lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

FINOU ROMAN

Foi o pasado 22 de Septembro, Roman Iglesias Ramos, finou en Tarrasa, donde vivia con Maruja fai unha chea de anos. El tiña noventa e tres anos, era fillo de Carmen a de Cortegada, polo tanto sobriño de miña avoa Pepa. Roman era memoria viva, e non o grabamos, memoria de veciños, de amigos, de familia, de pobo. Sentimos a sua morte, visitaremos a Roman no camposanto do Carril, el quixo vir para a sua terra. Para os fillos o noso pesame, para Maruja un abrazo moi forte
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-10-2012 14:31
En Memoria de Herminia Rubianes

A toda a sua familia expresarlle o noso pesame e respeto. Herminia nos acompañou moito tempo ca sua foto no blog, polo tanto forma parte da nosa memoria.Era viuda de Jose Luis Otero e fixeron a sua vida en Sobradelo. Descanse en Paz.
Comentarios (8) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-10-2012 12:27
Finou Celia a nosa veciña

Dña. Celia Meléndez Cardalda

(Vda. de D. Antonio Piñeiro López)

(EL RUBIO)


Que falleció cristianamente el día de hoy, a los 90 años de edad.

D.E.P.

Sus hijos, Celia, Teresa y Nelson Piñeiro Meléndez; hijos políticos, Josefa Torres Castiñeira (Vda. de D. Antonio Piñeiro Meléndez), Ventura Rodríguez Díaz, Juan Piñeiro Ríos y Elena Lestón Méndez; nietos, Miguel Ángel, José Antonio, María Celia y Juan Carlos Rodríguez Piñeiro, Antonio, Natividad y Alberto Piñeiro Torres, Montserrat y María Teresa Piñeiro Piñeiro y Ángel Piñeiro Lestón; hermanos, Socorro, Luis y Martín; nietos políticos, bisnietos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA DOMINGO, a las SEIS Y MEDIA de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrará la liturgia de la palabra y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Villagarcía, favores por los que les anticipan gracias.
Los funerales por su eterno descanso se celebrarán el LUNES día 1 de OCTUBRE a las SEIS Y MEDIA de la TARDE, en la misma Iglesia Parroquial.

Nota: Saldrá un ómnibus a las 17:30 h., desde A Torre (Plaza) pasando por Trabanca Badiña con las paradas de costumbre para la asistencia al sepelio y regreso.


O pésame e o respeto do FAIADO par aa súa familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 29-09-2012 14:43
Pilar Cardalda Ramos, na sua memoria

Era coñecida como unha das de Cortegada. Era neta de José Ramos Cea, nacido en Cortegada, fillo a súa vez de Roque Ramos e Dolores Cea. O seu avó casara con Rosalia Iglesias e tiveron catro fillos, Salvador, Margarita, Nieves e Josefa. Josefa casou con Cardalda do Carril e desta unión naceron José Maria, Alfonso e Pilar que finou onte.

Seu avó, "Jose o de Cortegada", chegou a postos importantes na Transmediterranea. El vivía en Barcelona e era inspector da compañia. O seu cuñado, José Teijeiro, e os seus sobriños, José e Felipe Teijeiro, traballaron da sua man na compañia. Tamén deu traballo a Manolo Pérez, home da súa sobriña Carmen Teijeiro, a Edelmiro Crespo,... e a unha chea de xente do Carril, que el empleaba, e a quen botaba unha man.

Onte morreu a sua neta Pilar Cardalda Ramos e nos sentímolo co corazón, e mandámoslle a súa filla Pilar Verdaguer, a o seu xenro, netos e irmán, o noso cariño.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 26-09-2012 16:54
Na Memoria de Josefa


Estamos a recuperar a memoria visual no Faiado, e fai uns días que nos deixou unha veciña querida, Josefa Abalo Rodríguez.

Ela era a viuva de Miguel Torrado, tiveran un único fillo, tamén chamado Miguel, que desapareceu fai uns anos deixando o corazón dos seus pais moi tocado, dolorido profundamente.

Josefa tamén era irmán dos Abalo, do ultramarinos ?Los Pepes?, unha familia moi querida en Vilagarcía.

