOMENTO IMPORTANTE |
|

Para nós, os do Faiado Da Memoria, emocionalmente é un momento importante. Tocóunos facer o documental da nosa vila, había que facelo e o facemos vocacionalmente, encantados da vida.
Somos un pouco osados porque xa queda moi pouca xente que nos poidan falar dalgunhas cousas... por exemplo da Escuadra Inglesa. Non falamos de HISTORIA con maiuscula, esa sería moi fácil, tirar de arquivos, hemerotecas... Nos queremos relatos personais, de xente que convivise cos ingleses... bueno... conseguímolo, estamos ledos.
O Ouro nejro do Carril, da Vilagarcia que bañaba o mar, do fundimento do Cabo Razo...
Precisamente o domingo pola noite sae disparado o Antonio a grabar a maqueta do Cabo Razo a Bilbao, como quen di, ahí ao ladiño mesmo. E logo a seguir montando.
Na colecta para o documental imos ben, moi ben, pero nos gustaría que o comercio, as empresas que viven en, e de, Vilagarcía, colaborasen un pouquiño co documental da vila da que eles viven.
Por Orgullo, por dignidade e xustiza.
A os blogueiros...¡GRACIAS¡ Mellor imposible...
Ahí, a vosa esquerda deste monitor podedes ver as personas, comercios e empresas que a día de hoxe, 12 de maio, levan aportando algo a este proxecto. Gustaríanos velo nome de moitísimas mais personas nel. Queda un mes xusto para o remate da campaña.
Pero, ao marxen de toda esta información, de todo este traballo que estamos a realizar, non deixamos de subir, como cada semana, unha nova serie de fotografías. Onte xa fixemos un aviso creando unha carpeta nova para Guillán. Hoxe o facemos nas Galerías de:
A Vilagarcía de Onte (3)
Familia (7)
Gaudeamus Igitur (1)
Os Amigos (4)
Vilaxoán (9)
Agora a disfrutar. E tamén podedes sair que o tempo fora da casa, en Vilagarcía, é moi agradable. Os que vivan fora pode que sexa doutra maneira. Pero sempre se pode disfrutar. |
|
|
|
A BENVIDA A GUILLAN |
|
 Xa tíñamos ganas de incorporar ó noso Guillán ao blog, por merecimentos non é, só a maldita falta de tempo.
Hasta que hoxe nos decidimos abrir unha carpeta, si, con moi poucas fotos de momento... pero xa iremos subindo.
Falando de subir, hoxe adiantamos esto pero mañan... mais.
Galería de Guillán (5)
Disfrutade e permanecer atentos a esta pantalla. |
|
|
|
A SOLIDARIDADE E O FAIADO |
|
 Gracias a todos e todas que estades a colaborar con nós para a financiación final do documental Desde dentro do corazón. En próximos días iremos pondo os donantes nesa lista que hay aberta a esquerda desta pantalla, tal como reza a primeira recompensa que ofrecemos. Non se colocarán as cantidades donadas por respeto.
A pesares de que a achega económica na páxina de Verkami (premendo aquí http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9399 chegas rapidamente a ela) é bastante fácil, moitas personas teñen problemas para poder facer a donación, ben por que estamos pouco prácticos co mundo internet, ben por que non temos tarxeta ou por calqueira outra maneira, e se atopan coa imposibilidade de poder facelo. Para iso moitos están facendo o ingreso directamente no banco previo a que nos lles digamos o número. Se estás nesta circunstancia non dubides en enviarnos un correo electrónico (damemoria@gmail.com) e dirémosche os datos.
Por iso é difícil contabilizar todo o conseguido hasta agora. Por parte de verkami estáclaro: 480 ? (que para levar dous días está estupendamente) pero o ingreso en conta directamente é duns 200 pero sen poder sabelo exactamente xa que teríamos que ir ao banco e estará pechado durante o fin de semana.
Pero a pesares de estar altamente atarefados co tema da financiación ainda temos algo de tempo para facer unha pequena subida de fin de semana.
E as fotografías están colocadas nas seguintes Galerías:
O Carril (15)
A Vilagarcía de onte (11)
Amores (2)
Os Amigos (5)
Soan campás de voda (6)
Familia (4)
Primeiras Comunións (1)
Posando (4)
Terra de Artistas (con maiúscula) (1)
Agora a disfrutar e contemplar todas esas lembranzas que nos levan a tempos que só a nosa mente ten no seu maxín.
E o que poida que colabore co noso proxecto de documental. O agradecemento será eterno. |
|
|
|
A DIA DE HOXE TEMOS NO BLOG 7301 FOTOS |
|

Andamos con prisa hoxe, por un acontecemento familiar que realmente, co corazón, fainos ilusión, tamen emoción... bueno, unha chea de sentimentos.
Xa veredes no facebook de Margarita algunhas fotos do día de hoxe... si todo vai ben. Pero non adiantemos acontecementos e vamos ao que vamos que para iso nos temos levantado ben cediño esta mañán: A subida de fotos.
Esta semán vades a poder disfrutar coas fotografías que se engadiron as seguintes galerías:
A Vilagarcía de Onte (17)
Posando (15)
Vilaxoán (2)
Queremos informar que desde China mándanse mensaxes ao noso blog de publicidade en forma de spam, nos vámolas eliminando pero pode quedar algunha, si por favor vedes algo mandade un correo. Graciñas blogueiros, e a pasalo ben. |
|
|
|
PENÚLTIMA DE ABRIL |
|

