lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Esquela de Jose Luis Barreiro

Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-09-2022 20:43
Finou Jose Luis Barreiro del Rio

Jose Luis nacera en Cea, desde moi novo demostrou unhas cualidades musicais, formara parte de algun grupo de aqueles dos anos sesenta. Era tamen casi un neno cando casou, a sua moza tiña dezaseis anos, ainda estaba no colexio Filipense. Ela era Rosarito, filla de Rosa e Tucho, a sua nai tiña unha tienda no Castro, moi cerca da Relogeria de Enrique Jimenez, casado con Fita tia de Rosarito.
Bueno fai dous anos que se foi Rosarito para sempre, a o pouco tempo Eva a sua filla. Ahora Jose Luis. Cousas que rompen o corazon cando pensamos o complicado da vida.
A Jose Angel fillo de Rosarito e Jose Luis unha aperta forte, moi forte. A toda a familia o noso sentimento de pena, de dolor por todo isto.
En canto se poña a esquela a subiremos
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-09-2022 19:06
Finou Eusebio, de Castroagudin

El e sua irman Maria contabanos como lembraban a o seu querido mestre Segundo Abal Padin, mestre en Castroagudin, natural de Meaño e asesinado en Pontevedra en Maio do 1938 por pertenecer a UXT. O contaron cando os do Faiado trasladamos a nosa Exposicion sobre a escola a Castroagudin donde estivo exposta un mes.
Hoxe finou Eusebio, trasladamos o noso pesame a suas fillas e resto da familia.
Fotografia de Noe Parga en Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-09-2022 15:36
Vaise para sempre Rosa Mari

Naceu no Carril, filla de Maruja Gonzalez e Luis Otero. Sua Nai era irman de Juana a nosa musa de cabeceira, esa fotografia que acompaña a os do Faiado dende a sua creacion. Seu pai Luis Otero era un maestro do mar, pedagoxia mariñeira pura e dura.Transcurrido o tempo, casou con Moncho Gago, pais de varios fillos, entre eles, Pitin da asociacion ROMPETIMONS.
Unha triste perdida pra os seus fillos, pra toda a sua familia, familia cercana a nos. A eles, a os que se sintan tristes na ausencia de Rosa Mari, unha aperta chea de sentimento desde O Faiado da Memoria
Comentarios (13) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 04-09-2022 18:48
Na Memoria de Rodrigo

Moi novo pra facer a sua ultima viaxe..tan longa. Rodrigo era o propietario do Restaurante-Pousada A Esmorga, na Covacha praia do Carril.Rodrigo, xunto a os seus Pais, Sito e Carmen son colaboradores do Faiado, protagonistas da historia do ouro negro, no noso documental Desde Dentro do Corazon.
Desde o corazon tamen despedimos a Rodrigo, desexamos que a sua familia sexa quen a atopar camiños de paz, de consuelo.O noso sentido pesame pola desaparicion de Rodrigo, unha aperta pra a sua dona, fillos, pais e resto da familia
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-08-2022 20:31
Ricardo Rada na MEMORIA

Ricardo formou parte da plantilla do concello en outros tempos, anteriormente o seu Pai, Ricardo foi un home que se entendia ca palabra, foi a man dereita do Aparejador Municipal Octavio del Rio, hai que decir que a finais dos anos sesenta formou parte da directiva do Arosa. Polo tanto é un ilustre veciño que despedimos ca melancolia de quen perde un amigo.
A Lolita, a os seus fillos, fillos politicos, netos, a sua irman e resto da familia o noso sentido pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-08-2022 19:47
Finou Jose Francisco Ledo.

Nacera frente a Praia Compostela, na casa dos Abós maternos, Rosalia e Francisco, era o fillo mais vello de Carmiña Daponte e do seu home, Ledo. Transcurrido o tempo casou con Angela Montes, a filla mais vella de Angelina Ramos aquela maravillosa modista do Carril.
A vida que é asi de fragil nos leva hoxe a Jose Francisco, desde aqui, desde O Faiado, enviamoslle unha aperta chea de cariño a Angela, as suas fillas, netos, xenros sin esquencer a Juancho, unico irman de Jose Francisco.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-08-2022 12:21
Finou Guillermo

A morte non ten respeto por nada, chega e punto, Guillermo, vaise a unha edade temprana, a sua Nai, Elena non pode creer o que esta a vivir, a ela a Tere é a Suso, a toda a familia unha aperta forte, calida, chea de cariño.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-08-2022 20:18
Finou Carlos Orejas

Carlos era natural de Asturias, pero xa levaba moitos anos vivindo en Vilagarcia, Maria a sua filla, e seus irmans pequenos foron en Vilagarcia a escola primaria.Casado con Cristina funcionaria de un dos xuzgados da nosa vila, que finou moi nova fai uns anos.
Adeus Carlos, ata sempre.O noso cariño a toda a familia
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-08-2022 20:12
Finou Maruja

Maruja non era galega, pero como si o fora veu para aqui moi nova, casara con Juan Bouzada, irman do proxetista das peliculas no Cine Fantasio, membro de unha familia moi apreciada en Vilagarcia. Maruja era unha conversadora vocacional, moi amena, de aquela xente que contaba as miserias de tempos pasados, cando, ela o decia, todo era pior que na actualidade. Maruja viviu moitos anos, pero unha Nai nunca ten idade para morrer, deixanos moi sos a sua desaparicion, sentimonos tremendamente huerfanos. Eso esta a pasar polo corazon de Trini a sua filla que a coidou ate o ultimo alento de Maruja. Dende eiqui, dende o FAIADO DA MEMORIA enviamoslle a Trini e a seu irman o noso respetuoso sentimento pola desaparicion de Maruja, sentido pesame para toda a sua familia
Comentarios (11) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 05-08-2022 19:06
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0