lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Carmen finou o 5 de Decembro

Outra mala nova no pobo. O día cinco ddeste mes de decembro, morreu Carmiña.

Era Carmen Mouriño Pou, tiña oitenta e sete anos, pero o seu carácter era todo alegría. Casou con Cora,acomodador dos Cines Arosa e Fantasio. Naceron cinco fillos, criados co positivismo e alegría de Carmiña, tamen coa súa bondade.

En Carmiña non cabían os malos feitos, cando a atopabamos sempre lle gustaba falar dos fillos e netos. Queríalles co corazón. Nos sentimos a súa morte, tamén sentimos sabelo tan tarde.

A toda a súa FAMILIA o noso sentido pésame, a Carmiña non a esquenceremos.

A fotografía foi donada por Merchy Cora Mouriño
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 20-12-2011 20:15
Teresa Pando se nos foi

Tiña oitenta anos. Foi locutora de Radio Pontevedra. Na súa xuventude foise, escapouse para Londres, este país quitáballe o aire. Logo traballou nun hospital , nunha farmacia? pero o mais importante foi atopar a John? Teresa chamáballe , Johniño, foi home, compañeiro, amigo e hasta un pouco pai? Coarenta anos xuntos, sen fillos. Cando John desapareceu, Teresa escomenzou o seu ocaso.

Ela era Teresa Pando, a filla do medio de aquel Xuiz extraordinario que foi Don Luis Pando. Teresa será incinerada e velada no Tanatorio de Arousa o martes día 20. A súa irmán Purita chega ese día de Inglaterra. Sempre lembraremos a Teresa, as nosas conversas, entre outras cousas.

Vaise unha defensora dos animais, tiña cans e gatos aos que lles adicaba a súa vida.
Teresa era tia do noso histórico blogueiro Luis Silva, a el, a Katy, a Maite, Jorge e Javier Silva Pando o noso abrazo mais entrañable, A Purita e a sua familia o mesmo. Xa dixemos que Teresa non tivo fillos, pero tivo unos sobriños que a coidaron hasta que pechou os ollos, tiñanlle amor a Teresa e asi o demostraron. Non queremos esquencer a Marta que vivia con Teresa, coidandoa desde fai unhos meses

Debería ser certo que hai un mais alá, gustaríanos que Teresa se atopase con Johniño, coa súa nai Pura, con Patucas, e? co seu Pai, o inesquencible Xuiz Don Luis Pando.
Comentarios (18) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-12-2011 12:23
Finou Elisa Méndez


Ela era a Nai do noso AMIGO, e colaborador do Faiado, Jesús (Suso) Méndez. Elisa tiña dous fillos mais, Marisa e Carlos, a eles, as súas noras e xenro, aos seus netos e biznetos o noso respetuoso pésame.

A Jesús o noso abrazo cercano e cariñoso como el se merece.

Aproveitamos a fotografía dos traballadores do banco onde, entre outros esta Jesús Mendez para mostrar o noso respeto pola morte do pai do alcalde de Vilagarcía, Alfredo Fole, tamén traballador en dita entidade bancaria e presente na foto.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-12-2011 21:22
Cesar Lombera deixou de existir

Chegou coa súa familia desde algún lugar do norte do país a finais dos anos cincuenta.

Fundou a fábrica a Atlántica en Vilaxoan en aquel momento cuns salarios moi baixos, pero era unha saida para os que non querían ser emigrantes.

César Lombera tamén foi Presidente da Cámara de Comercio. A os seus fillos o noso pésame.

Na fotografía é o segundo pola dereita.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-11-2011 13:44
Guillermo Güimil, o seu fin

Foi un deportista nato, o Liceo sería de outra maneira sin Guillermo e seu irmán Nelo.

Lembraremolo toda a vida na pista do baloncesto como o que era: un xogador de garra.

A toda a familia do Chalet da Alameda o noso cariño. A Sofi, a súa muller, e aos seus fillos o noso calor, que consigan o consuelo de que o coidaron, xa que, as veces, non pode ser así. Non queremos esquencer a familia Güimil. A Todos, abrazos de parte do Faiado. Por Guillermo, o noso respeto para sempre.


