lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O meu Esteban de cumpleanos

Esteban Oubiña Lorenzo, foi un neno moi activo, un neno tierno, marabilloso. Sempre estiven enamorada de el, vivin a sua infancia moi preto da sua familia, dos seus pais, Loli e Manolo, querolle a Esteban moitisimo e hoxe sin poder vernos, sin poder darlle un bicaso e unha aperta moi grandisima desexo que teña un feliz cumpleanos, queda pendiente para celebrar esto e outras cousas importantes da vida. Dia grande, moitos bicos
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-01-2021 07:58
Ultima seman de Xaneiro

A ver si recuperamos un pouco de alentó e abrimos as portas a sensatez a vida. Xaneiro estase a comportar de forma moi dura, debido claro esta a comportamentos pouco serios. Estamos a rematar este mes, seguiremos loitando o dia a dia cara a supervivencia, a saude, a liberdade que da ter saude, a esperanza, o optimismo, o contacto ca natureza,a normalidade, o respirar aire puro sin mascarilla.
Animo, todo chegara, bos días, Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-01-2021 08:39
Agotando datas

Pasan os dias, por certo tristes dias porque a prensa nos fala de miles e miles de mortos no pais e nos non somos quen de permanecer alleos a o dolor, non somos capaces.
Anunciase que os malos datos van durar un tempo, sigamos a coidarnos, non sair da casa si non é autenticamente necesario, teñamos responsabilidade e sentido comun.
Bos DiAS, saude
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-01-2021 08:21
Facendo Desastres

Nunca nos cansaremos de facer memoria, non estamos a inventar nada, o mar chegaba a Alameda e non se lles ocurreu millor cousa que facer recheos sobre a nosa ria, apartar o mar da nosa vista, increibles pensamentos rondaban por esas cabezas.
Esto contamolo moitas veces, pero hai moitisima xente que non o sabe
Bos dias SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 11-01-2021 08:44
Un tercio de Xaneiro

Pois xa rematamos os primeiros dez dias do mes de Xaneiro. Foron terribles en frio e tamen co covid, hai unha chea de contaxios, terrorificos porque tamen os xovenes os sofren, as veces as consecuencias son terribles.
Bueno, seguide a ter coidado, non baixar a garda, estamos no pior, era previsible as consecuencias das festas.
Bos dias SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-01-2021 08:15
Primeiro do 2021

Son as oito da mañan e o pobo esta cuberto por un silencio absoluto, somentes queremos que esta noite de relaxacion no coidado da pandemia non afogue esperanzas no transcurso dos dias.
Celebremos todo con responsabilidade.
Bos dias moitas felicidades, SAUDE
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-01-2021 08:45
Dous dias pra rematar o 2020

Esperamos que o proximo ano veña un pouquiño millor, non o ten moi dificil, polo de pronto no dia de hoxe escomenza a vacunacion en Vilagarcia, nunha residencia, boa noticia, marabillosa noticia, a millor, como di un anuncio dos da tele...¡Que lle den a 2020¡
Seguiremonos coidando, ai que esperar a inmunidade maioritaria para poder facer unha vida normal, estamos no camiño, temos a porta aberta a esperanza.
Ide pedindo cita previa para as festas que imos facer, as temos a debito.
Con Margó Crespo na imaxen a o fondo Cortegada.
Bos dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-12-2020 08:41
Vilagarcia e o futbol

Noso pobo ocupa un lugar importante no estado en cuestion do futbol, a finais do 1800, a Escuadra Inglesa descansaba das suas maniobras do Atlantico no porto de Vilagarcia, millor dito no medio da ria de Arousa, porque no porto eses grandes barcos non tiñan o calado suficiente.
No 1907 tiñamos o Club de Futbol Vilagarcia e na sua directiva atopamos de vicepresidente a Charles Lessner casado con Josefina Porto e sobriño do filosofo e pensador Karl Marx, o presidente era Reinaldo Cameron Walker vice-consul ingles en Vilagarcia. O futbol en España entrou por Vilagarcia da man dos ingleses
De toda a vida ós de Vilagarcía chamáronnos “os ingleses”. De toda a vida, , a escuadra inglesa recalou nesta Vila. Comenzou a vir desde mediados do século XIX e está claro de que, ademáis do diñeiro e algunha cousa máis, deixáronnos o futbol, “el juego de la pelota” como ven expresado na prensa da época. Ese deporte que os británicos inventaran e que logo foron difundindo alí por onde pasaban.

