lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Escomenzamos o inverno

Estamos todos con ansias de que a normalidade chegue as nosas vidas, de poder relacionarnos ca xente querida, ca familia, cos amigos, mañan comenza un inverno distinto a todos os vividos. A seguir tendo moitisimo coidado e paciencia. SAUDE, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 20-12-2020 08:06
Xornadas en Vilaxoán

O próximo fin de semana no salón da Cofradía celébranse unhas xornadas moi interesantes a debatir, vaise falar entre outras cousas da defensa dos valores da liberdade, da man de Anxo Doval e Maria Jose Costa.

Deixamos o programa porque nos parece de moitísimo interés no eido de aprender o que non sabemos:

VILA MARIÑEIRA 18, 19 e 20 de decembro. Salón da Confraría de Vilaxoán.

VENRES 18 19:00 Acto de apertura.
Unha vida pola liberdade: Luís Costa García” Maria Xosé Costa Alcalde. Docente

"A loita pola liberdade do rural de Vilaxoán. 1936”Xose Anxo Doval Rey. Historiador

SÁBADO 19 18:00
A realidade lingüística dunha vila de Arousa” Manuel Portas Fernández. Sociolingüísta

19:30 “Vilaxoán no seu contexto urbanístico” Conversas con Daniel Pino Vicente

DOMINGO 20 12:30
A singularidade musical de Vilaxoán” Mesa redonda con:
Luis Cardalda. Director Comparsa “Marajota e media”
Carlos Rey. Folclorísta
Modesta Domínguez.Directora da Coral “Máximo Patiño”
Álvaro Cardalda. Director de Vilaxoán Canta.

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-12-2020 09:31
2021 EN POSITIVO

Polo que podedes ver non foi un ano vacio, non, quizás poderíamos decir que foi un ano en que non poidemos facer todo o que quixéramos, pero adaptámonos. Iso debe ser por que estamos curtidos en moitas crisis.Esperamos que todas e todos estedes ben, quizás non disfrutando o que quixéramos, pero nada é para sempre,polo tanto para todos os nosos amigos, para todos aqueles que teñen que deixar a sua terra para poder sobrevivir que o ano que ben traia xusticia social, que boa falta fai.
Saude, memoria, xustiza e solidaridade no 2021
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-12-2020 19:19
A ver, imos contar


Pois xa sabedes que temos dúas casas virtuais: a Blogoteca e a casa nova ou Phottic. Ben, pois a última os seus propietarios cambiaron e van transformar as líneas dos seus traballos. Entón estamos nese momento en que primeiro abres a boca e tardas en pechala. ¡Mi madriña, as miñas horas, os meus días empregados en amoblar as duas casas!…

En fin, as fotografías son nosas, primeiro, gozan de boa saude dentro dos nosos arquivos, as que subimos, as que están na paxina cos seus comentarios, van a sufrir un volcado e nolo envían todo.

Serán memorias recuperables para un novo solar, si pero….quédanos un regusto amargo, hai que empezar de novo a aprender técnicas que as veces chocan coas ganas que temos de traballar.

Paréceme que xa é bastante promocionar o Faiado subindo unhas cuantas fotos ao día. Si ainda por riba entramos en tempos de pedagoxia…. en fin, xa iremos contando, o que si de esta vez imos procurar que a casa sexa nosa de verdade. Xa está ben, inaugurámola o doce de Agosto do 2013, fixo sete anos. Temos nela 9.745 fotografias.. que doen. Antes de subilas transformámolas, cambiamos tipo de arquivos, recortamolas, poñemos letra….

Seguiremos contando, bos días e que sobre SAUDE e MEMORIA que contar.
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-12-2020 09:09
Pasou a primeira seman

De Decembro, a os poucos rematara este ano, traxico de verdade, mortos a centos, sobor de todo entre os nosos maiores que a administracion tiña que coidar millor. Atipico ano, nos enfrentamos a un enemigo descoñecido, a nivel mundial, é coidadiño todos mentras non chege a vacuna, polo menos nesta casa a estamos a esperar, nos somos racionalistas de raciocinio, o dos negacionistas a ciencia nin o entendemos nin o asumimos, pero hai xente para todo.
Bos dias, coidadevos, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-12-2020 08:17
Onte na TVG