Non queremos esquencer no Faiado unha das facetas de Josefa, era unha gran cociñeira, tiveron o Bar da Baldosa, onde logo se estableceu Román. Aquelas empanadillas de Josefa...!

A Loli e a Laura, nora e neta de Josefa, a Manolo e Manuela, seus irmáns, a Amparín, Geluca e Lolita, súas cuñadas, os seus sobriños, a toda a familia o noso sentimento pola morte de Josefa, unha muller que a o longo da súa vida so se fixo digna de respeto.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-09-2012 09:02
Finou Teresa Berride

Finou Teresa Berride, do Carril, tía e madriña da nosa blogueira Tere Briones.

Teresa no seu tempo casara con Ventura Núñez, fillo da inesquencible panadeira do Carril, e tío
das nosas colaboradoras Mar e Loli Barral. Teresa quedara viuva moi nova, con unha filla Cuqui.

Teresa emigrou a Alemania e deixou a Cuqui ao coidado da sua irmán Rosa. Cuqui criouse coa familia Briones-Berride.

Onte enterraron en Almería (facía anos que vivía alí) a Teresa, e nos queremos facer constar a toda a súa familia o noso pésame e respeto a súa memoria.


P.D Na fotografía, está a dereita.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2012 10:55
Finou Javier Mariño

Amando Javier Mariño Casal
Que falleció cristianamente el día de ayer, a los 57 años de edad.
D.E.P.
Su padre, José Antonio Mariño Mariño (Vdo. de Dña. Consuelo Casal Cajide); hermanos, José Luis, María Consuelo, María de los Ángeles (Marián) y Francisco; hermanos políticos, Pilar, Pepe, Manolo y Peque; tíos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA SÁBADO, a la UNA de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Villagarcía, favores por los que les anticipan gracias.

Nota: Saldrá un ómnibus a las 12:00 h., desde la Plza. de España para la asistencia al sepelio y regreso.

O Faiado sinte a morte de Javier e expresa o seu pésame a toda a súa familia, en especial a seus irmáns Peque e Paco.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-09-2012 21:16
Finou Jose Crespo

Nadie nos avisou, atopamos hoxe a unha das suas irmans pola rua e nos deixou xelados. Nos tocaba na familia, era un home de 59 anos. ¡Outra vez¡ Era fillo de Tocho e Xefa.Sempre hai que decilo, pero nos sentimos moitisimo esta morte. Un abrazo tardio a toda a sua familia

A avoa de Jose era Rosario Teijeiro, o irman mais vello de Rosario era Jose Teijeiro, o noso avo, os dous eran fillos de Juan Teijeiro e Joaquina Perez.
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-09-2012 15:49
DEIXOUNOS MARGARITA


Ela era en realidade Carmen Berride Teijeiro, pero era coñecida no Carril como Margarita. Acaba de chamar Carmen, a súa neta, coa que vivía, para comunicalo.

Esa Carmen que tanto coidou a súa avoa. Esa aboa que tanto coidou a Carmen e a súa irmán. E un privilexio chegar aos noventa e sete anos como chegou Margarita, manexando o móbil como si tivera quince. O que pasa e que para os seus nunca e momento para deixar de vela.

Aos seus fillos Benito, Toño, Suso e Marisa o noso pésame e calor. Margarita era prima carnal do noso pai, por suposto un a sinte da familia. Un abrazo para fillos, noras, xenro, netos, biznetos e tataranetos e os seus irmas Emilio e Nano

Os actos funebres comenzan as cinco na igrexa do Carril.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 03-09-2012 09:34
FINOU NANO


Laureano Núñez García, do Carril, de cuarenta anos.

Nunca lle agradecimos o suficiente os do Faiado o servicial e boa persoa que foi con nós. Cando as exposicións no Gato Negro el ocupábase de encender e apagar os televisores e dvds. Neste agosto tan horroroso, ainda quedaba o último día para darnos outro disgusto. Nano non tiña edade para morrer.

Sentímolo, sentímolo moito. Mandámoslle o noso pésame a súa familia e amigos.

Mañán as cinco e cuarto da tarde será o seu enterro no Carril. As nosas lembranzas a súa memoria.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-08-2012 20:59
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0