Na fotografía, é o segundo pola esquerda dos agachados.
Comentarios (8) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-11-2011 22:41
Se nos foi Nucha

Soterrarona onte ela era Higinia Milagros Paz Fernandez. Sentimos non enterarnos o seu debido tempo, Nucha era amiga das de verdade da miña Nai.
A o seu home Jesus, a os seus irmans Felix Thelma e Juan Jesus o noso pesame e sentimentos mais sinceros

Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-11-2011 21:04
O noso sentimento por Carmen Vilas

O dia tres de Novembro finou Carmen Vilas Somoza, do Carril de sempre, da boa xente de sempre. Días antes visitamos a súa casa para gravar a Moncho, o seu home, sobre varios temas pendentes. Cando chegamos acababan de hospitalizar a Carmen. Con Moncho estaba Mónica a súa neta, dándolle todo o calor que podia ao seu avó. Ese oco de Carmen non se vai encher, imposible, a Carmiña, Elisa e Chito, os seus fillos o noso sentido sentimento, a Moncho un abrazo, e non queremos cerrar a nosa nota de lembranza por Carmen sen nomear a Mónica Berride, ela chea de pena pola sua avoa, botou unha man ao Faiado para o noso documental: acercóunos a Eugenio Mouriño, o seu outro avó, que formará parte da memoria de Vilagarcía no documental "Desde Dentro do Corazón".
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-11-2011 22:20
En memoria de Higinio

Pois nos enteramos da morte de Higinio pola nota que deixou no blog Roberto Nuñez. Non o coñecimos, pero si a sua dona Marivi Docampo, a Marivi a coñecemos e tamen a queremos. A ela e a toda a sua familia o noso sentimento de pesar.



Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-11-2011 06:02
FINOU LUISA

Fai poucos días o dia dez de Septembro os seus fillos, noras e netos, celebraron con ela unha comida de cumpreanos, seus noventa e seis anos... Ela estaba ben. Hoxe de madrugada o seu corazón parouse, deixou de latir.

Luisa Pérez nacera en Vilagarcia, seus pais viñeron a traballar, deixaron o seu Lantaño en Vilagarcía tiñan unha tenda de comestibles frente o concello. Co tempo Marcelino Penide e Luisa namoráronse e casaron. Naceron os seus tres fillos e vivían na praza de Ravella. Logo en Santa Lucía. Luisa puxo unha mercería na rúa do Río e mercou unha máquina de tricotar, era unha cousa modernisima, facía uns jerseys preciosos, e traballou como unha jabata. Luisa, os do Faiado sempre a lembraremos con un paso moi apurado e con unha mirada doce. Era toda unha nai.

A Nito e Carlos, a María e a Pepa, a TODOS os netos, tamén a Lourdes, Lolita e Pepe Redondo, un abrazo cheo de cariño, cheo de pesar.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-10-2011 11:51
Lembrarémola

Ela era para todos Luisita Rolán.

Era a viuva de Alfonso Rolán, quen nos anos cincoenta fundara o seu almacen de coloniais, moito almacen de coloniais para un pobo como Vilagarcía.

Luisa e Alfonso casaron e tiveron catro fillas, a mala sorte quixo que Alfonso finase moi novo vai facer case cincoenta anos. Luisita (como sempre se lle chamou) exerceu de iso que hoxe se chama mama coraxe, seguiu co negocio adiante, arropada polo seu circulo familiar. Luisita foi unha das primeiras mulleres de Vilagarcía en ter carnet de conducir.

Foi unha muller moi xenerosa e moi pendiente das penurias que había o seu arredor.

A Ángela, Luisa, María Jesús e Beatriz, as súas fillas, aos seus xenros, netos, e a súa irmán o noso pésame.

Hoxe Vilagarcía quedou sen un membro importante na nosa comunidade, imos procurar con todo sentimento e respeto, non esquenzela.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-10-2011 13:39
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0