lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Socorro


Finou Socorro

Ela non nacera en Vilagarcía, era natural da Pobra do Caramiñal, pero levaba con nos mais de cincoenta anos. Cando a súa tía Esperanza González quedou viuva de Valentín Alcalde rexentou unha pensión, e a súa sobriña veu desde a Pobra a botar unha man. Socorro sentía a súa tía Esperanza como unha nai.

Ímola botar de menos, formaba parte da nosa paisaxe, das nosas vidas. Socorro quedará para sempre na nosa memoria.

Na foto é a da dereita.

Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-03-2012 18:23
Finou Valentina Araujo Crespo

Era neta de Rosario Teijeiro, sobriña dos miticos Tocho e Ricardo do Carril, era irman da nosa colaboradora e donante de memoria Josefita Araujo. Valentina casara con Pablo Gonzalez e tuveron catro fillas que hoxe lamentan a morte da sua Nai. A elas e a toda a familia o Faiado expresalle o seu sentimento pola sua morte. A nosa Josefita que tanto queria a sua irman, un abrazo moi forte.


donado por josefita araujo
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-03-2012 20:30
Enteramonos tarde

Sentimolo pero non supemos a noticia do pasamento de Maruja Vila de Rubians, irman do noso colaborador e donante Fernando Vila. O facelo con retraso non impide que sintamos a morte de Maruja. A seu home, fillos, irmans e demais familia expresarlle o noso pesame pola morte da lembrada Maruja



donada por fernando vila
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-03-2012 20:20
Levou Vilagarcia polo mundo

Seu pai foi consul de Uruguay en aquel pobo noso que tiña de todo, Leopoldo Novoa pasou a infancia en Vilagarcia, de vez en cando volvia...o xoves pasado finou en Paris...a Susana a sua dona un abrazo moi forte. Leopoldo foi un pintor recoñecido no mundo enteiro.

Do seu paso por Vilagarcia e a sua relacion co pobo temos en Terra de Artistas unha foto sua con Seso Giraldez amigo seu de verdade
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-02-2012 10:07
Morreu Mary

Ela era Mary Fernández, filla de José María e Laura. Chamounos Charo Chirinos, a súa única filla, Charo e blogueira e colaboradora, decimos que nos chamou rota de emoción para comunicarnos a morte da súa nai.

Mary naceu un 25 de Febreiro e celebrábase o entroido. Finou o 17 de Febreiro a punto de explosionar o entroido do 2012...como ela tería desexado, porque Mary era unha entusiasta do carnaval, Mary era alegría, Mary era vitalidade... Mary era unha filla de Vilagarcía, coñecida por todos e é así como tal a sentimos...

O Faiado manda o seu abrazo virtual a Charo, José Manuel e Pablo pola perdida de Mary.


donada por charo chirinos fernández
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-02-2012 17:27
SENTIMOS O PASAMENTO DE LOURDES


Finou Lourdes Lores Melio, ela era a viuda de Santiago Melio Vidal que fora barbeiro de toda a vida no barrio de San Roque. Fai pouco tempo os do Faiado pasamos o día na Residencia Valle Inclán, nas Sinas. Alí gravamos entrevistas, para o documental, a varias personas, e alí, ese mismo día, coñecimos a Lourdes. E nos enamoramos de Lourdes. Nos decía aquilo de "como me gustaría ir a cociña a enseñar a estas a facer empanadas". E botaba unhas gargalladas como mundos...

Toda alegría, pero... tiña moitos anos, noventa e catro... foi un privilexio e un honor coñecela.

A nosa blogueira e colaboradora, Lourdes Melio, o noso abrazo, a aos seus irmáns Santiago e Ricardo, as súas noras, netos e resto da familia o noso pésame mais sincero.

O enterro sera mañá luns, 20 de febreiro, as cinco e media da tarde.

Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-02-2012 20:46
Deixounos... Carmen Rey


Mais coñecida como Carmiña Comendador. Estivo casada con Carlos Comendador toda a vida. formaron unha familia con cinco fillos, aos que nos hoxe mandámoslle un sentimento de respeto pola memoria da sua nai.

A Carmiña sempre a lembraremos como unha muller chea de dozura, lembrámola fai un tempo na súa casa cando Carlos nos contaba como era Vilagarcía fai anos, moitos anos...

Carmiña era filla de Manolo Rey que, xunto con Urioste e Juanito Buhigas, marcaron a cultura de Vilagarcía por décadas.

Gracias a Carmiña por formar parte do noso pobo e da nosa memoria.

Carmiña, nesa composición fotográfica dunha entrega de premios, é a cuarta pola esquerda con traxe escuro.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-02-2012 14:07
Finou José Piñeiro

Hoxe enterrouse a José Piñeiro, Seso, para a súa familia, veciños e amigos.

Seso era fillo de Matilde, a Minanta, e do seu home, un dos Rubios da Torre, traballadores e grandes personas que deixaron boas lembranzas entre os seus veciños.

Seso traballou media vida en muebles Saavedra, era moi coñecido, por medio mundo.

Na fotografía o vemos no bar de Victoria, a Garabana, facéndolle unha homenaxe a un veciño da Torre que chegaba de Asturias.

Tucho Caeiro, Chito, o señor Antonio, José Piñeiro (Seso), Julio, fillo do señor Antonio, Tino, Pino Chorén, Manolo, o Pericoto.... memoria viva da Torre.

Hoxe lembramos como non podía ser doutra maneira a José Piñeiro


fotografía donada pola familia Abad Sabarís
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-02-2012 20:32
Paz para Roxelio Diz

Queremos ca foto do noso blogueiro Roxelio Diz expresar o nosos sentimentos, xa fai un ano que nos deixou para sempre ala en Mexico a sua terra de acollida. Pois ben fai uns dias os restos de Roxelio esparcironse pola ria, a sua viuda Lisi, viaxou para cumplir o que Roxelio queria, voltar a o seu Vilaxoan.

Lisi padeceu un viaxe moi corto cheo de emocions, un dia antes de marchar visitou a nosa Tete Fernandez e lle contou as ganas que tiña de atopar a xente do Faiado e claro Tete nos chamou e puxemonos en contacto. Foi moi gratificante falar con Lisi, a o mesmo tempo doloroso, as lembranzas estaban ahi con nos. Nadie escribeu un articulo sobor o Faiado como Roxelio a raiz do festival de musica dos sesenta. Nadie. Como todolos pais cos fillos tamen sabia ser critico. Mais dunha vez tivemos que mandar correos explicando a filosofia do noso blog. Pero logo xenerosamente como El era....pelillos a la mar. Nunca o esquenceremos.
Para Lisi moito cariño e que seguimos en contacto...
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-01-2012 12:27
Na memoria de Joaquín Briones (Choqui)
Deixou de vivir fai unhas horas, loitou como un xabato contra unha enfermedade moi difícil... e perdeu, pero con moita dignidade, con moita valentía.

A Choqui sempre o lembraremos no Liceo facendo pedagoxía do baloncesto, ensinando aos rapaces... Choqui era un enamorado do deporte. O noso sentimento e cariño para Ana a súa dona, para os seus fillos Oscar, Alba, Ana e Jorge, para os seus netos, os seus irmáns Mara, Tere, Urbano, Xoán e Manuel, en definitiva para toda a sua familia, para todos os que lle querian.

Nos vades a permitir que o Faiado faga un pesame especial para súa irmán Tere, blogueira dos principios do Faiado, seguidora incondicional que adoraba a seu irmán Joaquín.

O enterro terá mañán mércores, as catro e media da tarde. A familia recibe no tanatorio de Arousa na sala número 4.
Comentarios (23) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-01-2012 14:04
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0