No programa ZIG-ZAG, da Television de Galicia, o programa esta presentado por Pilar G Rego, un programa cultural, que xa leva dez anos a diario en antena. Nos encantou a profesionalidade da presentadora, coñecia a o dedillo o documental.Por algo e o espacio mais galardonado no ambito audiovisual, ten cinco Mestres Mateo.
O noso documental non ten a promocion que deberia, o Covid nos impide a sua proxeccion por ahi fora, o 2020 non esta para os temas da cultura, como non está para outros, supoñemos que ira pasando, si tedes oportunidade quedadevos co titulo: EU TAMEN NECESITO AMAR. E a historia das mulleres no franquismo, a traxedia de nacer muller en aqueles tempos.
Bos dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 04-12-2020 07:54
Vemonos, o dia 28


EU TAMÉN NECESITO AMAR estará presente na Semana de Cine de Lugo dentro da Sección Oficial.
Será a última película a ser proxectada no festival, o sábado 28 de novembro ás 21:00 horas.
Xa o sabedes Xente de Lugo



Paxina Web do Certamen
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-11-2020 16:06
Xa se fala da vacuna

Contra o Covid, primeiro enemigo do mundo enteiro na actualidade. Xa hai vacuna nin se sabe cando se podra facer uso de ela, pero esta a porta aberta da esperanza, deberiamos aprender todos de esto en primeiro lugar os que teñen competencias en materia sanitaria, a Xunta ten que poñer mais medios, mais medicos, mais hospitais, na sanidade dimos moitos pasos para atras, eso de atendernos por telefono, é desalentador, frustrante.
Bos dias, SAUDE
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-11-2020 08:15
Segundo dia de medidas especiais

Pois que sorte temos...¡Vivimos¡Xa vai alá a primeira seman do mes de Novembro. Hoxe, domingo, podedes aproveitar para entrar nas duas casas do Faiado da Memoria, na casa vella, na que estamos blogoteca.com/ofaiadodamemoria/, e a nova ofaiadodamemoria.org. As veces alucinamos que amigos, colaboradores, donantes...non sepan facer uso dos nosos recursos. De verdade que temos un bonito traballo a vosa disposicion. Estamos aqui para axudar. Chamademe, 986186893 o noso telefono.
SAUDE, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-11-2020 08:47
O noso brindis por Javier Lores

Nestes momentos, duros momentos para sectores como a hostelería, ocurreusenos, porque vivimos nun pobo pequeño botar man do que esta a pasar un hostelero vilagarcian, ou veciño de Vilagarcia, tanto ten.
Javier Lores, propietario de unha pizzería (A Pizzeria de Javi) o pasado dia 16 de Septembro, mentras puxo os fornos de facer pizza en marcha foi a unha cafetería enfrente, na rua Xeneral Pardiñas a tomar un café, cando estaba sentado na terraza, un adorno do edificio, desde o terceiro piso caeu ferindo gravemente a Javier. Non imos entrar en detalles, douselle por morto.
Os efectos colaterales afectaron tamen a cafetería Bitacora, tivo que sufrir un cercado de cintas da Policia Local, que loxicamente tiñan que marcar o lugar, tamen prohibir o paso por si o accidente se repetia. Non puido poñer mais a terraza, onte como toda a hostelería tivo que pechar.
A estas alturas, sabemos que Javier saiu da UCI, sabemos que operarono varias veces, (O noso brindis faise extensivo a eses cachos de neurólogos-ciruxanos que teñen a saude de Javier nas suas mans)e sabemos que vai moito millor
A este caso de superación humana, adicamoslle hoxe, no que empezamos un mes con medidas especiais para mellorar os contaxios da pandemia o noso rincón do Faiado, admiramos a Javier Lores, alucinamos ca sua forza, nos alegramos moitisimo da sua mellora. Non é que os demais hosteleros non teñan razón, o gobernó ten que mirar polos sectores mais tocados por esta crisis. Polos hosteleros, polas mulleres que estan traballando en negro sin asegurar, as botan das casas que atendían, porque poden ser vías de contaxio, a xente como a nos do mundo da cultura con un documental parado pola situación actual. Os da cultura siguen a comer todolos días, a os traballadores con uns empresarios podres que aproveitan a situación para despedilos....e tantos, e tantos, e tantos.
Levantamos a nosa copa pola continuación da mellora de Javier Lores, para poder traballar ai que coidar a vida. O pior da pandemia e para os que morren
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-11-2020 12:23
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0