O “Faiado da Memoria” atopamos na “Gaceta de Galicia” do 27de febreiro de 1883 tamen, unha reseña do “Faro de Vigo” onde se fala de cómo os mariños ingleses estaban a “xogar a pelota” no malecón e de cómo a xente do pobo acudía a velos.

Cando os ingleses recuncaban na vila non era extraño que a prensa local, como “Galicia Nueva”, escribese: “todos estes pasados días han jugado al football y hokey los oficiales y marinería francos de servicio...”

Desta relación ingleses-futbol-Vilagarcia podemos darnos conta cando, uns anos despois, se constitue unha directiva de futbol. O equipo chamaríase o “Villagarcía foot ball Club”, sendo o seu presidente Renaldo Cameron Walter, cónsul inglés en Vilagarcía e como vicepresidente a Charles Lessner.

Explicao moi ben, no ano 50, Luis Bouza Trillo cando relata a historia do futbol local nun artigo publicado en “el Pueblo Gallego” sobre a “historia y antecedentes del Arosa S.C.”.

Tamén nunca “croniquilla” escrita por un tal V. Klé onde fai referencia as relacións dos ingleses e Vilagarcía e o “esport” que os primeiros traian e que alborotaban a ría.
Na foto da esquerda vemos ó consul inglés en Vilagarcía, Cameron Walker. Renaldo, casado con María Austroberta, tivo varios fillos, entre eles Carmen, máis coñecida por Cachúmbala. Vivía nunha casa do barrio da Prosperidade (hoxe sigue ali) e que da a praia da Concha e que a xentecoñecia como praia de Cachúmbala"Cameron foi un potenciador desde o Vice-Consulado ingles donde era o maximo responsable, das visitas da Escuadra, tamen de que en Vilagarcia se xogase a o futbol
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-12-2020 08:49
Escomenzamos o inverno

Estamos todos con ansias de que a normalidade chegue as nosas vidas, de poder relacionarnos ca xente querida, ca familia, cos amigos, mañan comenza un inverno distinto a todos os vividos. A seguir tendo moitisimo coidado e paciencia. SAUDE, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 20-12-2020 08:06
Xornadas en Vilaxoán

O próximo fin de semana no salón da Cofradía celébranse unhas xornadas moi interesantes a debatir, vaise falar entre outras cousas da defensa dos valores da liberdade, da man de Anxo Doval e Maria Jose Costa.

Deixamos o programa porque nos parece de moitísimo interés no eido de aprender o que non sabemos:

VILA MARIÑEIRA 18, 19 e 20 de decembro. Salón da Confraría de Vilaxoán.

VENRES 18 19:00 Acto de apertura.
Unha vida pola liberdade: Luís Costa García” Maria Xosé Costa Alcalde. Docente

"A loita pola liberdade do rural de Vilaxoán. 1936”Xose Anxo Doval Rey. Historiador

SÁBADO 19 18:00
A realidade lingüística dunha vila de Arousa” Manuel Portas Fernández. Sociolingüísta

19:30 “Vilaxoán no seu contexto urbanístico” Conversas con Daniel Pino Vicente

DOMINGO 20 12:30
A singularidade musical de Vilaxoán” Mesa redonda con:
Luis Cardalda. Director Comparsa “Marajota e media”
Carlos Rey. Folclorísta
Modesta Domínguez.Directora da Coral “Máximo Patiño”
Álvaro Cardalda. Director de Vilaxoán Canta.

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-12-2020 09:31
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [111]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0