lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Se nos foi Nucha |
|
 Soterrarona onte ela era Higinia Milagros Paz Fernandez. Sentimos non enterarnos o seu debido tempo, Nucha era amiga das de verdade da miña Nai.
A o seu home Jesus, a os seus irmans Felix Thelma e Juan Jesus o noso pesame e sentimentos mais sinceros
|
|
|
|
O noso sentimento por Carmen Vilas |
|
 O dia tres de Novembro finou Carmen Vilas Somoza, do Carril de sempre, da boa xente de sempre. Días antes visitamos a súa casa para gravar a Moncho, o seu home, sobre varios temas pendentes. Cando chegamos acababan de hospitalizar a Carmen. Con Moncho estaba Mónica a súa neta, dándolle todo o calor que podia ao seu avó. Ese oco de Carmen non se vai encher, imposible, a Carmiña, Elisa e Chito, os seus fillos o noso sentido sentimento, a Moncho un abrazo, e non queremos cerrar a nosa nota de lembranza por Carmen sen nomear a Mónica Berride, ela chea de pena pola sua avoa, botou unha man ao Faiado para o noso documental: acercóunos a Eugenio Mouriño, o seu outro avó, que formará parte da memoria de Vilagarcía no documental "Desde Dentro do Corazón". |
|
|
|
En memoria de Higinio |
|
 Pois nos enteramos da morte de Higinio pola nota que deixou no blog Roberto Nuñez. Non o coñecimos, pero si a sua dona Marivi Docampo, a Marivi a coñecemos e tamen a queremos. A ela e a toda a sua familia o noso sentimento de pesar.
|
|
|
|
FINOU LUISA |
|
 Fai poucos días o dia dez de Septembro os seus fillos, noras e netos, celebraron con ela unha comida de cumpreanos, seus noventa e seis anos... Ela estaba ben. Hoxe de madrugada o seu corazón parouse, deixou de latir.
Luisa Pérez nacera en Vilagarcia, seus pais viñeron a traballar, deixaron o seu Lantaño en Vilagarcía tiñan unha tenda de comestibles frente o concello. Co tempo Marcelino Penide e Luisa namoráronse e casaron. Naceron os seus tres fillos e vivían na praza de Ravella. Logo en Santa Lucía. Luisa puxo unha mercería na rúa do Río e mercou unha máquina de tricotar, era unha cousa modernisima, facía uns jerseys preciosos, e traballou como unha jabata. Luisa, os do Faiado sempre a lembraremos con un paso moi apurado e con unha mirada doce. Era toda unha nai.
A Nito e Carlos, a María e a Pepa, a TODOS os netos, tamén a Lourdes, Lolita e Pepe Redondo, un abrazo cheo de cariño, cheo de pesar. |
|
|
|
Lembrarémola |
|
 Ela era para todos Luisita Rolán.
Era a viuva de Alfonso Rolán, quen nos anos cincoenta fundara o seu almacen de coloniais, moito almacen de coloniais para un pobo como Vilagarcía.
Luisa e Alfonso casaron e tiveron catro fillas, a mala sorte quixo que Alfonso finase moi novo vai facer case cincoenta anos. Luisita (como sempre se lle chamou) exerceu de iso que hoxe se chama mama coraxe, seguiu co negocio adiante, arropada polo seu circulo familiar. Luisita foi unha das primeiras mulleres de Vilagarcía en ter carnet de conducir.
Foi unha muller moi xenerosa e moi pendiente das penurias que había o seu arredor.
A Ángela, Luisa, María Jesús e Beatriz, as súas fillas, aos seus xenros, netos, e a súa irmán o noso pésame.
