lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Mercores 21 de Outubro

As duas subidas son no arquivo de TASCAS, ULTRAMARINOS, TAHONAS E COMERCIOS.
A fotografia de portada nos contan que é en Faxilde, no grupo as irmans De la Torre, Herminia e Luisa.
Bos dias, a ser felices.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2021 08:04
Hoxe martes dia 20 de Outubro

Subimos no Carril e en Tascas e Tahonas.
A foto nos señala o local de Fidecaya na Baldosa, un de tantos escandalos economicos sufridos.
Bos dias, a ter SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2021 08:32
As fotografias do dia

As encuadramos en Familia e Tascas Ultramarinos Tahonas e Comercios.
A fotografia de portada comunion en Cornazo.
Escomenzamos a seman, os do Faiado con varias vias de traballo, coma sempre, bos dias para todos moita Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2021 08:06
FACER XUSTIZA

Un convenio asinado polo goberno de España, pola Xunta de Galicia e pola Universidade de Compostela, vai permitir de aqui en diante abrir fosas en lugares distintos de Galicia. Fosas negras, cavernas do medo, que cando asesinaban a xente as enterraban sen xeito, donde cuadraba.

No noso pobo, no cementerio municipal, temos unha con dezaoito nomes, que se vai abrir en breves datas.

O Faiado da Memoria aporta as identidades dos cidadáns asasinados e enterrados nesa fosa. Para nos e os compañeiros de Iniciativa Cidadan pola Memoria que traballamos nesta loita é unha satisfaccion que se abra, buscamos reparacion, e somentes abrindo se fai xustiza
Por ultimo decir que traballar ca xente da USC non e nada novo, estamos a colaborar desde o 2006, por suposto da gusto facelo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2021 20:32
Anuncio de subida

Nas carpetas de O Carril é Vilaxoan.
A foto da portada e no Parque Rosalia de Castro, Estan os propietarios da panaderia Cornechos do Carril, xunto a sua irman Juana, Lameiro e o lembrado Recio ca sua dona.
Bos dias, bo domingo, Saude
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2021 08:49
Imos a Vilaxoan

O dia 29, as sete da tarde, no salon da Cofradia imos proxetar RESONANCIAS DO PASADO, un traballo de recuperacion de imaxenes donde aparece o Vilaxoan de antes, tamen as suas xentes.Ca colaboracion de Esperta Vilaxoan, da Repichoca, de Xan Mariño e da propia Cofradia. Coma sempre, entrada libre e gratuita.
Vemonos, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2021 08:25
Dia 16 de Outubro

Arrancamos con duas subidas unha no Carril e outra en Os Amigos.
Imos procurar disfrutar de todo o que temos, lembramos o ano pasado, cando as nosas vidas estaban cheas de interrogantes e de medo.Temos que superar situacions estresantes e non vivir angustiados. Son dous dias, boas datas, Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2021 08:14
Mediamos Outubro

Data marcada na memoria da memoria, no ano 1936 habilitabase a Illa de San Simon como campo de concentracion e chegaban os primeiros presos, mentras tanto en Baiona o terrible Pena responsable da garda civil en Baiona remata a sua caceria contra os irmans Luis e Jose Lopez, protagonistas do noso documental A VOLTA DOS NOVE,non esquenzamos aquela xente que pagou ca sua vida por ser de esquerdas cando chegou Franco.
A subida de hoxe esta no arquivo do Carril.
A foto de portada e a escola de Doña Concha en Vilaxoan.
Bos dias, Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2021 07:30
A subida de hoxe

Nesta data facemos verdadeira recuperacion de fotografias que forman parte da nosa paxina dende fai un tempo, bastante tempo, forman parte da Vilagarcia de Onte e aportan unha chea de comentarios dos nosos amigos, que forman parten dende o noso nacemento do proxeto do Faiado da Memoria.
Arrancamos, bos dias, Saude
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2021 07:35
O Cervantes

A subida do dia facemola en Terra de Artistas e Personas Recordadas.
Lembrade que o noso seguinte traballo para visualizar por todos os que nos seguides vai ser en Vilaxoan, a finais de este mes, libre, para todos e gratuito. Ate de aquela, bos dias, moita Saude
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2021 07:34
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [145]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0