lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

ARREDOR DA ESTREA


Todo, toda a nosa vida xira arredor de "DESDE DENTRO DO CORAZÓN" que se estreara o 1 de Marzo e días seguintes. Non damos descanso ao corpo pero, as veces, esta tecnoloxía nos sobrepasa. Pero seguimos cara adiante.

Bueno hoxe a subida consiste en sete fotos en Guillán. E en Tradicións Nosas, Festas e Actos, 4

Boas tardes, bo domingo e boa saude para TODOS (e tamén TODAS)
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-01-2013 16:52
A PRIMEIRA DO ANO


Pois so subimos cinco imaxes. sigue habendo unha chea de fotos sEn comentarios, polo que os deberes ainda non están feitos.

Por outra banda temos moito que facer de traballo no documental "Desde Dentro do Corazón", de ahí que o noso tempo este moi racionado, máxime cando emos unha data fixa de estrea: o 1 de marzo (esté como esté, se hai algún falliño xa o arreglaremos a posteriori).

A subida de hoxe concentrámola nun lugar moi querido polo Faiado, son cinco fotografías todas de xente de Bamio.

Saude amigos e amigas.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 06-01-2013 21:05
FELIZ ANO AS XENTES DE VILAXOAN

Con dezasete fotos na carpeta de Vilaxoan, desexamoslle un feliz ano 2013. Que haxa saude e traballo o resto pagamolo todos. A os nosos amores teremolos mais ledos e estaremos todos con mais motivacions e ganas de reir, o dito Vilaxoan, FELIZ ANO NOVO
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-12-2012 23:50
Seguimos ca subida

Bueno no Carril metemos quince novas fotos, nos falan da familia Crespo, de Manuel Ramos e de xente querida e nosa, gracias a os donantes por compartir a memoria familiar con todos nos.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-12-2012 23:15
Agora os ARTISTAS

En Terra de Artistas subimos cinco fotos mais, e aproveitamos para pedir que o salón da Casa da Cultura que se está a terminar de arranxar, leve o nome do impulsor artístico, do mecenas de Matilde Vázquez, creador de mil historias, apropositos e faimerir: Don RICARDO URIOSTE MESANA
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-12-2012 22:54
Seguimos a subir

A Illa de Cortegada, vese incrementada con seis fotografias a mais, non esquenzades que esta e unha subida extraordinaria como agasallo polas festas
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-12-2012 17:31
Principio do agasallo

O Faiado da Memoria agasalla polo fin de ano a os seus mecenas, donantes, colaboradores e amigos, o facemos como millor sabemos e co que temos...fotografias. Escomenzamos coa galeria "Gaudeamus Igitur" os deixamos con cinco novas imaxenes.

Lembrade que esto soio é o principio da subida.

FELIZ ANO NOVO QUERIDOS E QUERIDAS
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-12-2012 17:14
A SUBIDA DE HOXE

Ai, despois de ter participado nas Xornadas pola Cultura Local de Vilagarcía onde nos presentamos, ainda chegamos con algo de forza a casa e fixemos esta subida.

Tamén se nota de que a conexión a internet mellorou e así temos unha subida mais grande que o habitual.

Pois alá vamos. A subida está semana está colocada nas seguintes Galerías:

FAMILIA 7

OUTRA MANEIRA DE VIVIR
4

PERCURAS E INVESTIGACIÓNS
2


PERSONAS RECORDADAS
5

E agora a disfrutar, os residentes na vila non sair da casa que o tempo está bastane movidiño ahí afora e xa se sabe que non hay nada como o fogar. Para os que estades fora pasalo o mellor que poidades e lembrar que sempre estaremos aquí servindo como ponte de unión.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-12-2012 22:54
EN DECEMBRO

Fai un nada estabamos disfrutando do vran neste noso paraiso de Rias Baixas, sin embargo xa e vispera do oito de Decembro...pasa asi a vida, a galope, por eso hai que disfrutar dos bos momentos, son rapidos, vanse pronto.

Subida de hoxe:

A VILAGARCÍA DE ONTE
1

PERCURAS E INVESTIGACIÓNS 2

TASCAS, ULTRAMARINOS, TAHONAS E COMERCIOS
6

TRABANCA E A TORRE 1

Falando de bos momentos...vemonos no Boliño. Brindaremos polos ausentes, e polos presentes.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-12-2012 23:14
Sentimos non poder facer mais


Escomenzamos esta subida de fotos onte. Debido ao cambio de domicilio e que as compañías telefónicas tárdanche un mes en darche a línea de adsl (toda unha vergonza) lévanos subir, unha soa foto, hora e pico. Sentímolo pero a paciencia agótase. Vodafone non arranxará isto hasta o 15 de Decembro (se non nos conta, polo medio unha nova tarabana por que xa van...). É desquiciante.


A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:


A LAXE 1


OS AMIGOS 4


Sentimos non poder subir máis fotografías.
Disfrutade do pouco que xa virá mais.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 01-12-2012 16:13
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0