lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rosinita deixou de loitar |
|
 Rosinita do Carril, Rosina Gonzalez, finou fai dous dias, soterrárona onte. O Faiado non esquencerá a Rosina que sempre nos acolleu na sua casa cos brazos abertos. Unha das suas fotos foi cartel da exposicion "Carril cheira a Mar", porque Rosina tiña unhas fotos preciosas, a Rosina gustáballe o Faiado, gustáballe a historia, gustáballe o saber, a cultura, os avanzes de todo tipo. Rosina era unha persoa avanzada e as veces esto non se entende moi ben, e nunha muller menos. Ao seu home, fillo e resto da familia o noso sentimento, para Rosina gratitude e lembranza. |
|
|
|
Antonio Sumay e Joaquin Arca |
|
 Eran, xunto a Jesús Burés de Portas, amigos inseparables do Instituto. Na fotografía Antonio Sumay, de Catoira, e Joaquín Arca, de Vilagarcía.
Eles dous deixáronnos para sempre neste ano. Sumay en Xaneiro, Joaquín fai uns días.
De Joaquín temos fotografías na sección de Gaudeamus Igitur, no seu instituto laboral. Na súa etapa escolar os tres non podian estar separados. Luis Silva e Paco Salgado quérenlle rendir o seu homenaxe de compañeiros, o seu homenaxe de amigos. Nos notamos a súa partida porque xa somos menos, porque compartimos pobo, paisaxes e xentes. Aquí deixaron amigos que lles querían... e moito.
Respeto a súa memoria e calor as súas familias. |
|
|
|
Se nos foi Carmen Blanco |
|
 Estamos a vivir un verdadeiro chorreo de mortes das nosas xentes. Onte falábamos da morte de Chus Balsa, compañeira do colexio Filipense, hoxe falamos de Carmen Blanco Vieira, compañeira do colexio Concepcion Arenal o colexio do Ramal. Na fotografía que encabeza este post é a segunda persona pola parte esquerda, nunha procesión de Santa Rita en 1969.
Carmen viviu media vida nunhas casiñas pequenas e brancas frente a praia da Concha. Filla de Luis e Carmen, o seu pai coidaba as casas, valeiras no inverno, do barrio da Prosperidade.
A os seus irmans Kati e Quinso o noso pésame, para Carmen a nosa compañeira de infancia o noso recordo e un hasta sempre.
Esta triste noticia chegounos cando estábamos inmersos na subida de cada fin de semana.
E aquí está. Cincoenta e sete fotografías repartidas nas seguintes Galerías:
A praia Compostela (10)
A Vilagarcía de onte (11)
Rubiáns (9)
Vilaxoán (16)
Xentes e lugares (11) |
|
|
|
Chus loitou.... |
|
 E perdeu.
E difícil poñer isto na nosa casa, Chus Balsa, nosa compañeira de colexio, de infancia, deixou de existir. Loitou contra a enfermedade como unha jabata. As que somos nais pensamos que debemos seguir loitando ainda que só sexa polos fillos.
Bueno, ahí queda a súa loita e mais o resto. Tamén quedan as lembranzas compartidas con Chus, afortunadamente temos memoria.
A José Enrique, aos fillos, a Teresa, súa nai, aos seus irmáns, a Fita, a Quique, a toda a súa familia e aos que a querían o noso sentimento.
