lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Foise i Moncho Pasensias

Difícil o día no Carril. Finou Ramon Abelenda Ares, finou Moncho Pasensias. Mariñeiro de ouro. Xa somentes daqueles tempos queda Julián, amigo de Moncho… Que triste é a morte¡
O Bao, o mar, Cortegada, a ría de Arousa… quedan orfos do seu acompañante de tantos anos. Vaia baleiro nos deixa Moncho Pasensias! Que momentos tan valiosos nos fixo pasar escoitándoo no documental “DESDE DENTRO DO CORAZÓN” Vaia dúo con Julián, contando as súas penurias no mar en tempos pasados. Mariñeiros de mares embravecidos, fillos das soedades e medos. Mariñeiros, patrimonio de todos nós.
Nunca esquenceremos a Moncho. Seguiremos querendo a súa figura de bravucón, o seu andar por riba dos botes, a súa carga de ironía ríndose de calquera cousa que pasaba no Carril…
Moncho, paz na túa viaxe. Paz para os teus.
Comentarios (19) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-06-2021 16:58
Finou Seso

Ainda que xa facía moitísimos anos que vivía en Trabanca Badiña, coa súa muller, fillos e resto da familia, Seso Vázquez era fillo de Carmen Santiso, de Rubians, a filla mais vella do matrimonio formado por Carmen Alba e o Señor Santiso, un exemplo de persoa que nunca se cansou de coidar a os que quería.

Toda esta xente tócanos nos sentimentos, eran familia pola parte da miña nai. A min que nunca me importaron demasiado os documentos, títulos e a parafernalia que os rodea, queremos mandar desde a nosa casa unha aperta grande a Lola e Esther, irmás de Seso as que coñecemos. Ao resto da familia o noso sentimento pola tristeza que están a pasar.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-06-2021 23:05
Finou Flores

Flores era natural de Ourense, o seu unico fillo, Pablo, casou en Rubians ca nosa querida Elena Vila, o que fixo que a relacion de Flores co noso entorno fose moi fluida e cercana. Que nacemos todos para morrer, pero hoxe e un dia triste na casa de Elena e Pablo, a os que desde eiqui, desde esta casa que tamen é un pouco a sua, enviamoslle unha forte aperta, desexandolle que atopen a paz na ultima viaxe de Flores.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-06-2021 10:28
Finou Juan Barcala

Juan finou no dia de hoxe, gaiteiro natural de Cornazo, escomenzou o seu ritmo a son de gaita da man de Marcelo Gonzalez, virtuoso da musica, creara a Banda de Gaitas que se ve na fotografia, Juan Barcala escomenzou de aquela a desenrolar a sua vocacion.tamen formou parte o noso gaiteiro do grupo Leixapren.
A sua familia, os seus amigos, a os seus compañeiros grupos de musica, a Cornazo que perde un veciño querido, a Vilagarcia a o completo o noso sentimento de pesar.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-06-2021 16:08
Despedimos a Antonio Meixus

Guardia Local do noso pobo durante mais de trinta anos, Antonio xubilarase no 2007, era un home afable e paciente que nunca se pasou nun cargo que en outros tempos as veces daba moito que decir.
Desde aqui desexarlle consuelo a sua familia polo valeiro que sofren , as nosas condolencias a Policia Local, Antonio formaba parte da memoria da plantilla de outros tempos.
O noso sentido pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 02-06-2021 22:03
Finou Roman Treviño

Fillo da familia Treviño Marina, nacidos e criados en rua Vallellano, Roman era o mais pequeno da familia, acaba de chegarnos a triste noticia, a toda a sua familia o noso sentimento de tristura, o noso sincero pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-05-2021 09:39
Finou Alejandro Puga Rodriguez

Moi coñecido, familia arraigada no pobo. Alejandro tivo un ultramarinos no centro do pobo, xusto a beira de Almacenes Olmedo, anteriormente o ultramarinos o creara Manuel Blanco O Arousan. Alejandro e tio de Carlos e Maribel Alvarez Puga, Alejandro estivo casado con Maria del Carmen Trigas maestra nunha chea de lugares, o mais duradeiro o colexio do Carril donde se xubilou. Alejandro era o sogro da nosa lembrada colaboradora do Faiado da Memoria Beatriz Jamardo. Alejandro era o Pai de Carlos, Luis Alberto, Alejandro e Belen a os que desde o FAIADO DA MEMORIA, esprexamos o noso sentido pesame.
Alejandro foi un traballador importante que axudou a o crecemento de Vilagarcia.
FAIADO DA MEMORIA
Faustino Álvarez Blanco estaba casado con Irenita Puga Rodríguez (fallecida recientemente) y tienen dos hijos Carlos y Maribel Álvarez Puga.
La mujer de Faustino, Irenita es hermana de mi suegro Alejandro Puga Rodríguez (Ultramarinos Puga) que está casado con Maruja Trigás Fernández (maestra jubilada) y tuvieron cuatro hijos que son Carlos, Luis Alberto, Alejandro y Belén Puga Trigás.
Por eso Carlos Álvarez Puga (Carlos Puga) y mi cuñado Carlos Puga Trigás son primos.
Son todos parte de mi familia, por lo que mi opinión sobre ellos puede parecer interesada, pero son unas personas estupendas, amigos de sus amigos, pero también de los demás, no digo nada mas pues siempre me faltarían palabras, para expresar mi opinión sobre ellos.
Un saludo,
Comentario por Beatriz Jamardo (16-11-2012 09:22)
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-05-2021 19:22
Finou Tomas Garrido

Tomas era o viudo de Flor Viñas lembrada profesora de moitas xeracions en Vilagarcia. A Tomas recordaremolo sempre a o frente da tienda de electrodomesticos Vazquez Lescaille nas galerias de Troche.
A toda a sua familia o noso sentido pesame.
Comentarios (17) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-05-2021 19:31
Finou Dolores

Dunha familia moi coñecida do Carril, o seu home era irman de Virocha, polo tanto tia da nosa donante e amiga Juana Maria Martinez a quen desde eiqui mandamos unha forte aperta, a o mesmo tempo que a toda a familia de Dolores.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-05-2021 18:52
Pasamento de Faustino Laya

O noso sentido pesame a sua familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-05-2021 18:58
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0