lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Na memoria de Tomas Hermo |
|
 De Sobradelo, dos de Librada, cuñado do noso maior mentor, aval, Antonio Neira, Tomas estaba casado con Rosa Maria Boveda Lorenzo, filla de Manuela e Luis, os meus padriños, a ela, o seu fillo, netos e a toda a familia, enviamoslle o noso sentido e respetuoso pesame.
Que Tomas, a sua memoria, quede para sempre con nos. |
|
|
|
Na Memoria de Ramon Fungueiro |
|
 Ramon vivia nos Durans, era un autentico enamorado do Arosa SC do que por certo foi Xerente en outros tempos. Ramon pasou moitos traballos polo club dos seus amores, lembramolo viaxando a Madrid cando as xestions dependian un pouco da capital da Nacion.
Este Xaneiro furioso que nos arramplou ca vida de varios veciños, cobrase hoxe a de Fungueiro, unha persoas excelente, que estivo na nosa sede, fai un par de anos dando unha charla sobre o Arosa e a sua historia.
O noso sentimento de pesar pola sua desaparicion. Para a sua familia e para o Arosa que acaba de perder toda unha REFERENCIA. |
|
|
|
Pasamento de Joaquin Abuin |
|
 Atopamonos ca noticia da morte de Joaquin Abuin, nacido no Barrio de San Roque, viudo de Tilucha, unha das netas do Asentador da Renfe.Tilucha e Joaquin tiveron dous fillos, Beatriz e Xurxo, este ultimo donante, colaborador e amigo do Faiado da Memoria.
A toda a familia, especialmente a Olga e a Xurxo unha sentida aperta pola tristeza na morte de Joaquin |
|
|
|
Finou Candido Meixide |
|
 O Pai do primeiro responsable da Asociacion de Veciños de Vilaxoan, é decir do seu Presidente.
Mal dia hoxe na familia de Candido e da sua muller, tamen do resto da familia, desde O Faiado da Memoria, enviamoslle a todos eles o noso sentido pesame, en particular a o noso compañeiro no mundo asociativo. |
|
|
|
Finou Antonio Rey |
|
.jpg) Escomenza mal o ano, Antonio Rey, amigo noso, finou para sempre no dia de onte.
Coñecemos a Antonio o dia 3 de Novembro do 2021, cando a apertura da Fosa Comun no Cementerio de Vilagarcia. El apareceu por ali o primeiro dia. Como non estamos acostumbrados a moita xente neste tema, preguntamoslle porqué estaba ali..."Porqué eiqui deberia estar todo Vilagarcia" Non faltou ningun dia, fixemonos amigos, tamen con Loli a sua muller, da familia Vicente do Carril.
Antonio de seguido enfermou, como vemos sin esperanza, onte iniciou a sua ultima viaxe, e doe, porqué non o esperabamos.
A Loli que iremos nun momentiño a vela, o noso cariño, tamen a nosa pena,a os fillos, a toda a sua familia. Adxuntamos unha fotografia do equipo que fixo a apertura da fosa, o segundo pola esquerda e Antonio Rey. Quedanos a sua imaxen presente nos actos de Xusticia e Memoria que se celebraron en Vilagarcia.
Ata sempre Antonio |
|
|
|
Finou Cachulas |
|
.jpg) Mal escomenzamos o ano, no dia de hoxe sacudenos a noticia do pasamento de Jose Luis Pego, "Cachulas". Familia a sua moi coñecida en Vilagarcia.
Pois mal comenzo sin dubida de ano, a os seus fillos-as e resto da familia o noso sentido pesame |
|
|
|
Finou Francisco Diz |
|
 Desde moi neno supo das inxusticias da vida, viviu con un Pai que non o deixaron traballar por pensar de distinta maneira, ese Pai acorralado,agochado nun zulo, sometido polas suas ideas. Fillo de Rosa a de Rianxo e de Paco, responsable da UGT no ano 1936, en Vilaxoan, castigado e represaliado sistematicamente ate a sua morte.
Paco, nun momento dado emigrou, a Francia, e...¡Respirou¡ Era outro mundo, acabouse o medo, podia falar, reclamar o que era seu, ¡Canto botou de menos a os seus, aquela Nai, Rosa, suas irmans...Paco cando pasaron os anos casou, tivo catro fillos, que por circunstancias el os criou, esto non era normal. Paco era, é será un cacho de ser humano.
Cando estaba ben era un asiduo dos actos do Faiado, dou a cara en EMIGRANTES RETORNADOS, tiña que facer todo o que seu Pai tiña prohibido.
Nunca o esquenceremos, apreciamolo como el merecia, queda na nosa Memoria para sempre.
Ata sempre Paco |
|
|
|
Finou Suso Cuevas |
|
.jpg) Fillo de Aurora e Pepe, donos do Bar Arrancadeira, no barrio de Santa Lucia. Suso, empezou traballando moi novo no Banco Hispano, casara con Carmiña, de Sobradelo, traballadora de Lolita Troche, que finou moi xoven. Suso voltou a casar con Esther da familia Bujan de Guillan.
Sentimos a sua morte, eramos moi pequenas lembramos a Suso botando unha man no Arrancadeira, familia moi querida e moi ligada a os seus veciños. A Esther, a os fillos, xenros, noras, netos, a Lola e Carlos, resto da familia, unha aperta profundamente preta e sentida.
Susiño, ata sempre. |
|
|
|
Finou M Luisa Fontan Oubiña |
|
.jpg) De unha familia extensa e moi coñecida no lugar da Torre, o noso sentido pesame a os seus fillos e resto da familia |
|
|
|
Finou Jose Doeste |
|
 Jose esta casado con Juana Aviles Baltar terceira filla de Joaquina Baltar, da familia dos fundadores de Conservas Baltar.
A toda a familia de Jose, a sua dona, fillos, noras, netos e resto da familia, o noso sentido pesame. |
|
|
|
|
|
|
|
|