Logo de voltar do Madrid (da gusto sair de vez en cando, da gusto voltar sempre), da proxeccion de Arde Madrid (vala a redundancia)retomamos as nosas subidas.
Hoxe na Galería de Gaudeamus Igitur colocamos 6 novas fotografías e na de Tradicions nosas, Actos e Festas, 15
Cada vez é mais cercano o día de remate do documental Desde Dentro Do Corazón que resulta ser un brindis por Vilagarcía, un orgullo de ser, de sentirse, cerca do pasado esplendoroso dun pobo que se merecía ser millor tratado do que foi. Non é nostalxia, é unha consecuencia de repasar as hemerotecas, de revisar a nosa memoria visual... Chegáronnos a comparar con San Sebastián e Biarritz ¿Quen da mais? O noso documental fala como un libro aberto. O noso documental esta casi a rematar ainda que... (xa vos contaremos). |
|
|
|
Subida semanal |
|

Logo dunha semana un tanto triste, triste no sentido de que morreu xente do pobo e iso sempre doe, por moita xente que naza ou veña nova, nunca se poderá sustituir a xente que perdemos. Nunca.
Neste fin de semana, que nos despide do noso ámbito local e nos dispoñemos a recorrela meseta como fixeron os nosos antergos, ainda que nos non vamos a recollelo trigo nin de emigrantes (isto último pode ser que teñamos que facelo o paso que vamos) senón a presentalo documental do faiado, Arde Madrid a capital do reino, deixamos unha subidiña para que estedes entretidos e non nos votedes en falla demasiado.
As fotografías novas están colocadas nas seguintes Galerías:
Familia (17)
A Festa da Camelia e do Marisco (7)
Trabanca Sardiñeira (7)
Que chege dunha vez a primavera dos sentimentos, que abandonemos a tristura e luza o corazón no noso ser.
Disfrutade Amigos e Amigas que os días son cortos e hai que enchelos de ilusións e soños realizados. |
|
|
|
SAUDE ÁS ÁRBORES DA PRAIA COMPOSTELA |
|

Porque lles debemos unha lembranza, onte taláronos, xa non están a beira da praia Compostela como o estiveron toda a vida, a beira da estrada que viron crecer e transformar e que ao final, como un Saturno de asfalto, acabou devorándoos.
Seguimos a lamentarnos pero os da poltrona nin caso, a poltrona imprime caracter e anula a debilidade.
Pensábamos que os bancos de Ravella sería o punto mais álxido da destrución do noso Patrimonio emocional-sentimental, pero ainda non acabamos de sorprendernos. Alguén virá que nos deixará abraiado.
Pois, saude ás arbores da Praia Compostela e pola nosa saude como Vilagarcianos e Vilagarcianas (si, con maiúsculas, e porque non?).
Na súa honra, como un homenaxe dos nenos e nenas que xogamos a súa beira, na Galería da A Festa da Camelia e do Marisco fixemos unha subida de sete fotos.
Disfrutade e non choredes por eles, por que iso vos impidirá realizalos comentarios comodamente.
Dentro de poucas horas continuaremos coa subida. Isto só é un adianto. |
|
|
|
Chegou a chuvia... boa falta fai |
|
 A subida de hoxe é:
A Vilagarcía de Onte (8)
Creo en Dios Padre... (6)
O Carril (20)
Familia (1)
Non vos queixaredes, hoxe portámonos ben. Non contamos nada do documental, porque Antonio sigue a gravar cousas novas que lle gustan... sempre lle gusta algo novo, sempre esta a cambiar... eche o que ten. O mais gordo esta feito, así que... calquer día... ¡SORPRESA¡
Bueno, disfrutade de estas vacacións os que poideron viaxar... ¡Que sorte¡ Os que non... tamén ten o seu encanto estar na casiña... co frío que fai. Bo comenzo de Abril. |
|
|
|
AS CASAS DA ARENA |
|

Entramos na última semana de marzo e iso, loxicamente, merece unha subida. E neso estamos.
Hoxe, ademai, Antonio atópase mais ledo xa que lle chegou o seu regalo de cumpreanos. Si, cun lixeiro retraso, pero é o que teñen os pedidos por internet, máxime cando veñen dese país cuia dirixente ten gañas de meter cizaña na nosa economía. Pois alá lle chegou unha gravadora de audio coa que quere recoller os sons de Vilagarcía para colocar no documental. Ou sexa que se o vedes pola rúa micrófono en mal non é que esté como o Gene Hackman na película do seu querido Coppola, a conversación. No, el só está a recoller sons de ambente para colocar no documental. Está como un neno con zapatos de charol (ou polo menos antes cando nos púñamos uns zapatos de charol de estrea llos mostrábamos a todo o mundo para que viran como brilaba. Aos poucos minutos xa lle tíñamos unhas raiaduras e xa non brilaba tanto, pero o efecto deslumbrante xa estaba conquerido).
Bueno, pero ao que íamos que é o que interesa.
Nesta nova fin de semana temos colocadas estas 44 fotografías nas seguintes Galerías:
A Vilagarcía de onte (14)
Os Amigos (4)
Trabanca - A Torre (4)
Amores (2)
Vilaxoán (22)
Agora só queda disfrutar e iso espero que o fagades tranquilamente, saboreando o momento coa mirada e a lembranza.
Bó fin de semana e tomar un pouco de sol que xa sabedes que en abril.... |
|
|
|
|
|
|
|
|