lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Falleceu Maria Rosa Garcia -Peque-

Escomenza o ano, mal, rabiosamente mal, en Vilagarcia cebandose cas vidas da xente que queremos, das boas xentes do pobo. Onte pola noite, rematou unha loita pola vida a nosa amiga Peque, era a filla mais pequena de Garcia Trevisani, encargado moitos anos de Almacenes Olmedo, transcurrido o tempo Peque casou con Paco Mariño de Cepillos Mariño, tiveron dous fillos que nesta data, todos xuntos choran a ausencia de Peque. Acompañamolos desde o Faiado da Memoria. Triste data, para os que coñecimos a Peque, desde moi nenas, desde o entorno do colexio Filipenses.Boa viaxe compañeira, paz para a sua familia
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-01-2022 08:40
Dia triste en Vilagarcia

Finou Dito, Dito o Pitillero, da chatarrería Dito. Negocio fundado polo seu pai, Eduardo Bueno, unha familia vinculada a Vilagarcia, respetada e querida. E inconcebible atoparte de bruces ca esquela de Dito. E agora….¿Como consolamos a Maria del Carmen? Desde nenos, xuntos, nunca se veía a un sin o outro…Dito era moi movido, moi vital, sentimos profundamente a sua desaparición, a sua muller que sexa capaz de xestionar a desaparición da outra parte da sua vida, a os fillos, irman e resto da familia o noso sentido pesame
Comentarios (46) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-01-2022 12:45
O noso recordo de Maruja

Maruja e Jose Luis foron veciños nos anos sesenta. A partir de ese feito, nos queriamos, cando nos atopabamos apretabame contra ela calidamente. Sempre botarei de menos ese calor.
A sua familia o noso profundo disgusto polo pasamento de Maruja
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-01-2022 20:23
Ata sempre

Fai un ratiño que sonou o teléfono para notificarnos a morte de Juan Manuel Patiño Guillen, mais coñecido para os vilagarcians como Juanma.
Nesta catro palabras cas que homenaxeamos a o noso veciño diremos que pasou a infancia no barrio de San Roque, fillo único da Señora Carmen que tiña unha tenda de comestibles cerca do Instituto Laboral. Juanma o lembramos, coma un destacado deportista, como xogador de baloncesto moi bo no equipo do Liceo, xogou a o futbol no Arosa, medio Vilagarcia o lembra, xogador moi completo. Traballou toda a vida na consignataria de Reboredo,casou, tivo fillos e sigueu sendo un vilagarcian querido e respetado. Pensamos que Juanma é patrimonio de todos nos, con todo o respeto para el notificamos o seu pasamento. Mereces moita paz Juanma.
A sua familia o noso sentido e respetado pésame.
Comentarios (26) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-01-2022 19:52
O noso sentimento de pesar

Finou Loli Hermo, membro dunha familia moi querida de Sobradelo, os Hermo. Tamén casada desde fai moitisimo tempo con Antonio Neira, e, a súa vez, país de Rubén Neira, todos coñecidos e moi apreciados en Vilagarcia.
Os do Faiado da Memoria, que temos unha importante deuda de gratitude con Neira, non nos enteramos do pasamento de Loli, son cousas que pasan, pero o de hoxe deixounos un certo resquemor, amargo resquemor.
Sentimos non poder apretar as mans de Antonio e Rubén e do resto da familia. Que sepan que nos doe moitísimo a morte de Loli, que enferma desde fai unha chea de tempo, non deixa de ser menos doloroso cando chega o final, nunca esperado nin desexado.
Compartimos a vosa pena, compartimos os sentimentos, os valeiros da desaparición de Loli.
Comentarios (13) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-12-2021 18:50
Finou Maria do Carmen Rey

Outra perdida no noso pobo, Mari Carmen rexentou durante moitos anos unha libreria no edificio Arealonga, casada con Manolo Rodriguez, neto do outro Manuel Rodriguez, O Asentador.
Sentimos a ultima viaxe de Maria do Carmen, enviamoslle unha forte aperta a Manolo, extensible a os fillos e a toda a familia
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-12-2021 21:43
Foise para sempre Dolores Saenz Fernandez

