lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Amparin

Filla dos valencianos, afincados no noso pobo fai unha chea de anos, donde se habian adicado a o sector da fruta, primeiro os seus Pais, a continuacion Amparin co seu home Manuel Abalo xestionaron Fruteria La Valenciana na rua Padre Feijoo.
Hoxe despedimos a Amparin, confinados na casa non podemos expresar os sentimentos mais que de forma tecnoloxica, os humanos necesitamos proximidade física que acaba sendo emocional, compartimos a tristeza da perdida de Amparin co seu fillo Manuel, ca sua nora e netos, non esquencemos a sua irman Paquita, amiga do Faiado da Memoria. Vilagarcia perde hoxe unha filla querida da sua comunidade.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-04-2020 08:28
Finou Víctor Castro López

El nacera no barrio da Lomba, de profesión mestre, moitos anos exercendo en Marín.
Victor era un poeta con unha obra longa editada, entre elas RETELLANDO a súa última obra presentada no IES Illa de Tambo en Marín, a súa segunda patria.
Víctor últimamente tiña abandoada a poesía feita con rima, abrazou as novas tendencias, el chamabaas conversacionais, poesía que fala dos problemas sociais, dos problemas que a Tito lle preocupaban.
A principios dos sesenta xogou no Arosa, con Tatá, Paco Fandiño, Toño Casabella,? aquel equipazo que unha tarde por semana entreaba en Balaidos co Celta de Vigo, tendo numerosas anécdotas da pasión de Victor polo Arosa.
Hoxe deixanos para sempre Tito como era coñecido entre nos, ciudadano importante da nosa vila, desde o Faiado da Memotia agradecemos o seu exemplo de vida.
A súa familia o noso sentido pésame.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-04-2020 14:04
Esquela de Jose Cuervo

Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-04-2020 18:36
Finou Jose Cuervo

Era coñecido pola xente da casa como Xuxe, foi un empresario da madeira, con unha vida sempre como era El, sensato,responsable,solido é moi cariñoso. Casou con Milagros de Rubians que foi a sua compañeira,seu amor, a nai dos seus catro fillos, cando ela se foi, Xuxe escomenzou a querer irse tamen.
A Jose, eu sempre lle chamei Jose, que era meu amigo, desenrolamos os dous xuntos unha labor de anos dentro das APAS o vou botar de menos, para nos hoxe e un dia malo perdemos un AMIGO
A os seus fillos que perden un cacho de un Pai o noso cariño e sentimento de pesar, asi como a o resto da sua familia
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-04-2020 18:35
Pasamento de Maruja Feijoo

As suas fillas, a o seu xenro, a todos os seres queridos de Maruja o noso sentido pesame polo seu fallecemento.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-04-2020 08:18
Finou Manolo

Manolo Gonzalez Boveda era o fillo mais novo de Maruja e Marcelino, Marcelino o de San Jose, desde o Faiado sentimos non poder darlle unha aperta a Maruchi e Moncho, seus irmans. Xa sabedes que as condicions dos pesames son prohibitivas pra as presencias nos tanatorios. Pero queremos decir que non estan sos. Paz e forza pra estes momentos duros, o noso pesame pra toda a familia.

Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-04-2020 08:42
Fallece por coronavirus el histórico exjugador granate Marcelino

Sentimos a morte de Marcelino, do Carril, persoas das nosas que acaba de fallecer na Cruña. A sua familia noso mais sentido pesame.



El histórico exjugador del Pontevedra, Marcelino García Pérez, conocido como El Rubio falleció el jueves en A Coruña, a los 83 años, como consecuencia del coronavirus.

Marcelino militó en el Pontevedra Club de Fútbol durante cuatro temporadas en las que consiguió el ascenso a Segunda División en junio de 1960 y, tres años después, a Primera.

Nacido en Carril (Vilagarcía) se formó en el Arosa, aunque en el Pontevedra recaló procedente del Arsenal de Ferrol, ciudad a la que se había desplazado para realizar el servicio militar. El defensa fichó en la entidad granate antes de comenzar la liga 59-60 para reforzar a un conjunto en dinámica positiva y que aspiraba a volver codearse con los mejores en Tercera División.

Marcelino fue clave en aquel equipo que logró el campeonato de liga y que posteriormente protagonizó la primera gran hazaña de la historia del club al alcanzar el primer ascenso a Segunda División después de una apasionante eliminatoria con el Burgos, que culminó con el partido de La Puentecilla de León, en el que el arousano fue determinante.

El Rubio fue uno de los jugadores más valorados de la plantilla en ese ejercicio al recibir 7,850 puntos, al igual que Cholo, Pirelo, Ferreiro y Alcalde. Los más destacados fueron Otero y Kaki con 10,00, mientras que el portero Tito Estévez obtuvo 9,5.

