lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Marisol Parajó

Ela, fai moitos anos elixiu Vilagarcia pra vivir, creo que tamen pra que nacesen os seus fillos. Marisol a coñecemos como amiga do FAIADO DA MEMORIA, nunca atopamos o momento de tomar un cafe con ela. Xa e tarde, Marisol iniciou a sua ultima viaxe, demasiado pronto por certo. A os seus fillos, netos e resto da familia unha aperta, que saiban atopar a paz entre tanto vacio.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 26-04-2022 09:42
Onte enterraron a Tucho, do Carril,

Antonio Martinez Pereira, Tucho o de Lucas, de sempre do Carril, sentimos non enterarnos antes, moi querido e apreciado non só pola sua familia, tamen pola comunidade carrilexa, Tucho traballou toda a sua vida na RENFE. Botaremolo de menos, a Pepita a sua dona a os fillos netos e toda a familia o noso recoñecemento a figura de Tucho, o noso sentido pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-04-2022 10:23
Foise Mucha

Con moita paz finou Mucha que dias pasados cumpria noventa e seis anos. Xa fai un tempo que quedara viuda de Xine Abelenda, noso querido Xine, mariñeirazo do Carril.
A toda a sua familia, a todos os que coidaron a Mucha, noraboa polo exemplo.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-04-2022 21:14
Desgraciadamente finou Manuel.

El era dos Abelendas do Carril, e onte iniciou a sua ultima viaxe, logo de pasar un tempo, longo tempo, bastante delicado de saude. Manuel estaba casado con Pilar Alcalde, no seu dia moi apegada a O Faiado da Memoria, por suposto donante de imaxenes. Con todo esto, non nos enteramos do fallecimento de Manuel, queremos decirlle a sua familia, a sua dona a os seus fillos que nos gostaria transmitirlle o noso sentimento de respeto, de cariño. Nunca nadie se vai de todo si o seguimos recordando.
Unha aperta grande e sincera
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-04-2022 21:07
Unha ausencia especial no Carril

Dia terrible no Carril, morreu Jose Luis Mulet Rodriguez, fillo entusiasta e enamorado do seu pobo, neste momento que estamos a falar de Mulet, casi temos por seguro que era felicisimo vivindo donde vivia e disfrutando dun entorno que non cambiaria por nada, por nada. Mulet foi Presidente do Gato Negro, sociedade que amaba con pasion. Escribiu unha chea de publicacions, sempre sobre o Carril, unhas viron a luz e outras quedaran no caixon da sua casa, donde Manuela gardara como ouro en pano. Mulet leva con el, no seu viaxe ultimo, a Illa de Cortegada, O Bao, o seu Carril que hoxe perdeu un fillo entregado a o seu pobo, como el poucos, imolo sentir, estamos empezando a notar a sua ausencia, foi un placer, foi un honor ter colaborado con el e sentir a pasion das suas letras sobre as cousas que nos unian. Ata sempre amigo.
A Manuela, os fillos e resto da familia o noso sentido pesame.
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-04-2022 22:30
Derradeiro viaxe de Sagrario Mollinedo

Sagri para a xente, da rua Cervantes no Carril, donde naceu e se criou. Filla de Conchiña, e Tucho, neta de Jose e Carmen, Jose adicou a sua vida a enseñanza do baile tradicional das espadas, a Farsa na festa do Apostolo no Carril.familia pois moi coñecida é apreciada na vila mariñeira, Sagrario fixo as maletas da ultima viaxe demasiado pronto, o que pasa que en ese viaxe non sacamos nos o billete, nesta casa sentimos a Sagri, xogamos xuntas en aquela rua donde vivian a sua familia e a miña, no barrio donde meu Pai naceu. As suas irmans, cuñados, sobriños a toda a familia unha longa e sentida aperta.
Ate sempre Sagrario.
Na fotografia, Carmen, aboa de Sagrario.
Comentarios (14) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-04-2022 13:34
Canto o sentimos¡

Acabamos de saber que onte soterraron a Aurora Barreiro, Aurorita, tan querida pola xente, con unha carniceria na praza toda a vida, con un caracter envidiable. Aurora era toda ela unha marabilla de energias positivas, sentimos moitisimo non enterarnos do seu pasamento.Tamen sentimos non ir a dar o noso pesame a os fillos, a Maria del Carmen a sua nora. A todos eles, por suposto a os seus netos, irmans sobriños e resto da familia Barreiro, o noso sentido pesame e sentimento pola ausencia de Aurora
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 11-04-2022 13:44
Finou Pilar Gimenez

Pilar chegou a Vilagarcia fai unha chea de anos e dende o principio fíxose querer, almacenou amigos no queixon dos sentimentos, casou con Vitó, tiveron familia numerosa aos que Pilar adicaba a súa vida, de día e de noite. Foi unha nai que van botar de menos. A todos eles, fillos, noras, xenros, irmáns e resto da familia o noso sentido pésame.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-04-2022 16:05
Finou Verisimo Redondo

E a sua familia, a sua dona, os seus fillos, en definitiva a sua familia e amigos, o noso sentido pesame.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-03-2022 22:23
Finou Checho

Jose Santamaria Gonzalez, nacido e criado na Alameda, os pais xestionaban o Bar La Marina, (Anteriormente La Golondrina)bar puntero nunha Vilagarcia distinta, aquela Vilagarcia que xa poucos lembran os anacos, os espacios, os negocios que habia preto do bar dos pais de Checho. Aquela traxedia vivida pola sua familia cando falleceu unha nena, unica irman de Checho, alá a finais dos anos cincoenta. Checho, moi considerado e querido no pobo, traballou na administracion da consignataria Reboredo, hoxe e un dia triste, triste de verdade porque se vai un dos nosos, imolo botar de menos, co corazon.
No mes de Novembro pasado cando a Universidade de Santiago excavou a fosa comun no cementerio municipal, Checho non deixou de acudir nin un so dia, estaba para apoiar a aquela xente que buscaba os restos dos republicanos, entre eles un irman da sua sogra.
Ata sempre Checho, gracias por ser tan xusto e xeneroso.
Fotografia de Jose Luis Oubiña
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 20-03-2022 12:04
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [58]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0