Lolita Saenz, un ser human impresionante, era un pracer estar con ela unha tarde, falando, deixandoa falar, porque un sentía que non tiña nada que decir cando ela falaba.E moi fácil decir que Lolita era unha muller avanzada, non consentia que polo feito de ser muller, alguén quedara atrás, galeguista, progresista, prima de Xocas Lorenzo Fernandez, personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. Xocas era feliz xunto a Lolita na sua casa de Vilagarcia. Ser como era Lolita en tempos pasados, en tempos estreitos, terribles, tiña moitisimo merito, era auténticamente ADMIRABLE
Sentimos moitisimo o pasamento de Lolita, nacera en Vigo pero a sua vida escribese con letras vilagarcians. As suas fillas Mari Loli e Barbara o noso sentimento grande pola desaparición da sua nai. A toda a sua familia o noso sentido pésame.
Comentarios (15) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-12-2021 12:34
Gracias e ata sempre

Desde que en marzo de 1997 se puso en marcha la campaña de insumisión en los cuarteles, un buen número de personalidades, asociaciones y colectivos de distintos sectores de la sociedad se han solidarizado, dando su apoyo y complicidad con la tarea y las motivaciones de los insumisos en los cuarteles. Esta complicidad se ha expresado tanto formalmente a través de firmas en un manifiesto de apoyo, como a través de la llamada autoinculpación. En ésta, se declara por escrito ante el Tribunal Militar haber inducido y prestado apoyo a un determinado insumiso en los cuarteles para que abandonara su unidad militar en el marco de una campaña de desobediencia civil a los ejércitos. Exponiéndose, por tanto, a ser procesado por el mismo delito que aquél.

Algunas de estas personas y colectivos son Agustín García Calvo y Antonio Escohotado, filósofos y escritores; Xavi Pastor, director ejecutivo y fundador de Greenpeace España; Fernando Trueba, Juan Antonio Bardem, Juanma Bajo Ulloa y Montxo Armendáriz, cineastas; Ariadna Gil, Karra Elejalde y Álex Angulo, actores; el grupo teatral El Tricicle; Javier Krahe, Lluís Llach y José Antonio Labordeta; cantautores; Bernardo Atxaga, escritor; Vicenç Fisas, experto en desarme de la UNESCO; Rafael Grasa, presidente de la federación de ONGes por el desarrollo; Pepe Beúnza, el primer objetor de conciencia en el Estado español; la Asociación Española de Escritores;la organización ecologista AEDENAT; SOS RACISMO; SODePAZ; Entrepueblos; Comité Ciudadano AntiSida; Justicia y Paz; CC.OO.; CGT; la organización pacifista internacional WRI-IRG (Internacional de Resistentes a la Guerra)
Onte finou Xose Ramiro Paz, toda a sua familia de Rubians, non se recibe duelo, pero nos desde o Faiado da Memoria queremos manifestar o noso orgullo por ter no pobo xente como Xose Ramiro, a sua loita non foi en balde, a sua familia unha aperta forte e noso sentimento polo pasamento de Xose Ramiro.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-12-2021 08:50
Ata sempre Pepe

Finou Pepe Miguéns
Acábanos de chegala noticia, fai un momento, de que Pepe finou en Zarauz, lonxe do pobo que el tanto quería.
Pepe era fillo de Maruja e Pepe Miguéns, aquel home tan admirado e querido no noso pobo.
Para facer memoria decir que eran os propietarios da chatarrería Miguéns, situada no Ramal, barrio que hoxe atópase orfo dun membro moi apreciado.
Pepe, xunto a Javier García Toriello, eran os encargados de organizar o xantar anual dos antiguos residentes no barrio do Ramal. Tamén o van botar de menos na Mesa das Verbas, Pepe era un membro mais.
Pepe, o noso Pepe, finou donde residen os seus fillos. Era viuvo de Josefita Padín, da que nunca superou a súa perda.
Despedimos ao noso veciño, non ao seu recordo, a súa lembranza. A memoria de Pepe seguirá viva na súa familia.
O noso sentido pésame aos fillos, netos e a súa irmá María do Carmen.
Comentarios (8) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-11-2021 20:47
Na sua memoria

Francisca Abalo, iniciou o seu ultimo viaxe, a toda a sua familia o noso pesame mais sinxelo.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 23-11-2021 09:29
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0