Hoxe Vilagarcía quedou sen un membro importante na nosa comunidade, imos procurar con todo sentimento e respeto, non esquenzela. |
|
|
|
Rosinita deixou de loitar |
|
 Rosinita do Carril, Rosina Gonzalez, finou fai dous dias, soterrárona onte. O Faiado non esquencerá a Rosina que sempre nos acolleu na sua casa cos brazos abertos. Unha das suas fotos foi cartel da exposicion "Carril cheira a Mar", porque Rosina tiña unhas fotos preciosas, a Rosina gustáballe o Faiado, gustáballe a historia, gustáballe o saber, a cultura, os avanzes de todo tipo. Rosina era unha persoa avanzada e as veces esto non se entende moi ben, e nunha muller menos. Ao seu home, fillo e resto da familia o noso sentimento, para Rosina gratitude e lembranza. |
|
|
|
Antonio Sumay e Joaquin Arca |
|
 Eran, xunto a Jesús Burés de Portas, amigos inseparables do Instituto. Na fotografía Antonio Sumay, de Catoira, e Joaquín Arca, de Vilagarcía.
Eles dous deixáronnos para sempre neste ano. Sumay en Xaneiro, Joaquín fai uns días.
De Joaquín temos fotografías na sección de Gaudeamus Igitur, no seu instituto laboral. Na súa etapa escolar os tres non podian estar separados. Luis Silva e Paco Salgado quérenlle rendir o seu homenaxe de compañeiros, o seu homenaxe de amigos. Nos notamos a súa partida porque xa somos menos, porque compartimos pobo, paisaxes e xentes. Aquí deixaron amigos que lles querían... e moito.
Respeto a súa memoria e calor as súas familias. |
|
|
|
Se nos foi Carmen Blanco |
|
 Estamos a vivir un verdadeiro chorreo de mortes das nosas xentes. Onte falábamos da morte de Chus Balsa, compañeira do colexio Filipense, hoxe falamos de Carmen Blanco Vieira, compañeira do colexio Concepcion Arenal o colexio do Ramal. Na fotografía que encabeza este post é a segunda persona pola parte esquerda, nunha procesión de Santa Rita en 1969.
Carmen viviu media vida nunhas casiñas pequenas e brancas frente a praia da Concha. Filla de Luis e Carmen, o seu pai coidaba as casas, valeiras no inverno, do barrio da Prosperidade.
A os seus irmans Kati e Quinso o noso pésame, para Carmen a nosa compañeira de infancia o noso recordo e un hasta sempre.
Esta triste noticia chegounos cando estábamos inmersos na subida de cada fin de semana.
E aquí está. Cincoenta e sete fotografías repartidas nas seguintes Galerías:
A praia Compostela (10)
A Vilagarcía de onte (11)
Rubiáns (9)
Vilaxoán (16)
Xentes e lugares (11) |
|
|
|
Chus loitou.... |
|
 E perdeu.
E difícil poñer isto na nosa casa, Chus Balsa, nosa compañeira de colexio, de infancia, deixou de existir. Loitou contra a enfermedade como unha jabata. As que somos nais pensamos que debemos seguir loitando ainda que só sexa polos fillos.
Bueno, ahí queda a súa loita e mais o resto. Tamén quedan as lembranzas compartidas con Chus, afortunadamente temos memoria.
A José Enrique, aos fillos, a Teresa, súa nai, aos seus irmáns, a Fita, a Quique, a toda a súa familia e aos que a querían o noso sentimento.
Para Chus, a terceira pola dereita, con gafas, nesa foto das azafatas dos principios de Fexdega, agora tan de actualidade, o noso respeto a súa memoria. |
|
|
|
En Memoria de Ignacio Jaureguizar |
|
 Ignacio finou onte, Ignacio estaba casado con Pilar Egerique tiveron tres fillas, a todas elas o noso recoñecemento e o noso pesame. El gustaballe moito a musica, temolo no blog como integrante do coro parroquial. Por outra banda era irman da nosa blogueira Chon Jaureguizar, a quen lle mandamos un abrazo cos nosos millores sentimentos
donado por manuel suarez |
|
|
|
|
|
|
|
|