lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Blanco Mariño

Veciño da rua das Mulatas no entorno entre San Jose e a Caldihuela, Manolo traballou nos talleres da Renfe, como forma de homenaxe, as palabras adicadas a sua figura de Cruz Lopez A familia de Blanco Mariño o noso sentido pesame.
Conservo un par de fotos daquel día, do que xa pasaron máis de 20 anos.
Manuel estaba feliz.
Acompañábao na presentación do seu poemario, o seu admirado Xesús Alonso Montero.
Traballador como carpinteiro nos talleres da Renfe en Vilagarcía, de escasa formación académica, pero amante dos clásicos e autodidacta, publicou a súa obra durante máis de 40 anos nos principais xornais galegos, na revista Galicia da Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, en programas de festas, revistas, folletos…
Foi da man do profesor Alonso Montero pola que eu cheguei á figura de Blanco Mariño, como traballo final de carreira. Espertara a miña curiosidade aquel poeta que, nunhas coordenadas socioeconómicas e culturais tan pouco favorables, teimara en facer da poesía a súa arma de combate fronte a inxustiza social, e tamén, porque a diferenza doutros autores coetáneos, Blanco Mariño escribiu a totalidade da súa obra en galego.
Ese traballo académico foi o alicerce de Sentimentos da alma galega, o libro que, no ano 2000, publicou e presentou o concello de Vilagarcía (as fotografías son dese acto), a raíz dun artigo do profesor Xesús Alonso Montero no que conminaba a recompilar esa obra espallada,.
Con ilustracións de Xaquín Chaves, limiar e edición ao meu coidado, presentamos no verán do ano 2000 unha humilde antoloxía poética que recolle parte do seu poemario, publicado ou inédito, ao longo de máis de 50 anos.
Foron moitas as horas de conversa compartidas, de lectura, revisións de poemas, correccións, apuntamentos, transcrición de textos… e tamén o comezo dunha amizade que se prolongou ao longo da vida.
Asinou varios dos seus poemas como o poeta carpinteiro , ou o poeta proletario. Gustáballe definirse como un poeta de denuncia.
A miña voz cando eu morra
ha de seguir camiñando
ha de vivir entre a xente
contra a inxustiza berrando (…)
Desde novo foi un obreiro da palabra, un artesán da poesía, que converteu na súa principal ferramenta para denunciar a opresión da clase traballadora: labregos, mariñeiros, obreiros, xunto a outros temas como a emigración, o capitalismo feroz, a pobreza, a inxustiza social, as desigualdades… nun momento no que, como o mesmo autor definía, “a verdade na palabra era delicto”. Sen baixar a cabeza perante o franquismo, nin a censura da época, que petou en varias ocasións nos seus versos.
Non lle tremeu a man ao escribir louvas, en plena ditadura, a Fidel Castro ou a Federico García Lorca ou a denunciar o espolio dos nosos recursos como refire no poema de 1966 sobre a represa de Castrelo do Miño:
(…) O camiño do progreso
asulaga a nos aterra
comendo as mellores veigas
e sen deixar rastro delas (…)
(…) Nin que os galegos naceran
para emigrar a outras terras!
Sendo Galicia tan rica
que pobre é quen nos goberna!
Coa súa primeira publicación no ano 1961 en La Noche, este vilagarcián de adopción inicia unha andaina literaria que será recoñecida por intelectuais como Alonso Montero ou Méndez Ferrín, quen na súa obra, De Pondal a Novoneyra, o integra na chamada Promoción de Enlace, constituída por poetas nacidos entre os anos 20 e que constitúen un elo, aínda que feble, entre a xeración do 36 e a terceira xeración do século XX.
Polos seus versos de denuncia nunha longa época de cabezas baixas e silencios, polos poemas moitas veces xostregados pola censura, pola valentía do que non se arredou ante as circunstancias merece que a súa voz non fique no esquecemento.
A historia local debería formar parte do currículo escolar, por iso me gustaría reinvindicar o coñecemento, cando menos na nosa contorna, da figura de Manuel Blanco Mariño, porque, como ben apuntaba o profesor Alonso Montero, xa “facía excelente poesía social en Galicia antes de Longa noite de Pedra (1962)”.
Na súa memoria,
Manuel Blanco Mariño
(Iria Flavia, 1929- Vilagarcía, 2021)
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2021 07:44
Na memoria de Angela Gonzalez Martin.

Acaba de fallecer Ángela González, noutros tempos compañeira na vida política. Ángela era castellana,de Salamanca, funcionaria de prisions en Cataluña, concretamente en Barcelona , coñeceu a o que seria o seu home, Celso Callon en Cataluña, pouco tardaron en viaxar a Vilagarcia, casaron, tiveron dous fillos, eiqui se quedaron para sempre.Celso e Angela estiveron no refundamento do PSOE, tras a dictadura, xunto a Seso Giraldez , Rosi Rodriguez de Seara e pouco mais. Co tempo tivo cargos públicos, foi concelleira de Asuntos Sociais no goberno de Gago, polo Partido Socialista, foi Presidenta da Cruz Roja, orgánicamente na estructura do seu partido politico foi unha persoa importante.
Hoxe iniciou un viaxe sin retorno, a sua familia, Verónica e Celso os seus fillos, expresamoslle o noso sentido pésame polo pasamento da sua Nai. O mesmo sentimento para o resto da sua familia e amigos.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-09-2021 15:45
Finou Joaquin Crespo

