lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Dia 6 de Novembro

Estamos a piques de rematar unha seman moi especial, as datas nas que unha marabillosa expedicion procedente de Verin e Compostela chegaron a traballar e abrir a fosa comun do cementerio de Vilagarcia. A USC, xunto a o Goberno de España e a Xunta de Galicia, unironse para identificar e darlle unha sepultura xusta a unhas persoas asesinadas e soterradas de forma indigna. Non apareceu nada, o equipo sigue a buscar.A seman proxima, todos estaremos na loita da busqueda, o luns de novo encendese a luz da esperanza.
A subida de hoxe integramola en Cornazo. Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2021 07:30
Dia 5 de Novembro

A subida de hoxe integramola en Tascas e Comercios, tamen en Personas Recordadas, na portada Luis Paz ca sua familia no barrio do San Roque, a dereita a sua cuñada Toñita del Rio, con un bebé no brazo, pode ser o propietario na actualidade do Bar XOXES, o seu fillo.
Pois bos dias, moreas de saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2021 07:15
Dia 4 de Novembro

A subida de hoxe esta integrada no arquivo de Tradicions e Festas, na portada os irmans Suarez de Trabanca Sardiñeira, fillos de Manuel Suarez, que en Septembro do 1936 foi sacado da sua casa, de noite, levado a o monte donde dispararonlle repetidas veces e o deixaron tirado e dado por morto. Non foi asi, Manolo arrastrandose, desangrandose alcanzou unha casa donde o auxiliaron,viviu para contalo, sua familia o meteu nun zulo donde tardou anos en sair. Esto pasou en Vilagarcia.
Onte no cementerio municipal buscaronse os restos de dezaoito asesinados, non se atoparon, no dia de hoxe mais do mesmo, continua a busqueda. Cando os asesinaron soterraronos en fosas individuais no chan, nin que decir ten que nunca comunicaron as familias o lugar, nin siquera o feito. As familias acudian a preguntar polos seus seres era enton cando lle decian donde estaban, as veces esa mision de comunicar o facia o propio enterrador da epoca, contaba polo miudo e as agachadas a ubicacion dos corpos. Cando pasaban cinco anos do enterramento, as familias recibian unha carta do Axuntamento donde se esixian vintecinco pesetas por utilizacion da fosa, estamos a falar de principios dos anos coarenta, anos de fame, as mulleres que habian deixado viudas non contaban cos cartos, non podian pagar...enton sacaban os restos e os botaban, disque, na fosa comun.
Cabe a posibilidade que non fose asi, pero un profundo descoñecemento nos invade, non sabemos mais, as familias contan o que lles contaron e os que xestionaron toda esta inxusticia xa non viven.
Por outro lado o cementerio xa non é aquel que habia, hubo unha abondosa construccion de nichos, a fosa menguou, xa non ten a extension primaria.Non sabemos que pasará, somentes que SI os buscamos.Que desde o goberno de España, a Xunta de Galicia. a Universidade de Santiago, e o Faiado da Memoria elaborouse un plan de busqueda dos restos dos defensores da Liberdade e da Republica, un plan que a dia de hoxe continua da man dos Arqueologos e do Antropologo Fernando Serrulla, que ali estaremos a pe de fosa cheos de esperanza, de Xusticia e Dignificacion.
Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2021 07:12
3 de Novembro data de REPARACION

Hoxe se inicia no cementerio municipal a apertura da infame fosa comun, hoxe e o dia da Reparacion, do homenaxe da sociedade civil as vitimas do fascismo mais cruel.A intervencion da apertura corre a cargo da Secretaria de Estado da Memoria Democratica, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. Ali estaremos o Faiado da Memoria autores da investigacion que leva a identificacion dos enterrados e as suas familias.
Temos un sentimento neste momento moi profundo de emocion por todo o que significa o dia e o razonamento que nos leva a pensar que logo de tantos anos pode pasar calquer cousa, que os restos non aparezcan, foron tirados de calquer maneira, sin ataudes, en contacto ca terra mais de oitenta anos.
A subida de hoxe encuadramola en Sobradelo, e Creo en Dios Padre
Na portada Antonio Sayanes, unha das vitimas da fosa comun
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2021 06:36
Dia 2 de Novembro Martes

A subida de hoxe a colocamos en Trabanca Badiña A Torre, a portada corresponde a alumnos do Instituto Laboral.
Escomenzamos seman, bos dias, Saude.

Creo que puedo identificar al grupo: De abajo arriba y de izquierda a derecha,en la fila de abajo están Federico (Fico), Barrios,Oubiña y Vilas,en la siguiente Jesús Berride,Víctor Varela,Lorenzo,Javier Álvarez, Manolo Arca Muñiz y Julio Tuñez,en la siguiente, Seagre, Paco Briones,Andion,
Tato del Río y Barca, y en la última están, J Fernández, Acha Porto,?,Carlos Morales,Carlos Tuñez y Jacobo.
Hay uno que no me acuerdo de su nombre (lleva gafas ?)
La fecha debe ser de los años 1958/59 no estoy muy seguro.
Identificacion de Jesús Berride López
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2021 07:24
Terra de grandes nadadores

Fotografia de Javier Alvarez, no muelle de pasaxeiros, na corchada que instalaba o Liceo para as competicions que se organizaban. Era Septembro do 1961, foto Nacho. O noso pobo sempre foi lugar de bos nadadores, feito bastante normal nacimos co mar acompañando as nosas vidas.
A subida de hoxe as encuadramos en Gaudeamus e Os Amigos.
Aproveitamos pra darlle a benvida a Novembro, lembrade o ano pasado por estas datas, estabamos moi preocupados polo que estabamos a sufrir.Bos dias para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2021 07:19
Rematamos Outubro

Xa sabedes que hoxe e o ultimo dia do mes, esta pasada noite cambeou a hora, e a nosas subidas estan en Outra forma de Vivir e en Tascas e Ultramarinos, na portada un impresionante Muelle de Ferro, orgullo e soberbia de Vilagarcia, que sempre tivo a desgracia da mediocridade dos seus gobernantes.
Bos dias, moitisima saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2021 07:29
A nosa subida do dia

As duas fotografias de hoxe estan insertadas no arquivo de ATOPANDO DETALLES.
A fotografia de portada, é o noso veciño Eladio Guillan das Carolinas.
Pois bos dias, que pasedes unha boa fin de seman.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2021 07:35
Entramos para dar as gracias

Porque hoxe proxetamos no Fogar do Pescador en Vilaxoan, o documental RESONANCIAS DO PASADO.é facia falla moito animo pra sair da casa, de verdade moito animo. De non estar semexante tarde de choiva, non ibamos rexer de tanta xente. Foi moi agradable, moi agarimoso, distinto, como é Vilaxoan, TODO BÓ.
Voltamos a dar as gracias a todos a Begoña, a Xan a Bobi e a Candido. A Repichoca, Esperta Vilaxoan, Mr Misto, Cofradia de Pescadores. Ata outra
Fotografia de Jose Luiz Oubiña
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2021 21:48
29 de Outubro, Venres

Toca adicarlle a tarde a proxeccion de RESONANCIAS DO PASADO, toca Vilaxoan, e si chove que chova, proxetamos a cuberto, os paraguas estan inventados.Esperamosvos ¿Eh?
A subida de hoxe integra en Vilaxoan.
Vemonos, bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2021 07:21
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0