Para Chus, a terceira pola dereita, con gafas, nesa foto das azafatas dos principios de Fexdega, agora tan de actualidade, o noso respeto a súa memoria. |
|
|
|
En Memoria de Ignacio Jaureguizar |
|
 Ignacio finou onte, Ignacio estaba casado con Pilar Egerique tiveron tres fillas, a todas elas o noso recoñecemento e o noso pesame. El gustaballe moito a musica, temolo no blog como integrante do coro parroquial. Por outra banda era irman da nosa blogueira Chon Jaureguizar, a quen lle mandamos un abrazo cos nosos millores sentimentos
donado por manuel suarez |
|
|
|
Lembranzas do Pelonio |
|
 O Pelonio finou o outro dia con noventa e tantas primaveras, o Pelonio era unha das memorias vivas de Vilaxoan, para o seu pobo e unha perda, por eso queremos estar con eles. A sua familia decirlle que pensen que tiveron o Pelonio, ou sexa un privilexio. Para honrar a memoria do Pelonio poñemos unha foto das tradiccions do pobo de Vilaxoan
donada por anonimo |
|
|
|
O noso respeto por Ramiro Duran |
|
 El foi un futbolista que representou a Vilaxoan e a Vilagarcia como o que era...¡Un CAMPEON¡Os do Faiado soio nos queda decir que hoxe temos que lamentar a morte de Duran como era coñecido no mundo do futbol. A sua familia, a os seus amigos o noso pesame e a nosa lembranza.
|
|
|
|
NA MEMORIA DE CARLOS BAO |
|
 A de onte foi unha sensación agridoce. O primeiro era que a montaxe audiovisual de Vilaxoán, foi todo un éxito, pero sen embargo tíñamos unha sensación de perda, unha grande sensación de perda desde o mesmo momento en que collimos o coche para dirixirnos ao salón de actos da Confraría de Vilaxoán. O estado do noso amigo Carlos Bao tíñase agravado o suficiente para esperar o peor.
Carlos chegara con Cristina e os nenos a Vilagarcia fai unha chea de anos. El era ferroviario e aquí fíxose corresponsal de prensa para varias axencias e para O Correo Gallego de Santiago. Era un home movido intelectualmente.
Onte como homenaxe noso, interno, mentras non comenzábamos o noso documental e como premio para as personas que chegaron antes de tempo a proxección de Vilaxoán, puxemos a curta documental de Antonio Neira do ano 1974 sobre o pobo de Vilaxoán no que o guionista era Carlos Bao.
Cando chegamos a casa confirmamos que Carlos falecera. Fóisenos un amigo. Cando nos vía o primeiro que decía era aquílo de...¡Viva o Faiado da Memoria! Cando nos botaron do concello por defender os bancos de Ravella e o noso patrimonio, Carlos deunos o seu calor e total apoio, adoptou a postura de estar a nosa beira...
¡Non o esquenceremos!. Un abrazo para Cristina e os seus catro fillos.
Carlos Bao, GRACIAS e hasta sempre AMIGO. |
|
|
|
Manolo o da leña |
|
 Finou Manuel Bascuas, era coñecido como Manolo o da leña. Queremos mostrar eiqui o noso respeto a sua familia o completo, a sua muller e fillos. No Carril era toda unha institucion Manolo, casara fai unha chea de anos con Leonor Muñiz e fixose querer integrandose no pobo. A nosa lembranza e o respeto do Faiado para Manolo |
|
|
|
Hasta sempre Maruja |
|
 Dias atras o noso colaborador Manuel Morales mandounos esta foto de Maruja Fontanes, sua nai, sua querida NAI. Nos contaba Manolo que o pasado 21 de Marzo habia cumprido cen anos, estaba como unha rosa. A xente do Faiado tivemos o pracer fai unhos meses de visitar a Maruja, e grabarlle as suas lembranzas da Vilagarcia dos anos pasados. Foi un verdadeiro pracer coñecer a Maruja, tamen escoitala, toda unha leccion de vida. Hoxe nos enteramos do seu pasameto porque o seu neto Fernando Varela mandounos un correo aplazando unha cita que tiñamos pola tardiña. Sentimos a sua morte, a sua familia decirlle que foi un privilexio que a sua vida fose tan longa e sobor de todo con toda a memoria e raciocinio que disfrutou. En especial a Manolo e Javier Morales e a Fernando Varela unha aperta de corazon |
|
|
|
|
|
|
|
|