Do Carril, Joaquin forma parte da querida familia dos Crespo, da fabrica, moi apreciado por todos na sua vila, O Faiado da Memoria, expresalle a os seus seres queridos un sentido pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-08-2021 09:12
Manolo, o neno da marmolista

Fai mais de setenta anos celebrouse en Vilagarcia a voda de Mercedes Rey e Manuel Abalo, os dous de familias moi coñecidas da vila, naceron os fillos, millor dito as fillas, catro, duas de elas finaron moi pequeniñas. O Pai, quería un home a todo trapo, un varon que levase adiante o seu apellido…e chegou o neno, Manolito, que foi criado por unhas mans de muller, o Papa finou de seguido, Manolito foi mimado polas suas irmans e pola sua Nai que non veía por outros ollos. Foi un neno mimado e querido, moi querido. Manuel Abalo Rey, irman de Merceditas e Noly-Sefa, que se atopan tremendamente abatidas e tristes pola morte a seman pasada do seu querido irman pequeño. Un ciudadano de Vilagarcia con quen nos hemos criado os da sua xeneracion, e a quen sin dudalo imos botar de menos.
A o seu fillo e as suas irmans o noso sentimento polo pasamento de Manuel Abalo Rey
Comentarios (9) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-08-2021 18:21
Tristeza e loito na familia Garrido

Inconsolables Isabel e Benito no pasamento da sua nena Chapi. Isabel Garrido e Benito Perez non merecen pasar estes momentos que viven, momentos que repercuten en toda a familia Garrido, GRANDE familia Garrido Castroman, non hai dereito a irse tan xoven, tan nova. Dia triste no Carril, ali naceron e se criaron os Garrido, ali son queridos, hoxe sintese esa ultima viaxe de Chapi e a todos nos veñen a memoria seus abos. Doña Concha Castroman e D Jesus Garrido.
A Isabel e Benito, enviamos desde o Faiado da Memoria unha oleada de apertas cheas de calor, respeto e cariño.
Comentarios (52) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-08-2021 17:29
Finou Tucha

Antonia da familia Rodriguez Cuervo de Cornazo, familia importante no eido do traballo, tamen do respeto que nos merecen os veciños que colaboraron co engrandecemento da nosa vila como Antonia,desde O Faiado da Memoria enviamoslle a os fillos netos, irmans e toda a familia en xeral o noso sentido pesame nas horas tristes que estan vivindo.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-08-2021 23:11
Finou Enrique Campos Sanchez

Data triste no entorno da familia Campos Sanchez, Enrique Campos un home xoven falleceu no dia de hoxe.
De unha familia super coñecida da vila, fillo de Charo e Ricucho, neto de Enrique e Isabel, donos do Bar Campos no barrio da Prosperidad, sobriño de Isabel, Nieves, Avelino e Rafa, noso amigo Rafa. Familia que axudou a facer unha Vilagarcia mais prospera e plural, a todos eles, non queremos esquencer a familia de Rosario a Nai de Enrique, a os irmans do que hoxe emprende un longo viaxe, repetimos a todos eles a nosa consideración e pesar pola morte de Enrique.
Comentarios (39) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 01-08-2021 12:16
Finou Jose Luis Nogueira

Fillo de Maria del Carmen Rapariz e Jose Luis Nogueira no seu dia alcalde de Vilagarcia.Neto de Manuel Rapariz creador de un entramado comercial importante no mundo da xoieria e reloxeria, o Taller Rapariz creou moitos postos de traballo en aquela vila nosa.

A dona e fillas de Jose Luis, a todos os que lle querian as nosas sentidas e respetuosas condolencias
Comentarios (13) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-07-2021 12:02
Finou Eustaquio

Fai moitos anos, cicais na decada dos sesenta chegaron a vivir as casas da Renfe, eran unha parexiña nova, procedian de Leon, Eustaquio era ferroviario. Tanto el como Emma a sua dona facianse querer, eu Margarita sempre me quedou grabado Eustaquio, cando morreu meu Pai, a morte ocurriu nun barco o seu traballo. Eustaquio estivo xunto a outra persoa mais toda a tarde, horas enteiras na acera donde viviamos, frente a estacion vella, estiveron esperando que chegaran os restos de Felipe para subilos a hombros a sua casa. Nunca esquencerei esto, Eustaquio e Felipe eran compañeiros de unha partida de cartas. Bo longo sono Eustaquio, boa viaxe e moita paz a tua familia
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-07-2021 11:38
Finou Alfredo Gutierrez

Finou Alfredo Gutierrez,de esas mortes inxustas sobor de todo pola xuventude do que se vai. Alfredo e fillo de Felipe que xestionou a cafeteria California moitos anos e da sua dona Agripina que no dia de hoxe viven a traxedia da morte do seu fillo. A toda a familia de Alfredo, a Cristina, a os seus fillos a todos en xeral tamen a os amigos e compañeiros de vida e traballo diario o noso pesame e sentimento polo desaparicion de Alfredo.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-07-2021 11:33
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [53]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0