En la primera temporada en Segunda disputó doce encuentros, justo el doble que en la campaña siguiente en la que solo disputó seis partidos. Su presencia en la formación granate fue bajando hasta solo jugar dos partidos en la campaña en la que el Pontevedra CF ascendió a Primera División.

Tras salir del Pontevedra CF su carrera deportiva continuó en el Racing de Ferrol, donde también está considerado como un jugador importante de aquella época.

Su muerte se produjo en la ciudad de A Coruña donde vivía desde hace algún tiempo. Su fallecimiento ha causado un fuerte pesar entre los supervivientes de aquella época granate, ya que lo siguen considerando como un futbolista fundamental en un conjunto que describió una trayectoria espectacular y que tras un agónico play-off de ascenso consiguió el anhelado ascenso a Segunda División.
CRONICA DO DIARIO DE PONTEVEDRA
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-04-2020 13:01
Finou Bernardo

Bernardo Viqueira Pérez, do Carril, finou no día de hoxe.

Triste data para os seus familiares e amigos.

Bernardo é unha persona querida no seu pobo. Fillo de don Nicolas Viqueira, médico do Carril unha chea de anos, Bernardo, coma o seu pai, tamén era licenciado en medicina. Tamén como seu Pai, enamorado da súa profesión, enamorado do seu traballo. As ruas do Carril xa non serán as mesmas, formaba parte do entorno, era normal ir a o Carril e atopar a Bernardo. Botaremolo moitisimo de menos.

Dobremente triste perder un ser querido nas datas que estamos a vivir, hai uns mínimos e non se pode ir aos tanatorios, o coronavirus está presente en todas as nosas formas de vida (e da morte).

Desde O FAIADO DA MEMORIA, o noso abrazo a toda a familia e amigos, especialmente aos fillos e a Victoria Hierro, dona e compañeira de vida.
Comentarios (66) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 03-04-2020 16:11
Foise Daniel Garrido

O Carril hoxe non cheira a mar. Cheira a lágrimas, cheira a luto, cheira a dor? Finou nunha longa viaxe Daniel Garrido Castromán. Era un ser especial, unha persoa con suficiencia nas súas ideas e nos seus porqués. Naceu e criouse nunha familia coñecida e privilexiada, no Carril, fillo de dona Concha e don Jesús.
Tivo mestres como Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Xosé Núñez Búa, Joaquín Núñez de Couto, Celestino Noya, Charles Lessner, Luis de Saa?
Con todo este ambiente cultural conviviu Daniel Garrido, formándose intelectualmente naquel entorno, xunto aos seus pais e irmáns.
Non imos facer unha biografía de Daniel na data de hoxe. Outros o farán. Nós, desde a nosa infancia, coñecimos a Daniel. Houbo de todo na nosa relación de amizade. Sempre imperaron dous sentimentos: O cariño e o respeto.
Hoxe despedímolo con pena, conscientes de que o noso pobo perde a un fillo válido. Servía para mestre, articulista, periodista e historiador. Daniel facía falta na sua casa e no seu pobo.
Á súa muller, ás súas fillas,xenros, netos, irmáns,irmans politicos, sobriños? O noso pésame respetuoso polo pasamento de Daniel. Nada será igual sin a súa presencia.



Comentarios (30) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-02-2020 14:29
Ata sempre Maria Josefa

Vilagarcian polos catro costados, nacida nunha familia de ARTISTAS, Maria Josefa, tamen era unha Artista, nos falou de aqueles asaltos, de aquelas zarzuelas, nos que o Director era Urioste, actuaba o seu Pai, Rogelio Zapatilla, a sua tia Martina, o seu tio Candido, tamen nos falaba de Manolo Rey e Juan Buhigas, autores da LENDA DE MONTELONGO donde actuaron en papeis principais Rogelio e Martina. os irmans Vazquez. Si este pobo tivese a cultura que tivo en tempos pasados esta familia seria homenaxeada tal e como se merece.
Maria Josefa transcurrido o tempo casou e tivo tres fillos, o único varon, Manuel Millan con unha longa traxetoria no mundo do teatro cine e televisión?¡Outro ARTISTA¡
Sentimos que se vaia para sempre Maria Josefa Vazquez, sigue este Febreiro facendo das suas, levandonos xente querida que no seu dia, tiveron un papel relevante na cultura do noso pobo, sin nada a cambio.
O FAIADO DA MEMORIA, rinde o debido respeto e sentimento a memoria de Maria Josefa Vazquez, o noso pésame a sua familia.
Comentarios (24) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-02-2020 20:50
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [49]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0