lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

XA ESTÁ PRÓXIMA A EXPOSICIÓN DO CARRIL

E para empezar colocamos o que vai a ser o cartel da exposición con ese título de O Carril. Cheira a mar. Con esa rúa do Carme mostrando a súa vitalidade da época e esa cor azul que, para nos, simboliza un brazo de mar que abraza a rúa e a enche do seu cheiro particular. Mar e Carril, palabras que poderían ser sinónimas e unha soa.

E como vai a ser a exposición?. Ah! Bonita pregunta.

Desde fai días puxemos a traballar os concelleiros, de Educacion e Cultura, Susana Camiño e Xose Castro Raton... e responderon. E a exposición vai constar de seis pantallas de televisión donde se pasarán de forma ininterrumpida fotografías en bloques temáticos e diferentes en cada aparato.

As fotos irán identificadas cun número, para aquela persona que queira ter información da mesma, e terá referencia dese número nunhas follas donde se dará unha explicación sobre a mesma.

Pero non só é imaxe o que os nosos sentidos poden degustar. Tamén será son. O mar seguirá presente pero sobre todo a música gravada para esta exposición polos sempre belinxerantes irmáns Garrido (Lourdes, Pilar e Javier) que xunto a Juan Carlos Porto nos deixaron un bo conxunto de cancións tradicionais co leit motiv de Carril de fondo.

E como "se vas a Carril verás a Cortegada deitada no mar" tamén será esta agrupación coral (Cortegada) a que nos deleitará coa súa actuación o día da inauguración, nas vísperas de San Fidel, o 30 de xullo as 21:00 horas no Gato Negro.

Alí os vamos a esperar para que disfrutedes e lembraros que estará aberta ao público hasta o día 31 de agosto.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2010 12:06
NIN UN PASO ATRÁS

Vaiche boa que estas verbas adicadas o Carril deberían estar no blog, pero non somos perfectos, tamén nos deprimimos, frustrámonos, pasámolo mal.

Desde xaneiro pasado estamos a traballar nunha exposicion para o Carril. Chamamos aos nosos colaboradores, fumos as casas, dimos a tabarra de mala maneira, estivemos na Cofraría, no Gato Negro, gravamos a xente, logo de sentir ese trato humano que nos deron os veciños do Carril, quixémolo facer ben, encerrámonos e puxémonos a traballar. A cousa deu para moito. Tíñamos feito coarenta e catro paneis. Cando os rematamos viu a sorpresa: No Concello dixéronos que non había cartos para a imprenta.

A nosa ilusión polo chan.

Sentimos rabia, frustración...¡Pero non había volta de folla! Era un efecto colateral da tan nomeada crisis. Chegounos.

Pero se non temos cartos (nunca tivemos moitos) o que si nos sobra é imaxinación. Ben, puxémonos a discurrir (especialmente Marga que o Antonio ten a cabeza noutros lares, hai que diversificar, como el di), non podíamos deixar a xente tirada, a xente estaba encantada coa idea, e so o comunicarlle persona por persona de que a cousa no ía adiante as enfermaba e parecía contaxioso posto que tamén nos afectaba a nos.....Bueno pois imos facer unha exposición para tempos de crisis.

Vamos a realizar UNHA EXPOSICIÓN VIRTUAL!.

E iso que é. Bueno, moi ben non o sabemos pero a solución cando cheguen as festas de San Fidel e no sitio que tíñamos preparado: o Gato Negro.

Nese día despexaranse tódalas incognitas.

Mais información en próximos capítulos. Permañezan atentos a esta mesma pantalla.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2010 19:37
PRESENTACIÓN DOCUMENTAL EN MADRID

Queridas amigas e amigos, ainda que non é laboura deste blog e por iso este post será borrado a partires do mércores, vamos a informaros que o próximo martes, 22 de xuño, as seis e media da tarde, vamos a estar (de corpos presentes) no salón de actos da biblioteca da Universidad Complutense de Madrid, na rúa Noviciado, 3 (Tfnos.: 913946642 - 913946612 - Fax: 913946599. Correo electrónico: bucpifoa@buc.ucm.es) para presentar o documental, dirixido por Antonio, "Aillados".

