lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DIAS DE LOITO |
|
 Neste momento lembramos a Alberto Cortez... "Cuando un amigo se va". Xa está ben de amigos que se van.
Emilio Sánchez Martín, natural de Salamanca, casado con Ramona Navia, de Renza... ¡Como o cuidou Ramona!.
Eles son amigos nosos e amigos dos nosos amigos. Emilio levaba anos enfermo, anos batallando, hoxe, no día da Galicia Martir, Emilio expirou.
Nos doe, todo nos fala de morte ultimamente, é duro e difícil. Para Ramona, un abrazo, forte, moi forte. O noso pésame para Ángeles, Yolanda, Sonia, Eva e Katherine, así como para o resto da familia.
Mañan sábado as cinco serán os funerais por Emilio na igrexa de Sobradelo, logo as súas cenizas incineraranse en Vigo. |
|
|
|
QUE DIFICIL RESULTA |
|
 Decir, pensar que Mariví Diz, a nosa Mariví, acaba de morrer, pode non ser creible.
Estábamos a esperar a súa milloría para a sexta cea do Faiado, o tíñamos programado de tal maneira. Acaba de chamarnos, roto pola pena, Roberto Ocaña. véusenos o mundo enriba a Antonio e mais a min. Quitáramos unha foto con ela o día do Apostol, entre risas, esperando a melloría lóxica. Gardámola como ouro en pano. Algún día, cando o teñamos asumido, poderémola sacala do baul e ver o seu sorriso. Seguía a ter esa luz nos ollos... é imposible pensar, e terrible.
Non sabemos cando se enterrará, nin cando a hora.
Mañán, a primeira hora, iremos polo tanatorio, e logo informamos.
Canto o sentimos!. Sempre nos apretamos nos abrazos. Esto non é unha pérdida calquera, queríamos a Mariví, queremos a Mariví. Non hai dereito que unha persoa tan chea de vida se teña que ir. ¿Porqué?
A TODA a súa familia o noso calor e os nosos abrazos, nunca a esquenceremos.
A data do enterro sera maña venres as once e media da mañan. O primeiro acto sera na igrexa de Carril, e logo o soterramento no cementerio do seu pobo, donde descansan seus Pais. |
|
|
|
EN MEMORIA DE JOSE LUIS |
|

É inxusto morrer, como José Luis aos 62 anos... ¡Coa de cousas que hai por facer!. Levaba un tempo enfermo, internado, pero tódolos días ía a mellor, antesdonte preguntámoslle ao noso blogueiro Roberto Ocaña por el, díxonos que pensaba que ía superar a súa enfermidade. Roberto queríalle moito ao seu cuñado, era o home da súa irmán Minita, a que todos lembramos na pasteleria Ankar, alí, media vida despachando.
Hoxe é un día de tristeza para toda a familia Ocaña. A nos so nos queda mandar o noso pésame con todo respeto a súa muller Mina, as súas fillas Rebeca e Graciela, en definitiva, a toda a familia. Ao noso Roberto, un forte abrazo. O cadáver está no tanatorio de Arousa. O enterro será mañán, domingo, as seis menos cuarto da tarde en Sobradelo. |
|
|
|
Morreu Domingo |
|
 Finou Domingo Sánchez Guisande, xefe do servicio de nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela. Formou parte da vida do Carril, tiña unha casa na subida da igrexa.
Domingo fai anos adicaba as súas vacacións e fins de semana a estar cos amigos do Carril. Lembramos a súa amizade co desaparecido Juan Antonio Dios. Casou coa vilagarciana Ana Rubianes. A ela e a os seus fillos expresámoslle o noso pésame pola morte de Domingo que no momento do seu pasamento so tiña sesenta e catro anos. |
|
|
|
Finou Herminio |
|
.jpg) A verdade que foi un privilexio haber coñecido a Herminio Barreiro, D Herminio de Sisan, pero moi andariego por Vilagarcia, afiliado a UGT nos principios dos trinta cando estallou a sublevacion Herminio que xa estaba casado viveu un autentico calvario.
Na actualidade tiña cento catro anos, fai como seis se lle fixo un homenaxe tan merecido como tardio, pero os seres humans somos asi de ingratos.
A Conchita e Jacinto seus fillos, o noso respeto e cariño, o noso pesame mais sinxelo
|
|
|
|
FINOU JORGE OTERO BERRIDE |
|
 Xa a estas horas estan celebrando o seu enterro. Finou con cincuenta e sete anos, non hai dereito a que un se teña que ir tan pronto, era fillo de Xefa Berride e Tucho Otero. Os Berride teñen lazos familiares ca xente do Faiado, son netos de Manuela Teijeiro, como Jorge, e de Rosa Teijeiro outros Berrides que estan no Carril, Valencia...etc etc. Sentimos a Jorge porque nos levabamos ben con el, porque era un bo rapaz e porque non tiña edade para morrer. Sentimos non habernos enterado antes, houberamos cumplido co rito human da despedida. SENTIMOLO. A todos os que lle querian a Jorge, o noso sentimento de respeto. |
|
|
|
Foise Jose Eduardo |
|
 Soterrarono onte no cementerio noso, nas Canudas. Jose Eduardo Rubianes Rodriguez, era fillo de Pepe Rubianes e Carmen Rodriguez, das de Pampin, Jose Eduardo era primo do noso blogueiro Paco Salgado. Soio tiña coarenta e seis anos, non tiña idade para morrer, pero a morte e consecuencia da vida, e esta ben como ben. A os seus fillos Eduardo, Ivan e Iria o noso respeto e cariño pola morte do seu pai, a sua nai Carmen, as suas irmans Rita e M Jose un abrazo de calor, sentimos moito que naide nos contara a sua desaparicion, pero moito mais a propia perdida.
donada por anonimo |
|
|
|
Era Jesus Bouzada |
|

El era Jesús Bouzada, proiecionista do cine Fantasio, todos nós, vilagarciáns, debémoslle momentos únicos do cine, daquelas películas cheas de rombos e recomendacións. Mandounos a foto Luis Paz, e aproveitamos para darlle o pésame a súa familia. |
|
|
|
Morreu Cesar Morales |
|

Era vilagarciano residente en Madrid, e tamen era blogueiro do Faiado. Gracias a Luis Silva temos unha foto de fai uns meses realizada na comida que celebran todos os anos os ex-alumnos do Calvo Sotelo.
A derradeira foto de Cesar, que so tiña sesenta e seis anos. O sentimos, o sentimos de verdade, pola súa dona, pola súa nai, pola súa irmán, polos seus amigos.
Mandámoslle un abrazo a Luis e a Piluca que está realmente afectada. O sentimos sobre todo por Cesar, que ainda lle quedaba moita vida por diante.
Cesar era un optimista. Que a boa terra lle de cobillo. |
|
|
|
Finou Guillermo Porto |
|
 O pasado dezanove de maio desapareceu das nosas vidas Guillermo Porto, un home vital e xoven. Guillermo só tiña 74 anos. O admirábamos, Guillermo viveu unha historia de amor envidiable coa súa dona Alicia, que finou fai uns anos. Dende aquela data Guillermo non deixou ningún día da súa vida acudir o cementerio... o sentia e o vivía de tal maneira.
Desde o respeto mais profundo, mandámoslle o noso sentimento de cariño a Alicia e Guillermo, aos seus catro netos, a Luis e Angela e a Teresa, a súa irmán.
Sentimos ternos enterado tan tarde, tamén sentimos non ter unha foto de Guillermo. |
|
|
|
|
|
|
|
|