O documental, que foi comenzado fai a friolera de moitos anos (sobre o 1986) e, definitivamente, rematado no ano 2001, relata a historia dos presos que foron confinados na illa de San Simón durante o tempo da guerra civil. Esta historia está contada polos propios presos o que lle da un carácter de testemuño especial.

Aquí podedes ver un resumo/avance do documental:




Xa o sabedes, os que vivades por Madrid, ou aledaños, estades convidados a pasaros pola biblioteca Marqués de Valdecillas donde podemos disfrutar coa vosa compañía. E falar e falar.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2010 09:15
GRACIAS CARRIL!!!

Aproveitando a imaxe de Rosi e Fernanda Eiras da Cofradía de Pescadores do Carril, avisamos de unha nova subida ao blog. Trinta fotos na galería de O Carril.


A semán pasada o pobo colaborou de forma marabillosa co Faiado, e sigue a colaborar. Estamos pensando en facer unha Exposición sobor o Carril e para o Carril.


Ben, tendo en conta isa colaboura, facemos a subida. As fotos mais antiguas das Familias ímolas a gardar, pola posibilidade que vos falamos da exposición.


Disfrutade con tranquilidade e non vos esquenzer dos comentarios que esperamos como auga de maio (bueno, senón cae auga en maio tampouco a vaos a botar en falla que xa caeu bastante neste ano)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2010 22:42
Familia Sosin
Hoxe escomenzamos unha pequena subida que rematara maña. Antonio esta en Teruel precisamente con un traballo sobre a memoria, i o resto do Faiado traballou toda a seman no Carril. O fin de seman empleamolo na preparacion das fotos, hay que preparalas antes de facer a subida. Xa vedes que non paramos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2010 00:13
Traballan cos mariñeiros

Rosi e Fernanda Eiras, fillas e netas de mariñeiros son as que na actualidade levan a administracion da Cofradia. Con elas Malu, filla do lembrado Raul Conde
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2010 09:02
Colaboracion
E para que vexades, a Cofradía do Carril seguirá colaborando con nos, aquelas personas que non puderon acercarnos as súas fotos, poderán facelo por medio das traballadoras do Pósito. Deixando as fotos na Cofradía, darannos o aviso e polo mesmo medio devolveríamolas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2010 08:58
Agradecementos

Pois como nos enseñaron a ser agradecidos, porque e de ben nacidos e nos o somos, vamos dar as GRACIAS por esta semana de memoria Carrilexa.

O cincuenta por cento do Faiado estivemos toda a semana na Cofradia de Pescadores do Carril facendo unha recollida de fotos para, nun futuro próximo, facer unha exposición. Decimos o cincuenta por cento porque o Antonio esta a facer un documental na Andorra de Teruel. Documental sobor a Memoria Historica que é o que sabe facer o pobre.

Ao que íamos: queremos agradecer a xente do Carril a súa acollida, a colaboración, o calor, o estar na casa, o sentirnos arropados, os encontros coa infancia, os recordos imborrables...

Agradecer a Fernando o Patrón maior da Cofradía, todo o que nos axudou, e sobor de todo as traballadoras do Pósito, a Rosi e Fernanda Eiras, e a Malu, que tiveron que sofrir as incomodidades da nosa presencia.

A Todos e Todas... GRACIAS¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2010 08:50
Unha visita polo PASEANTE

O que vaia polo PASEANTE pode atoparse, de súpeto, cun vídeo dun ensaio da Coral Cortegada que dirixe o noso amigo e compañeiro Juan Carlos Porto.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2010 08:23
Fotos da gala do "Arousán do ano"
Son fotos feitas por nós nunha rápida pasada polo auditorio antes e que comenzase o acto. Son poucas posto que non se pode estar na misa e o mesmo tempo repenicar as campás (ainda que podíamos intentalo) pero volas deixamos no Paseante para que podades disfrutar delas.

Premer aquí e chegaredes axiña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2010 02:59
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0